Cubilledo, Baleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Robot: Reemplazo automático de texto (-mampostería +cachotería)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Homoxeneizando inclusións de {{Ligazóns internas}}
Liña 1: Liña 1:
{{Links internos}}
{{Ligazóns internas}}


'''Santiago de Cubilledo'''
'''Santiago de Cubilledo'''

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 17:13

Santiago de Cubilledo

  • Limita coas parroquias de A Braña, Fonteo, Librán, Fontaneira e a Lastra, xunto con concello de A Fonsagrada. A parroquia, do arciprestazgo de Valdepedroso, ten 147 habitantes agrupados en 16 entidades poboacionais, cunha densidade media de 6 hab/km2 no 2003. No lugar de Castro hai unha casa, que polo seu aspecto pode selo que queda dunha torre que existiu no mesmo lugar, e que pertencia a xurisdición señorial do conde de Amarante.
  • As entidades de poboacion son as seguintes: A Andoriña (6), Cabreira (11), Castrelo (4), O Castro (16), Cubilledo (1), Esgrade (13), A Espiña (abandonado), Ladride (1), Padornelo (5), O Real de San Paio (5), San Paio (16), Suagranda (1), Trembedo (11), Os Vilares (7), Vilarín de Cubilledo (35) e Vilauriz (15).

Situacion xeografica da capital parroquial:

Latitude: 43º 03'

Lonxitude: 7º 13'

Superficie: 24,54 Km²

Altitude media: 530 m.

  • Monumentos:

Podemos dicir que se en algo é rica a parroquia de Cubilledo é nos monumentos relixiosos, moi especialmente nas capelas; contándose cinco dentro da parroquia, de espaciais relevancias. A primeira delas é a Capela de Cabreira, que lle dá nome a aldea onde está construída. Trátase dunha pequena capela de planta rectangular e dimensións reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería e lousa, e a cuberta é do mesmo material a duas augas. No interior non conserva ningún retablo, agás só unha imaxe moderna da Divina Pastora.

A segunda é a Capela de Castrelo, que da nome a aldea onde esta construida; é unha pequena capela de planta rectangular e dimensions reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a duas augas. No interior conserva un retablo de estilo Barroco.

A terceira capela esta edificada na aldea de O Castro, e coñecese pola Capela de O Castro é unha pequeña capela de planta rectangular, con ábsida da mesma forma, e unha única porta de acceso. Os muros son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a duas e catro augas. A portada é adintelada, e remata no frontis cunha espadana dun so vano. Conserva no interior un so retablo de estilo Neoclásico.

Cuarta capela, situada na aldea de Vilarín de Cubilledo; coñecida coma Capela de Vilarín. É unha pequeaa capela de planta rectangular e dimensions reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a duas augas. A portada é adintelada, e conserva no interior un retablo moderno no altar maior. A derradeira capela deste percorrido esta situada na aldea de Vilauriz; a Capela de Vilauriz é unha pequena capela de planta rectangular e dimensiones reducidas. Os muros que a conforman son de cachotería de lousa, e a cuberta é do mesmo material a duas augas. A portada é adintelada e sen retablo no interior.

Tamén non podemos de deixar de ollar outro monumento relixioso na aldea de Cubilledo; trátase da Igrexa parroquial de Santiago de Cubilledo. É un edificio que foi construido o longo dos seculos XVIII e XIX. A sua planta é de cruz latina, dunha soa nave rectangular. O presbiterio é rectangular e de pequenas dimensions, o que se adosa na parte posterior a sacristía, tamén de planta rectangular. Na portada principal ten un cobertizo de planta rectangular. Os muros son de cachotería e sillería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a duas, tres e catro augas. O arco triunfal é de medio punto, o igual que os dous que delimitan as capelas laterais, que son cadradas e de reducidas dimensions. Tanto a porta lateral coma principal son adinteladas, esta última cuberta cun cobertizo rectangular, delimitado por tres arcos de medio punto, un deles cego. Culmina no frontis unha espadana de dous corpos, con dous vanos no inferior e un no superior.

Lugares da parroquia de Cubilledo no concello de Baleira (Lugo)

A Andoriña | Cabreira | Castrelo | O Castro | Cubilledo | Esgrade | A Espiña | Ladride | Padornelo | O Real de San Paio | San Paio | Suagranda | Trembedo | Os Vilares | Vilarín de Cubilledo | Vilauriz


Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)