Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado imaxe
coordenadas
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|42_27_57_N_08_29_23_W| 42° 27' 57" N / 8° 29' 23" O}}
[[Imaxe:Rebordelo.jpg|200px|right|thumb]]
[[Imaxe:Rebordelo.jpg|200px|right|thumb]]



Revisión como estaba o 30 de xuño de 2008 ás 11:44

27' 57" N / 8° 29' 23" O_E_ 0°N 0°L / 42_27_57_N_08_29_23_W, 42° 27' 57" N / 8° 29' 23" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cotobade.

A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.

Esta ábsida románica non presenta cara o exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.

Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.

No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.

A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.

Véxase tamén

Outros artigos