Xuventudes Socialistas de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 28: Liña 28:
*[[Partido dos Socialistas de Galicia]]
*[[Partido dos Socialistas de Galicia]]


== Ligazóns de Interese ==
==Ligazóns de Interese==


*[http://www.xuventudessocialistas.org Páxina de web das Xuventudes Socialistas de Galicia]
*[http://www.xuventudessocialistas.org Páxina de web das Xuventudes Socialistas de Galicia]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 22:55

Ficheiro:Logo xsg 2005.gif
Logotipo das Xuventudes Socialistas de Galicia

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Ainda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).

As primeiras agrupacións locais das XSG surxen nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904.

Autodefínense coma unha organización que ten os seguintes obxectivos: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.

Os tres últimos secretarios xerais das XSG, Jose Manuel Lage, Alfredo Rodríguez e Dolores Rodríguez reunidos co gallo dos cen anos das Juventudes Socialistas de España

Os seus obxectivos son:

  • Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
  • Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
  • Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualde, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
  • Loitar contra todo tipo de explotación.
  • A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedae de constante progreso.
  • A plena emancipación da mocidade galega.

A actual secretaria xeral das XSG é Dolores Rodríguez Amoroso, nada en Lugo e estudiante de Dereito.

Véxase tamén

Ligazóns de Interese