Dorna: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 31: Liña 31:
* [[bote (embarcación)]]
* [[bote (embarcación)]]


=== Ligazóns externas ===
===Ligazóns externas===


* [http://www.culturamaritima.org Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial]
* [http://www.culturamaritima.org Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 18:27

Ficheiro:Nasa11dorna05eue.JPG
Dorna portando nasas.

A dorna é unha embarcación de pesca típica das Rías Baixas de aproximadamente 4,50 metros de eslora e 1,50 metros de manga, coa proa redonda que sobresae da cuberta, a popa chata e pequena e quilla pronunciada. Evoluciona cunha única vela de relinga (ás veces se lle pon un pequeno foque usado para capear os temporais) e leva dous remos de apoio para cando vai "calma podre". Xeralmente leva dous tripulantes, o patrón á cana e o mariñeiro ás drizas, que é quen se ocupa do izado da vela, aínda que poden ir tres persoas abordo con relativa comodidade ou incluso ser patroneada por un único tripulante.

Procedencia

Segundo diversos estudos, realizados entre outros polo sueco Staffan Morling sobre as dornas do Mar de Ons ou polo galego Xaquín Lorenzo na ría de Arousa, este tipo de embarcación podería ter unha procedencia viquinga, debido ás similitudes formais cos drakkar. Segúndo esta teoría a dorna toma recursos formais e constructivos dos navíos viquingos, que poderían ter chegado nas frecuentes invasións dos pobos do norte de Europa que pretendían asediar Santiago de Compostela durante a Alta Idade Media, con características de pouco calado, evolución a vela (con aparellos moi sinxelos), roda de proa sobre a cuberta, bañeira aberta, etc.

Características formais

A dorna é unha embarcación totalmente fabricada de madeira, construída ó tingladillo coas táboas da obra viva xustapostas, montando unhas sobre outras, reducindo o risco de vías de auga e simplificando a construción, o que lle confire maior estabilidade á costa dunha perda de hidrodinámica (este tipo de construción denomínase "de escarva ou calime"). As cadernas sobresaen da cuberta, formando toletes ou apoios dos remos nuns casos (tres toletes para dous remos, un a popa e dous na liña media, para o avance normal a remo, e dous toletes de menor tamaño a proa usados con remos pequenos para a pesca con espello), e noutros casos puntos que serven de guía para a disposición de liñas. Leva un timón de grande tamaño, que actúa que se prolonga por debaixo da quilla actuando como orza, gobernado mediante unha cana de madeira dunha soa peza. Coa aparición do motor mariño de explosión, a dorna sufriu un redeseño da estampa de popa, introducíndoselle unhas pezas de madeira que permiten o acoplamento dun pequeno motor foraborda.

Variantes

Dorna navegando a vela

Existen moitas variantes segundo o uso ou a forma de construción:

  • A dorna de tope. Variante típica da zona do Barbanza. Leva as xuntas das táboas da obra viva unidas a tope. Reduce a resistencia do mar á costa dunha maior facilidade para que se abran as táboas ó sol. Precisa dunha execución moito máis "fina" para que as táboas teñan a medida exacta e solen ser as dornas de menor tamaño.
  • A dorna polbeira. Usada para ir ás luras e ós polbos dentro da ría, é a tipoloxía máis común nas rías galegas.
  • A dorna Meca Variante de maior tamaño típica da zona do Grove. O seu maior tamaño obedece ó uso desta tipoloxía, con maior frecuencia, en mar aberto e máis batido, e en zonas nas que existen fortes correntes mariñas.
  • A dorna tramalleira. Variante usada para a pesca con artes de tramallo.
  • A dorna ou lancha xeiteira. A Xeiteira é unha embarcación de gran tamaño, con tripulación de tres a oito persoas, deseñada para evolucionar en mar aberto máis aló da bocana da ría, onde se faena con rede de pesca ao xeito para a captura de sardiña, xurelo e bocarte. A xeiteira, dada a súa forma de construción, pode non considerarse unha dorna.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cabrera de Aizpuru, Fernando e Lechuga Lombos, Enrique (2000). Las Ultimas dornas gallegas, proceso constructivo artesanal de la dorna gallega. ISBN 84-607-0602-8. 
  • Masso, José María (1982). Barcos en Galicia: De la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-500-7629-3. 
  • Mörling, Staffan (1999). As embarcacións tradicionais de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0070-9. 
  • Mörling, Staffan (2000). Lanchas e dornas: A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa Occidental de Galicia. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4130-8. 

Outros artigos

Ligazóns externas