Ergotismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m elimino as formas populares (sic) que son tradución das castelás polas galegas
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Gabriel Metsu 002.jpg|thumb|right|300px|''Neno enfermo (Das kranke Kind),'' obra de [[Gabriel Metsu]] (1660-1770)]]
[[Imaxe:Gabriel Metsu 002.jpg|thumb|right|300px|''Neno enfermo (Das kranke Kind),'' obra de [[Gabriel Metsu]] (1660-1770)]]
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "febre de San Antonio", "lume de San Antonio" ou "lume do inferno", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ''ergot'' (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].
O '''ergotismo''', denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ''ergot'' (''[[Claviceps purpurea]]'') que contamina o [[centeo]] e, moito menos frecuentemente, a [[avea]], o [[trigo]] e a [[cebada]].

As substancias activas nas micotoxinas son todas [[polipéptido|polipéptidos]] derivados do [[ácido lisérxico]]. Os efectos do envelenamento poden traducirse en [[alucinación|alucinacións]] [[#NOTA|*]], convulsións e contracción arterial, que pode conducir á [[necrose]] dos tecidos e a aparición de [[gangrena]] nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.

Revisión como estaba o 21 de xuño de 2008 ás 18:26

Neno enfermo (Das kranke Kind), obra de Gabriel Metsu (1660-1770)

O ergotismo, denominado no uso coloquial como "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo ergot (Claviceps purpurea) que contamina o centeo e, moito menos frecuentemente, a avea, o trigo e a cebada.

As substancias activas nas micotoxinas son todas polipéptidos derivados do ácido lisérxico. Os efectos do envelenamento poden traducirse en alucinacións *, convulsións e contracción arterial, que pode conducir á necrose dos tecidos e a aparición de gangrena nas extremidades principalmente. A enfermidade empezaba cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda. Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.

Durante a Idade Media as intoxicacións por ergotismo eran tan frecuentes que se crearon hospitais onde os frades da orde de San Antonio dedicábanse en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito.

A última intoxicación colectiva de ergotismo sucedeu en Francia na aldea de Pont-Saint-Esprit o ano 1951.

Véxase tamén

Nota*: isto deu lugar á cuestión (case lendaria) do "pan da tolemia" e dos Misterios eleusinos.