A Ferreirúa, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 16: Liña 16:


==Demografía==
==Demografía==
No ano 1991 contaba con 322 habitantes agrupados nas entidades de A Barxa, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, [[Pacios de Veiga, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón|Pacios de Veiga]], O Corral, O Pumar e Valdolide, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 25,7 hab./Km².
No ano 2007 contaba con 198 habitantes agrupados nas entidades de A Barxa, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, [[Pacios de Veiga, A Ferreirúa, A Pobra do Brollón|Pacios de Veiga]], O Corral, O Pumar e Valdolide, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 15,8 hab./Km².

A súa poboación disminuíu moito nos últimos anos, xa que en 1991 contaba con 322 habitantes.


==Historia==
==Historia==

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2008 ás 19:17

San Martiño da Ferreirúa
ConcelloA Pobra do Brollón
Coordenadas42°35′53″N 7°23′29″O / 42.5979296, -7.3914036Coordenadas: 42°35′53″N 7°23′29″O / 42.5979296, -7.3914036
Área12,52 km²
Poboación322 hab.
Densidade25,72 hab./km²
Entidades de poboación7
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:A Pobra do Brollón poboación {{{ano}}}]]

San Martiño da Ferreirúa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei.

Está delimitada polas parroquias de Óutara polo norte; Ferreiros polo Sur; Saa polo leste e, Veiga e Canedo polo oeste.

Nela encontramos o pico da Mioteira, de 871 m. de altitude.

Demografía

No ano 2007 contaba con 198 habitantes agrupados nas entidades de A Barxa, A Ferreirúa de Abaixo, Marcón, Pacios de Veiga, O Corral, O Pumar e Valdolide, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 15,8 hab./Km².

A súa poboación disminuíu moito nos últimos anos, xa que en 1991 contaba con 322 habitantes.

Historia

Orixe da parroquia

A parroquia da Ferreirúa parece configurarse ao redor dun primitivo castro. É coñecido o de Leboreiro (lugar de lebres). Existe tamén Castrobón (lugar bo). Asentamentos dunha primitiva comunidade indíxena, convivindo, posteriormente, coa invasión celta da cal hai testemuños; un lugar chamado "A Mámoa", situado no centro da parroquia.

Sobre os séculos III ou IV establécese unha capela, do mesmo xeito que entre outros moitos lugares, por un gran propietario laico, probablemente como fundación de santuario propio. Conservando certos dereitos transformouse en igrexa, con persoas encargadas dela.

Pertenza ó Mosteiro de Samos

En agosto de 1074, dona Urraca, en cumprimento da vontade da súa irmá, Jimena, doa, "post morten", ao mosteiro de Samos a metade da vila de Ferreirúa, sendo abade "Fromarigo". Xunto ao "aula" San Martín, "subtus mons acuto".

Construción da casa Grande

Aparece fundada en 1466 a Casa Grande de Marcón por Don Juan e o seu fillo don Pedro Díaz de Zuloaga. O primeiro edificou tambien as "ferrerías" de Loureiro e Valdomir situadas en Samos e Folgoso do Courel respectivamente. Sen dúbida ningunha, o ferro e o seu minería, extracción e fundición, sendo un metal indispensable, era obxecto de cobiza.

Respostas xerais da feligresía

O Catastro de Ensenada datado o 31 de decembro de 1752 contén as Respostas Xerais da feligresía de San Martín de Ferreirúa. Cítanse como fregueses: Alberto Pérez, como home bo, Caetano Carballo, como experto do común, don José Matilla e Torrexón, párroco. Figura como xurisdición da Pobra do Brollón.

No antigo Réxime figuraba a Ferreirúa na xurisdición de Brollón e no Señorío do Conde de Lemos.

Incluída no concello

Pola división municipal do R.D. de 23 de xullo de 1835 queda inscrita no concello da Pobra do Brollón ata a actualidade, aínda que a través de sucesivas demarcacións municipais.

En 1905 conéctase por estrada coa capital do municipio, A Pobra do Brollón. En 1933 constrúese a estrada dirección Ferreiros ata o cemiterio, desde a anterior. Enlázase con Marcón e Monteagudo en 1967.

Patrimonio artístico, cultural e natural

  • Igrexa de San Martiño da Ferreirúa, trátase dun edificio rectangular con muros de cachotaría. Foi reconstruída no s.XIX. No interior posúe retablo do s.XVII, e esculturas da mesma época de San Roque, San Bieito, San Ramón, San Sebastián, San Xoaquín, Santa Ana, San Antón de Padua, Santa Bárbara e Inmaculada. Retablo dereito cas imaxes da Virxe do Rosario (s.XVII) e San Xudas. Retablo ezquerro xa Virxe dos Dolores, San Antón e ó Sagrado Corazón de Xesús. As súas campanas son do 1878, a pequena, e do 1905, a grande.
  • Igrexa de Santa Eufemia de Pacios de Veiga, do ano 1710, situada no lugar de Pacios de Veiga. Posee unha escultura de pedra de Santa Eufemia, de 80 kilos de peso.
  • Casa Grande do Marcón, fundada en 1466 por don Juan e o seu fillo don Pedro Díaz de Zuloaga. Portada de 1818 con dous cubos cilíndricos e frontón recto, escaleiras, capela, pisos e os enlucidos do tramo norte, esí como os pisos da parte do centro e da torre. Actualmente está dividido entre as religiosas "Obreras de Jesús" e os señores de Parada. Procede da casa da familia Gil Robles. No portalón do patio, imaxe de San Martín, do século XVII.
  • Colexio Cristo Rei, ocupa parte da Casa Grande do Marcón. É unha institución das "Obreras de Jesús".
  • Casa da Torre, tres plantas de forma cuadrangular. Ponte de muro arqueado con tres ollos sobre olas, unha ave picoteando sobre unha rama e nunha punta, dous cuadrúpedos afrontados.
  • Área Recreativa As Veigas, ó pé do monte da Mioteira (878 mts.) na pista forestal que va a Monteagudo.
  • Muíño A Corredoira

Festas parroquiais

  • Festas de San Antón: a fin de semana seguinte á Pascua. Son as principais festas da parroquia.
  • Festas dos Remedios: o 7 de outubro.
  • Festas de San Froilán: o primeiro domingo de outubro, en Pacios de Veiga.


Lugares da parroquia da Ferreirúa no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

A Barxa | O Corral | A Ferreirúa de Abaixo | Marcón | Pacios de Veiga | O Pumar | Valdolide

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Ligazóns externas