Pío VII, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
traducido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m BotMaiúsculas nas inclusións de modelos
Liña 27: Liña 27:
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Aquila rapax'' (O águia rapaz), cita que ó parecer fai referencia a que foi contemporáneo de [[Napoleón Bonaparte]], un emperador expansionista que tiña como símbolo un águia e que o someteu a fortes presións.
As profecías de [[San Malaquías]] refírense a este papa como ''Aquila rapax'' (O águia rapaz), cita que ó parecer fai referencia a que foi contemporáneo de [[Napoleón Bonaparte]], un emperador expansionista que tiña como símbolo un águia e que o someteu a fortes presións.


{{commons|Pope Pius VII}}
{{Commons|Pope Pius VII}}


{{sucesión | predecesor = [[Pío VI]] | sucesor = [[León XII]] | título = [[Lista de papas|Papa]] | período = [[1800]] - [[1823]]}}
{{Sucesión | predecesor = [[Pío VI]] | sucesor = [[León XII]] | título = [[Lista de papas|Papa]] | período = [[1800]] - [[1823]]}}


[[Categoría:Papas]]
[[Categoría:Papas]]

Revisión como estaba o 21 de xullo de 2008 ás 06:25

Modelo:PapSs-XVIII-XIX Pío VII (nado en Cesena, Italia, o 14 de agosto de 1742 - † Roma o 20 de agosto de 1823) foi Papa da Igrexa Católica entre 1800 e 1823.

Pío VII

O seu nome de nacemento era Barnaba Chiaramonti, ó que engadiu o de Gregorio cando profesou como monxe. Era fillo do conde Scipione Chiaramonti e da súa esposa, a condesa Giovanna Coronata Ghini, filla do marqués Barnaba Eufrasio Ghini.

En 1756 ingresou no mosteiro de Santa Maria del Monte, pertencente á congregación de Montecassino da Orde Benedictina. En 1773 foi nomeado confesor do papa Pío VI e abade do mosteiro romano de San Paulo Extramuros.

En 1782 foi consagrado bispo de Tívoli e en 1785 nomeado cardenal do título de San Callisto. En febreiro de 1785 foi transladado á diócese de Imola. Conservou este bispado ata 1816, compatibilizándoo co de papa e bispo de Roma.

Á morte de Pío VI en 1799, a situación de Roma non permitiu que se reuniese naquela cidade o cónclave que debía designar ó seu sucesor. Congregáronse os cardenais en Venecia. O cardenal Frantisek de Paola Hrzán z Harras, do título de San Girolamo degli Schiavoni e camarlengo, presentou o veto do emperador Francisco II contra Carlo Bellisomi, cardenal do título de Santa Maria della Pace e arcebispo-bispo de Cesena, e contra Hyacinthe Sigismond Gerdil, cardenal do título de Santa Cecilia e prefecto da Congregación de Propaganda Fide, pero iso non parece que afectara á formación dunha maioría. Chiaramonti foi elexido o 14 de marzo de 1800, e unha semana despois e na mesma Venecia foi coroado polo cardenal Antonio Maria Doria Pamphilij, protodiácono de Santa Maria ad Martyres.

Pío VII

Uns meses antes de que resultar elexido, en novembro de 1799, Napoleón Bonaparte se fixera coa maxistratura de primeiro cónsul de Francia tras derrocar ó directorio mediante un golpe de estado. As futuras relacións entre os Estados Pontificios e Francia quedaban desde entón en mans destes dous homes.

O novo papa non albergaba unha preconcebida indisposición hacia Napoleón, nin se mostraba belixerante contra a orde política que o réxime francés pretendía instaurar nos países da súa órbita. Cando era só bispo de Imola e o exército francés penetrou nos estados do norte de Italia e Napoleón creou con eles a República Cisalpina, Chiaramonti aconsellou non resistir ó poderoso invasor e predicou o sometimento ós recentes señores. A súa famosa homilía do día de Nadal de 1797 é clara neste sentido: o futuro papa fai nela profesión de fe nos enunciados democráticos do novo goberno e mantén que unha constitución desta tendencia política non está en contradición cos principios da igrexa cristiá. Tampouco Napoleón seguiu as tendencias anticlericais das primeiras fases da revolución. No seu pragmatismo político tivo ben presente que as crenzas relixiosas estaban moi enraizadas no pobo francés e que era proveitoso para os seus designios manter unha amistosa relación cos poderes eclesiásticos, en especial co papa de Roma.

Pío VII en 1819, con 77 anos. O seu pontificado foi de moito sufrimento. Está considerado un pontífice santo. O seu amor por María Santísima Auxiliadora e pola Santa Eucaristía fixérono ser forte nas adversidades e no desterro

Cabía, pois, esperar un entendemento entre ámbalas dúas xerarquías. Produciuse, en efecto, e quedou plasmado no Concordato que Francia e a Santa Sé firmaron en 1801. O papa regresara a Roma e volvera a ocupar o seu trono nela. Dalí partiu en 1804 hacia París para oficiar a coroación como emperador de Napoleón I; o pontífice limitouse a unxilo, pois foi o propio Napoleón quen se coroou a si mesmo, seguramente recordando e non querendo que se repetisen as circunstancias en que foi investido emperador Carlomagno mil anos antes. As aspiracións do novo emperador eran demasiado ambiciosas como para supeditalas a unha boa harmonía co príncipe da igrexa, polo que a aparente avenencia entre eles feneceu tan pronto como a ríxida postura papal supuxo un estorbo na estratexia imperial de Bonaparte. Foi, dun lado, a negativa de Pío VII en 1806 a sumarse ó bloqueo contra Inglaterra que Napoleón quería impor ás nacións continentais e, doutro, a resistencia do papa ante a permanente tentativa do emperador de controlar a igrexa francesa, o que provocou a violenta reacción deste. En 1809 adonouse dos Estados Pontificios, que incorporou ço imperio francés e retivo a Pío VII como prisioneiro en Savona. Máis tarde levouno deportado a Francia, onde quedou reducido a cautiverio en Fontainebleau.

En marzo de 1814, tras unha serie de fracasos militares colleitados polas armas imperiais, e pouco antes de que Napoleón se vise obrigado a abdicar, o papa foi posto en liberdade. Puido regresar a Roma e facerse cargo do goberno dos territorios de pertenencia eclesiástica. O Congreso de Viena de 1815, do que xordeu a reordenación da Europa postnapoleónica, ratificou a existencia dos estados pontificios baixo xurisdicción dos papas, se ben se viron lixeiramente mermados nunha pequena franxa de terreo que permaneceu en poder de Austria. Aínda ó propio Pío VII, que dera mostras de comprensión das fórmulas democráticas de goberno, pareceulle que a súa aplicación a terceiros países podía constituír un réxime aceptable, pero que no caso dos estados da igrexa era ir demasiado lonxe. Derogou a maior parte das disposicións lexislativas aprobadas durante o periodo de ocupación francesa, se ben, como rasgo de modernidade e porque os tempos que corrían así o demandaban, mantivo na constitución coa que dotou ós seus estados a supresión dos dereitos feudais da nobreza.

Faleceu en Roma o 20 de agosto de 1823 e foi sepultado na basilica vaticana (sculptor Thorwaldsen).

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Aquila rapax (O águia rapaz), cita que ó parecer fai referencia a que foi contemporáneo de Napoleón Bonaparte, un emperador expansionista que tiña como símbolo un águia e que o someteu a fortes presións.

Predecesor:
Pío VI
Papa
1800 - 1823
Sucesor:
León XII