Xibarda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2005 ás 22:47

O rusco (ruscus aculeatus) é unha pranta da familia das liliáceas, a que pertencen a esparragueira, os tulipáns ou os lirios. Pode alcanzar os 80cm. de alto e soe crecer asociado ós bosques de aciñeiras. A pranta ten follas diminutas e uns tallos que, pola súa forma lanceolada, semellan follas. Acaban nun apéndice espinoso que produce un pinchazo ó tacto. O froito é unha boliña vermella do tamaño dunha cereixa e as frores, que nacen na primaveira, son pequenas e verdosas. O rusco utilízase en homeopatía como diurético e en florería para a confección de ramos.