Os doce traballos de Heracles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
Cando acadou a idade adulta matou ao León de [[Citerón]] e vestiuse coas súas peles.
Cando acadou a idade adulta matou ao León de [[Citerón]] e vestiuse coas súas peles.


Venceu aos [[minios]] que gravaban aos [[tebanos]] cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa [[Mégera]] coa que casou.
Venceu aos [[minios]] que gravaban aos [[tebanos]] cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa [[Méxera]] coa que casou.


Cando a princesa lle deu tres fillos, [[Hera]], a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. E en penitencia por estes asasinatos acudiu ao seu primo [[Euristeo]] quen lle encargou os famosos doce traballos.
Cando a princesa lle deu tres fillos, [[Hera]], a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. E en penitencia por estes asasinatos acudiu ao seu primo [[Euristeo]] quen lle encargou os famosos doce traballos.

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2008 ás 13:06

Heracles/Hércules

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego.

O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Herácles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis aprezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce.

Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Méxera coa que casou.

Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. E en penitencia por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os famosos doce traballos.


Os doce traballos de Hércules

Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos cómo foi capaz de executalas todas:

  1. Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
  2. Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
  3. Capturou ao porco bravo de Erimanto.
  4. Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o lonxano país dos Hiperbóreos.
  5. Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
  6. Limpou os establos do rei Augias.
  7. Cazou o touro selvaxe de Creta.
  8. Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
  9. Conseguiu o cinto da amazona Hipólita.
  10. Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
  11. Recolleitou as mazás das Hespérides.
  12. Atou o can Cerbero nos dominios subterráneos do inferno para liberar a Teseo.