Batallón Literario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
 
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
Liña 7: Liña 7:
Esta bandeira todavía se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da [[bandeira de Galicia|Bandeira de Galiza]], e dous escudos: o do antigo [[Reino de Galiza]], e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscripción:
Esta bandeira todavía se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da [[bandeira de Galicia|Bandeira de Galiza]], e dous escudos: o do antigo [[Reino de Galiza]], e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscripción:


{{cita|'''AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS'''
{{Cita|'''AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS'''
'''PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.'''}}
'''PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.'''}}


Liña 18: Liña 18:
Na [[praza da Quintana]] da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:
Na [[praza da Quintana]] da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:


{{cita|'''A LOS HÉROES'''
{{Cita|'''A LOS HÉROES'''
'''DEL BATALLÓN LITERARIO'''
'''DEL BATALLÓN LITERARIO'''
'''DE 1808.''''
'''DE 1808.''''

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 19:38

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

Nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país.

Buscouse a alguén con experiencia militar para porse á fronte do Batallón, acordándose colocar a Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla. A financiación logrouse coas xenerosas aportacións populares, unidas ás do propio marqués, que deron como resultado unha suma considerable. Segundo Alfonso Armada Comyn, actual marqués de Santa Cruz de Rivadulla, para que puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo.

Esta bandeira todavía se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da Bandeira de Galiza, e dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscripción:

AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte".

O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney.

En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, otorgando ós poucos supervivintes o rango de oficiais nos corpos militares.

Na praza da Quintana da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:

A LOS HÉROES

DEL BATALLÓN LITERARIO DE 1808.' LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896

Y LOS AYUNTAMIENTOS DE 1822, 1865 Y 1896

O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, trala sublevación de Portugal en 1640. Volveuse formar en 1665 e, posteriormente, en 1846, durante o Levantamento de Solís ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.

Fontes

Ligazóns externas