Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: is
Rocastelo (conversa | contribucións)
m Inglés é lingua oficial en Xibraltar
Liña 14: Liña 14:


==Linguas==
==Linguas==
Hoxe en día o [[portugués]] e o [[español]] son linguas oficiais en cadanseu estado. O [[galego]], o [[basco]] e o [[catalán]] son linguas cooficiais en diversas comunidades autónomas (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra, igual que o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) é oficial na vila portuguesa de Miranda do Douro; o [[aranés]] éo no [[Val de Arán]]. O [[asturiano]], o [[leonés]] e o [[aragonés]] son consideradas linguas tamén, pero non teñen carácter oficial ningún.
Hoxe en día o [[portugués]] e o [[español]] son linguas oficiais en cadanseu estado. O [[galego]], o [[basco]] e o [[catalán]] son linguas cooficiais en diversas comunidades autónomas (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra, igual que o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) é oficial na localidade portuguesa de Miranda do Douro; o [[aranés]] éo no [[Val de Arán]]. O [[asturiano]], o [[leonés]] e o [[aragonés]] son consideradas linguas tamén, pero non teñen carácter oficial ningún. O [[inglés]] é oficial en Xibraltar


[[category:xeografía]]
[[category:xeografía]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2005 ás 21:37

Ficheiro:Spain MERIS L.jpg
Imaxe de satélite da ESA da Península Ibérica.

A Península Ibérica é unha península do suroeste deEuropa. Está rodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pirineos, que separan a península do resto do continente. Políticamente comprende os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía non ten máis ca unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada de África (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.


Historia

As primeiras noticias escritas que fan referencia á península proceden da época grega e fenicia, pobos que fundaron as primeiras colonias neste territorio. Posteriormente chegaron os romanos, que conquistaron a práctica totalidade da península, que dende entón se pasou a coñecer co nome de Hispania, xa que ata entón a denominación máis usual era a grega de Iberia.

Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixe goda, principalmente suevos (no noroeste), vándalos (no sur) e visigodos (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.

Tempo despois chegarían os árabes, que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, sacando uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido como Reconquista. Mentres tanto, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída de Granada en 1492.

Durante o reinado dos Reis Católicos a península será unificada, salvo o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado o Algarve será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado de Felipe II a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados: Portugal e España.

Linguas

Hoxe en día o portugués e o español son linguas oficiais en cadanseu estado. O galego, o basco e o catalán son linguas cooficiais en diversas comunidades autónomas (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado de Andorra, igual que o mirandés (variedade leonesa falada en Portugal) é oficial na localidade portuguesa de Miranda do Douro; o aranés éo no Val de Arán. O asturiano, o leonés e o aragonés son consideradas linguas tamén, pero non teñen carácter oficial ningún. O inglés é oficial en Xibraltar