Historia de Exipto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: vi:Lịch sử Ai Cập
Prebot (conversa | contribucións)
m Corrixir ligazóns a homónimos: Colonia
Liña 27: Liña 27:
==O Exipto contemporáneo==
==O Exipto contemporáneo==
:''Artigo principal: [[Historia do Exipto contemporáneo]]''
:''Artigo principal: [[Historia do Exipto contemporáneo]]''
Entre [[1882]] e [[1992]], Exipto foi unha [[colonia]] do [[Imperio Británico]]. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até [[1952]], cando os "oficiais libres", liderados por [[Gamal Abdel Nasser]], destronaron ao [[rei Farouk]].
Entre [[1882]] e [[1992]], Exipto foi unha [[colonia (política)|colonia]] do [[Imperio Británico]]. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até [[1952]], cando os "oficiais libres", liderados por [[Gamal Abdel Nasser]], destronaron ao [[rei Farouk]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2008 ás 12:15

A historia de Exipto coñécese de maneira practicamente ininterrumpida desde hai máis de 5000 anos, o que fai dela a de maior duración da humanidade.

Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Historia do Exipto Antigo
O Exipto grecorromano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo

Antigo Exipto

Artigo principal: Historia do Exipto Antigo

Os primeiros tempos históricos son os do Exipto faraónico, unha civilización formada a finais do IV Milenio, no final do Neolítico, arredor do cultivo que permitían as crecidas periódicas do Nilo. Esta é a civilización que construíu as pirámides.

Período greco-romano

Artigo principal: Historia do Exipto greco-romano

O declinio deste imperio a partir do I Milenio permitiu que fose conquistado por potencias estranxeiras e, finalmente polos gregos no 332 a.C. e polos romanos no 30 a.C. No Exipto dos primeiros séculos da Era Cristiá fermentaron algúns movementos decisivos no futuro do cristianismo, como o eremitismo, e a súa teoloxía desenvolveuse profundamente desde Alexandría.

Conquista árabe

Artigo principal: Historia do Exipto árabe até o Imperio Otomano

Coa conquista de Exipto polos árabes en 641, deuse outra mudanza substancial, xa que pasou a facer integral parte do mundo árabe. Pertenceu a sucesivos califatos e dinastías de diversas orixes até ser conquistado polos otomanos en 1517.

Imperio Otomano

Artigo principal: Historia do Exipto otomano

Exipto resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798.

Muhammad Alí e os seus sucesores

Artigo principal: Historia do Exipto baixo Muhammad Alí e os seus sucesores

Muhammad Alí modernizou Exipto e elevouno á categoría de potencia rexional, o que lle permitiu funcional de maneira moi autónoma dentro do Imperio Otomano. Os gobernantes que o seguiron avanzaron na modernización mais levaron ao país á bancarrota, permitindo así a intervención do Reino Unido.

O Exipto contemporáneo

Artigo principal: Historia do Exipto contemporáneo

Entre 1882 e 1992, Exipto foi unha colonia do Imperio Británico. Nesta data concedéuselle a independencia, que non foi efectiva (coa retirada das tropas británicas) até 1952, cando os "oficiais libres", liderados por Gamal Abdel Nasser, destronaron ao rei Farouk.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Civilización Exipcia - O Exipto Antigo