Ministro sen carteira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Loveless (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
[[da:Minister uden portefølje]]
[[da:Minister uden portefølje]]
[[de:Minister ohne Geschäftsbereich]]
[[de:Minister ohne Geschäftsbereich]]
[[en:Minister without Portfolio]]
[[en:Minister without portfolio]]
[[es:Ministro sin cartera]]
[[es:Ministro sin cartera]]
[[fi:Salkuton ministeri]]
[[fi:Salkuton ministeri]]

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2008 ás 16:28

Ministro sen carteira (ou ministra sen carteira) é un termo creado entre finais do século XIX e principios do XX para designar os membros do goberno coa consideración de ministro e coas mesmas funcións e prerrogativas ca estes aínda que, porén, carecen de cometidos determinados, polo que poden desenvolver aquelas que lles atribúe o Presidente do Goberno ou o primeiro ministro para unha cuestión especial ou para un tema xeral por tempo determinado.

O seu voto nas decisións do Consello de Ministros teñen igual valor có dun ministro con área específica de goberno.

Nalgúns países, o número de ministros sen carteira está limitado por lei, como medida para evitar nomeamentos de favor.

Conselleiro sen carteira

Na estrutura do poder galego, este cargo denomínase conselleiro ou conselleira sen carteira.

Foron conselleiros sen carteira do goberno galego Vitorino Núñez durante a Xunta preautonómica, Xoán Manuel Diz Guedes, entre maio de 2000 e o 10 de xaneiro de 2001, e Vítor Manuel Vázquez Portomeñe entre 1996 e 1997, ocupados fundamentalmente de tarefas de asuntos parlamentarios e de relacións institucionais.