Euskaltzaindia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m normalizo véxase tamén
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''Real Academia da Lingua Vasca''',
A '''Real Academia da Lingua Vasca''',
tamén coñecida polo seu nome en [[eúscaro]]: '''Euskaltzaindia''', é unha institución cultural fundada no ano [[1919]] por [[Afonso XIII]]http://noticias.juridicas.com/basee_datos/Admin/d573-1976.html Decreto 573/1976, de 26 de febreiro, polo que se recoñece á Academia de Lingua Vasca baixo a denominación de Real Academia de Lingua Vasca e impulsada, do mesmo xeito que a [[Sociedade de Estudos Vascos]] (''Eusko Ikaskuntza''), polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do [[eúscaro|idioma vasco]], así como o estudo filológico e etimológico do mesmo.
tamén coñecida polo seu nome en [[eúscaro]]: '''Euskaltzaindia''', é unha institución cultural fundada no ano [[1919]] por [[Afonso XIII]]<ref>[http://noticias.juridicas.com/basee_datos/Admin/d573-1976.html Decreto 573/1976, de 26 de febreiro]</ref>, polo que se recoñece á Academia de Lingua Vasca baixo a denominación de Real Academia de Lingua Vasca e impulsada, do mesmo xeito que a [[Sociedade de Estudos Vascos]] (''Eusko Ikaskuntza''), polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do [[eúscaro|idioma vasco]], así como o estudo filológico e etimológico do mesmo.
[[Imaxe:Bilboko Euskaltzaindia.jpg|thumb|200ppx|Sede central en Bilbao.]]
[[Imaxe:Bilboko Euskaltzaindia.jpg|thumb|200ppx|Sede central en Bilbao.]]
O seu emblema é un [[carballo]], acompañado da lenda ''Ekin eta jarrai'' ("Empezar e seguir").
O seu emblema é un [[carballo]], acompañado da lenda ''Ekin eta jarrai'' ("Empezar e seguir").

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2008 ás 12:54

A Real Academia da Lingua Vasca, tamén coñecida polo seu nome en eúscaro: Euskaltzaindia, é unha institución cultural fundada no ano 1919 por Afonso XIII[1], polo que se recoñece á Academia de Lingua Vasca baixo a denominación de Real Academia de Lingua Vasca e impulsada, do mesmo xeito que a Sociedade de Estudos Vascos (Eusko Ikaskuntza), polas catro deputacións vasco-navarras, para coidar e normalizar o uso do idioma vasco, así como o estudo filológico e etimológico do mesmo.

Sede central en Bilbao.

O seu emblema é un carballo, acompañado da lenda Ekin eta jarrai ("Empezar e seguir").

O número de académicos é 23, dos cales 20 teñen o eúscaro como lingua materna (en decembro de 2005).

Dispón de varias comisións de traballo que realizan diferentes tarefas na tarefa do estudo do idioma vasco, estas comisións son as seguintes:

  • Comisión de lexicografía, actualmente traballa nun Dicionario Xeral Vasco de carácter xeral e descritivo que integra contido histórico e de dialectos. E nun Dicionario Léxico Unificado que é normativo e só contempla o eúscaro batua ou eúscaro unificado.
  • Comisión de gramática, desde 1980 trata de redactar as bases da gramática do idioma vasco.
  • Comisión para o atlas lingüístico, o seu traballo é realizar un mapa dialectológico para coñecer os dialectos que se falan nos diferentes puntos da xeografía vasca.
  • Comisión onomástica, estuda aspectos máis teóricos e históricos deste idioma.
  • Comisión de literatura, analiza a literatura popular así como a literatura máis intelectual do eúscaro.
  • Comisión de lingua falada, encárgase de realizar un estudo sobre o uso da lingua vasca cando é falada e realizar unha normativa en consecuencia, xa que existen moi diferentes acentos segundo a localización do vascoparlante.

Oficialmente esta institución conseguiu o recoñecemento oficial en España, con carácter de Real Academia, en 1976, un ano despois do final da ditadura de Francisco Franco. En Francia é aceptada como unha entidade desde o ano 1995.

Esta Academia ten a súa sede en Bilbao pero con delegacións en Bayona, San Sebastián e Vitoria.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Decreto 573/1976, de 26 de febreiro