Richard Réti: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Infobox biografía |
[[Imaxe:RichardReti.jpg|right|180px|]]
nome = Richard Réti|
image =RichardReti.jpg|
descripción = [[xadrecista]] [[checo]] |
data_de_nacemento = [[28 de maio]] de [[1889]] |
lugar_de_nacemento = [[Pezinok]]|
data_de_falecemento = [[ 6 de xuño]] de [[1929]]|
lugar_de_falecemento = [[Praga]]
|Ocupación=
|Nacionalidad=
|Periodo=
|Género=
|Movimiento=
|Influencias=
|Sinatura=
|Website=
|Notas=
}}




'''Richard Réti''' ([[28 de maio]] de [[1889]], [[Pezinok]] (agora [[Eslovaquia]]) — [[6 de xuño]] de [[1929]], [[Praga - Praha|Praga]]) foi un xogador de [[xadrez]] [[Checoslovaquia|checoslovaco]], aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a [[Hungría]].
'''Richard Réti''' ([[28 de maio]] de [[1889]], [[Pezinok]] (agora [[Eslovaquia]]) — [[6 de xuño]] de [[1929]], [[Praga - Praha|Praga]]) foi un xogador de [[xadrez]] [[Checoslovaquia|checoslovaco]], aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a [[Hungría]].

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2008 ás 00:38

Modelo:Infobox biografía


Richard Réti (28 de maio de 1889, Pezinok (agora Eslovaquia) — 6 de xuño de 1929, Praga) foi un xogador de xadrez checoslovaco, aínda que naceu en Pezinok, nese entón pertencente a Hungría.

Naceu no seo dunha acomodada familia xudía húngara, pero el considerábase vienés. Reti tiña un gran sentido do humor e sempre estaba sorrindo, excepto cando vía algún automóbil porque os tiña un gran pavor.

Un dos máis grandes xogadores do mundo durante os anos 10 e os anos 20, Réti comezou a súa carreira como xogador clásico ferozmente combinativo, favorecendo aperturas talles como o Gambito de rei (1. e4 e5 2. f4). Con todo despois do final da primeira guerra mundial, o seu estilo experimentou un cambio radical, e converteuse nun dos autores principais do hipermodernismo, xunto con Aron Nimzowitsch e outros. De feito, coa excepción notable do aclamado libro de Nimzowitsch O meu sistema, é considerado como o maior contribuínte literario do movemento.

A Apertura Reti (1. ♘f3 d5 2. c4), coa cal derrotou ao entón campión do mundo José Raúl Capablanca en Nova York 1924 —a primeira derrota de Capablanca en oito anos e a primeira logo do título— é nomeada na súa honra. Tartakower denominou a esta apertura como "a apertura do porvir".

Era tamén un compositor notable na parte final do xogo. En 1925 Réti logrou a marca mundial para a variedade de xadrez a cegas con 29 xogos simultáneos. Incriblemente, gañou vinte e un destes, empatou seis e perdeu soamente dous.

Os seus escritos son considerados como clásicos no mundo do xadrez: Novas ideas en xadrez (1922) e Os mestres do taboleiro de xadrez (1930) aínda se estudan hoxe en día.

Réti morreu o 6 de xuño 1929 en Praga vítima de escarlatina.

Publicacións

  • Novas ideas en xadrez (1922)
  • Os mestres do taboleiro de xadrez (1930)