Herba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Hierba
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero ''[[Plátano|Musa]]'').
Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero ''[[Plátano|Musa]]'').


Na linguaxe común '''herba''' é tamén calquera [[planta]] que posúe valor culinario ou medicinal, con ignorancia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as [[especia]]s son as [[semente]]s , [[baia]]s , [[codia (árbore)|codias]], [[raíz (botánica)|raíces]], ou outras partes da planta.
Na linguaxe común '''herba''' é tamén calquera [[planta]] que posúe valor culinario ou medicinal, con ignorancia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as [[especia]]s son as [[semente]]s, [[baia]]s, [[codia (árbore)|codias]], [[raíz (botánica)|raíces]], ou outras partes da planta.


"Herba" ou "a herba" é tamén un termo do [[argot]] empregado para denominar ao [[cannabis]].
"Herba" ou "a herba" é tamén un termo do [[argot]] empregado para denominar ao [[cannabis]].

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2008 ás 17:32

Herbas

En botánica, unha herba é unha planta que non presenta órganos decididamente leñosos. Os talos das herbas son verdes e morren xeralmente ao acabar a boa estación, sendo substituídos por outros novos se a herba é vivaz.

Moitas herbas son anuais, nacendo de semente ao comezo da estación favorable deixando ao acabar esta novas sementes no chan. Existen tamén herbas vivaces, que retoñan dende talos subterráneos ou situados a niveis de chan. Os órganos subterráneos implicados son rizomas (talos horizontais) e bulbos. Moitas herbas bienais forman unha roseta de follas pegada ao chan no seu primeiro ano, no que non se reproducen, e un talo alto e florido, o escapo floral, no seu segundo ano.

Chámase megaforbias (herbas xigantes) a plantas que respondendo formalmente ao concepto anterior, acadan unha porte considerable, ata de varios metros. Este é o caso, por exemplo, das diversas especies de bananas (xénero Musa).

Na linguaxe común herba é tamén calquera planta que posúe valor culinario ou medicinal, con ignorancia do seu carácter herbáceo ou arbóreo, cando a parte da planta que se usa son as follas ou talos tenros. Pola contra, as especias son as sementes, baias, codias, raíces, ou outras partes da planta.

"Herba" ou "a herba" é tamén un termo do argot empregado para denominar ao cannabis.