Praga (agricultura): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
Non debe utilizarse a palabra [[peste]] para referirse ás pragas, xa que é unha tradución literal da palabra [[idioma inglés|inglesa]] ''pest'', que neste caso si significa praga. |
Non debe utilizarse a palabra [[peste]] para referirse ás pragas, xa que é unha tradución literal da palabra [[idioma inglés|inglesa]] ''pest'', que neste caso si significa praga. |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Zooloxía|Botánica]] |
||
[[cs:Škůdce]] |
[[cs:Škůdce]] |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2008 ás 15:30
O concepto de praga evolucionou co tempo desde o significado tradicional onde se consideraba praga a calquera animal que producía danos, tipicamente aos cultivos. Actualmente debe situarse ao mesmo nivel que o concepto de enfermidade de forma que debe entenderse como praga a unha situación na cal un animal produce danos económicos, normalmente físicos, a intereses das persoas (saúde, plantas cultivadas, animais domésticos, materiais ou medios naturais); da mesma forma que a enfermidade non é o virus, bacteria... senón a situación na que un organismo vivo (patóxeno) ocasiona alteracións * fisiolóxicas noutro, normalmente con síntomas visibles ou danos económicos.
Este novo concepto permite separar o concepto de praga da especie animal ou vexetal que a produce evitando establecer clasificacións de especies 'boas' e 'malas', e facilitando a explicación de porque unha especie é beneficiosa nun lugar e prexudicial noutro. Para explicar isto pódese pór o exemplo do coello (Oryctolagus cuniculus) moi importante en Europa por ser parte fundamental do ecosistema mediterráneo mentres que moi prexudicial en Australia; a praga non é o coello per se senón a situación que se produce en cada unha das rexións e os danos económicos que dela derivan.
Pódense atopar:
- Praga de lagostas
- Infestas forestais
- Pragas médicas
- Pragas agrícolas
Non debe utilizarse a palabra peste para referirse ás pragas, xa que é unha tradución literal da palabra inglesa pest, que neste caso si significa praga.