Reacción exotérmica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Exotermní reakce
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Eksotermna reakcija
Liña 38: Liña 38:
[[ru:Экзотермическая реакция]]
[[ru:Экзотермическая реакция]]
[[sk:Exotermická reakcia]]
[[sk:Exotermická reakcia]]
[[sl:Eksotermna reakcija]]
[[uk:Екзотермічна реакція]]
[[uk:Екзотермічна реакція]]
[[zh:放热反应]]
[[zh:放热反应]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2008 ás 13:49

Denomínase reacción exotérmica a cualquier reacción química na que ten lugar un desprendemento de calor. A reacción contraria denomínase endotérmica.

Cando o desprendemento de calor e moi elevado, os produtos da reacción poden chegar a temperaturas moi altas e acadar a incandescencia formándose chamas (lume).

Un exemplo de reacción exotérmica é a combustión.

Dende o punto de vista termodinámico, unha reacción exotérmica é aquela que transcorre con diminución de entalpía, aquela na que ΔH<0; é dicir, aquela reacción na que debido ao desprendemento de enerxía o contido enerxético dos produtos é menor que o dos reactivos.

onde Hprodutos menor que Hreactivos

A ecuación termoquímica do exemplo que segue indícanos que cando un mol de carbono (sólido, 12 gramos), reaccionan cun mol de osíxeno (22,4 Litros de gas, medidos en condicións normais de presión e temperatura), formándose un mol de dióxido de carbono (22,4 L de gas medidos en condicións normais) despréndese unha calor de 393500 J. O feito de ser calor desprendida indícase co signo menos; ΔH<0

C (s) + O2 (g) → CO2 (g)  ; ΔH= -393,5 kJ/mol