Valente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo:Valento (imperiestro)
m bot Engadido: la:Flavius Valens
Liña 46: Liña 46:
[[ko:발렌스]]
[[ko:발렌스]]
[[ku:Valens]]
[[ku:Valens]]
[[la:Flavius Valens]]
[[mr:व्हॅलेन्स]]
[[mr:व्हॅलेन्स]]
[[nl:Flavius Iulius Valens]]
[[nl:Flavius Iulius Valens]]

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2008 ás 18:08

Sólido romano coa efixie do emperador Valente

Valente (328 - 9 de agosto de 378 en Cibalae, a actual Vinkovci en Croacia) foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.

Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatria (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.

De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.

Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.

Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.

Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópolis, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.

Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.

Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano I
Valente
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Valentiniana-Teodosiana