Xunta de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: en
Lista de presidentes, corrixido erro de enlace.
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Xuntagalicia.png|thumb|Xunta de Galicia]]A [[Xunta de Galicia]] ou simplemente '''Xunta''' aparece definida no [[Estatuto de Autonomía de Galicia]] coma o órgano colexiado do Goberno de [[Galiza]]. Está composta polo [[Presidente]], Vicepresidentes e conselleiros. Os [[Xunta de Galicia#Cargos|Vicepresidentes]] e os [[Xunta de Galicia#Cargos|conselleiros]] son nomeados polo [[Lista de presidentes da Xunta de Galicia|presidente]]. [[Galiza]] exerce as súas funcións administrativas a través da '''Xunta''' e das consellarías. A Presidencia da [[Xunta de Galicia]] ten a sé no [[Pazo de Raxoi]].
[[Image:Xuntagalicia.png|thumb|Xunta de Galicia]]A [[Xunta de Galicia]] ou simplemente '''Xunta''' aparece definida no [[Estatuto de Autonomía de Galicia]] coma o órgano colexiado do Goberno de [[Galiza]]. Está composta polo [[Presidente]], Vicepresidentes e conselleiros. Os [[Xunta de Galicia#Cargos|Vicepresidentes]] e os [[Xunta de Galicia#Cargos|conselleiros]] son nomeados polo [[Lista de Presidentes de Galiza|presidente]]. [[Galiza]] exerce as súas funcións administrativas a través da '''Xunta''' e das consellarías. A Presidencia da [[Xunta de Galicia]] ten a sé no [[Pazo de Raxoi]].





Revisión como estaba o 8 de novembro de 2005 ás 12:14

Ficheiro:Xuntagalicia.png
Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galiza. Está composta polo Presidente, Vicepresidentes e conselleiros. Os Vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galiza exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sé no Pazo de Raxoi.


A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galiza. Tamén tén competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galiza; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedemento administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museus, conservatorios de música e servicios de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confradías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre protección do medio ambiente.

Consellarías

Cargos

Ubicación

  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano s/n
    15704 Santiago de Compostela- A Coruña
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro
    15705 Santiago de Compostela- A Coruña

Ver Tamén

Ligazóns Externas