Ximnospermas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nah:Petlāuhxinachtli
Liña 48: Liña 48:
[[sv:Nakenfröiga växter]]
[[sv:Nakenfröiga växter]]
[[ta:வித்துமூடியிலி]]
[[ta:வித்துமூடியிலி]]
[[te:వివృతబీజాలు]]
[[tr:Açık tohumlular]]
[[tr:Açık tohumlular]]
[[uk:Голонасінні]]
[[uk:Голонасінні]]

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2008 ás 16:30

Piñeiro Albar

As ximnospermas son plantas vasculares e productoras de sementes. O nome provén do grego γυμνός, espido, e σπέρμα, semente. A razón deste termo é debido a que as sementes destas plantas non se forman nun ovario pechado (ou sexa, un pistilo con un ou máis carpelos que evolucionan a un froito, como nas anxiospermas), senón que están espidas nas escamas dos conos.

Características

Son plantas leñosas, case sempre arbóreas, ás veces arbustivas ou de biotipo palmeroide. As súas flores son sinxelas, pouco chamativas, de polinización case sempre anemófila, coas flores dispostas case sempre en estróbilos.

A producción de sementes distingue ás ximnospermas (xunto coas anxiospermas) do resto das plantas vasculares. As Ximnospermas son heterospóreas, producindo microsporas que se presentan como grans de polen e megasporas que conteñen una oosfera ou gameto feminino (nun gametofito femenino, ou óvulo). Como resultado da fecundación (ó unirse os gametos masculino e feminino derivados das esporas), fórmase o embrión. Este, acompañado polas envoltas e outros tecidos do óvulo, remata por formar a semente, que é unha fase esporofítica con repouso (diapausa).

A diferenza das anxiospermas, non teñen a semente totalmente cuberta pola folla fértil ou carpelo, polo que tamén é chamada semente espida.

Enlaces externos