Samoxicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Image:Liet-etno-regionai.png|thumb|right|290px|Rexións étnicas da Lituania. Samoxicia está marcada en verde]]
[[Image:Liet-etno-regionai.png|thumb|right|290px|Rexións étnicas da Lituania. Samoxicia está marcada en verde. ██ Mažoji Lietuva

██ Aukštaitija
██ Suvalkija

██ Dzūkija
]]





Revisión como estaba o 24 de xuño de 2008 ás 02:51

Rexións étnicas da Lituania. Samoxicia está marcada en verde. ██ Mažoji Lietuva ██ Aukštaitija ██ Suvalkija ██ Dzūkija


Samoxicia ou Samoxitia (en samoxiciano: Žemaitėjė, en lituano Žemaitių, en latín Capitanatus Samogitiae) é o nome dunha rexión etnohistórica correspondente á maior parte do occidente da actual Lituania, á beira do Mar Báltico, tendo por lindes: ao sur o río Neman que a separa da Borusia (actualmente Provincia de Caliningrado), ao norte o río Venta que a separa da Curlandia, mentras que os lindes orientais co resto da Lituania nunca foron totalmente definidos.
Segundo os documentos oficiais do actual estado lituano a Samoxicia ten unha área de 21.000 km² e unha poboación que ronda os 300.000 habitantes. A cidade considerada capital cultural é Telšē, sendo a antiga capital do Ducado de Samoxicia (Žemaičių seniūnija en lituano) a pequena cidade chamada antigamente Medininkai e hoxe Varniai.

Na actualidade (2007) o territorio samoxicio está repartido entre varios distritos (apskritis) lituanos: unha pequena zona occidental do de Caunas/Kaunas, o de Xiauliai/Šiauliai, o de Tauragė e Telxiai/Telšiai e a parte norte dos apskritis de Claipeda/Klaipėda e Marijampolė, constituíndo unha Rexión Etnocultural Lituana.


Os samoxicianos ocupaban no século XII as terras baixas da Lituania.
Blasón de armas da Samoxicia.

A Samoxicia é unha rexión histórica do este europeo, actualmente parte do territorio da Lituania.

Modelo:Link FA