A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 345: Liña 345:
*'''Festas do San Roque''', en [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]], cara ó 16 de agosto.
*'''Festas do San Roque''', en [[Castrosante, A Pobra do Brollón|Castrosante]], cara ó 16 de agosto.
*'''Festas do Rosario''', en [[Liñares, A Pobra do Brollón|Liñares]], a mediados de agosto.
*'''Festas do Rosario''', en [[Liñares, A Pobra do Brollón|Liñares]], a mediados de agosto.
*'''[[Festas da Santa Lucía en Santalla de Rei]]''', en [[Santalla de Rei, A Pobra do Brollón|Santalla de Rei]], o penúltimo sábado de agosto.
*'''[[Festas da Santa Lucía de Santalla de Rei|Festas da Santa Lucía]]''', en [[Santalla de Rei, A Pobra do Brollón|Santalla de Rei]], o penúltimo sábado de agosto.
*'''Festas do San Bartolomeu''', en [[Eixón, A Pobra do Brollón|Eixón]], o primeiro domingo despois do San Bartomeu.
*'''Festas do San Bartolomeu''', en [[Eixón, A Pobra do Brollón|Eixón]], o primeiro domingo despois do San Bartomeu.
*'''[[Romaría do San Vitoiro|Romaría e Festas do San Vitoiro]]''', na parroquia de Saa, o 27 de agosto.
*'''[[Romaría do San Vitoiro|Romaría e Festas do San Vitoiro]]''', na parroquia de Saa, o 27 de agosto.

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2008 ás 13:52

A Pobra do Brollón
Situación
Xentilicio[1]Pobrense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra de Lemos
Poboación2.201 hab.[2][3]
Área176,7 km²[3]
Densidade12,46 hab./km²
Entidades de poboación118[4]
Capital do concelloA Pobra do Brollón
Política (2007)
AlcaldeJosé Luis Maceda Vilariño (BNG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: 0
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,18%
Na rede
http://www.pobradobrollon.com
editar datos en Wikidata ]

A Pobra do Brollón é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Lemos e ó partido xudicial de Monforte de Lemos. Tamén forma parte da Ribeira Sacra.

Linda co concello do Incio ó norte, cos concellos de Quiroga e Ribas de Sil ó sur, cos concellos de Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ó leste, e cos concellos de Monforte de Lemos e Bóveda ó oeste.

Poboación no 2007: 2.201 habitantes segundo o INE (2.291 no 2006, 2.369 no 2005, 2.425 no 2004, 2.482 no 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pobrense

Medio Natural

Artigos principais: Xeografía, Climatoloxía e Hidrografía.

Xeografía

O concello da Pobra do Brollón ten unha superficie de 174,8 km2, situados entre a depresión de Lemos ó oeste, e a Serra do Courel ó leste. Está caracterizado pola súa topografía montañosa, de fortes elevacións que van descendendo de leste a oeste. O monte máis alto e o Alto da Veneira de 1.164 m.

Hidrografía

A rede hidrográfica encóntrase situada dentro da conca do río Cabe, que drena a parte occidental do concello en dirección NE-SO e que forma parte da conca Miño-Sil. Unha pequena parte da rede pertence a conca do río Lor, na cara oriental do concello.

Climatoloxía

O clima, na zona occidental, é oceánico - continental, e cara ó leste, oceánico de montaña, froito dunha maior altitude. Na parte occidental, as temperaturas son suaves, con invernos fríos, abundantes xeadas, e veráns calorosos. A área situada dentro do dominio climático da montaña ten unhas temperaturas medias en torno ós 11ºC, con amplas amplitudes que van dos 12º ós 15º. Polo que se refire ás precipitacións tamén varían segundo correspondan ó sector oriental (1.500 mm./anuais) ou ó occidental (1.000 mm./anuais). Os meses de máximos pluviométricos son os que van de novembro a marzo e, os mínimos corresponden a xullo e agosto (25 mm.).

Vexetación

A vexetación se compón de especies como: o piño, o castiñeiro e o chopo, mentres que a de tipo arbustivo está representada polo toxo, a silva e a xesta, entre outras. Nos ríos predomina a vexetación de ribeira.

Demografía

Artigo principal: Demografía na Pobra do Brollón

A poboación do municipio trátase dunha poboación regresiva, con saldo natural negativo e cunha estrutura por idades moi envellecida. Sobre o espazo considerable se asenta unha escasa poboación con hábitat disperso en 22 parroquias e 118 entidades de poboación. O poboamento caracterízase pola súa dispersión (0'67 entidades/Km2), aínda que en menor grao có resto de Galiza (1'1), debido á topografía montañosa que limita as zonas aptas para o asentamento humano. A maior parte dos enclaves humanos se levantan no sector occidental, mentres que o oriental está practicamente despoboado, froito do seu carácter montañoso.

Dende principios de século, a poboación total do concello non cesou na súa regresión (en 1900 tiña 7.992 habitantes e en 2003, 2.482); unha pérdida achacable, na súa maior parte, ós efectos da emigración. O resultado de todo iso é unha pirámide de poboación con base moi estreita e ensanchada nos seus brazos superiores: a estrutura por idades mostra unhs trazos de envellecemento alarmantes, porque non chega ó 10% o grupo dos rapaces (menores de 15 anos), mentres que os vellos (maiores de 64 anos) sobrepasan o 30% e os "moi vellos" (maiores de 74 anos) superan o 16%.

Evolución da poboación de A Pobra do Brollón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.992 6.864 8.116 3.338 2.425
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etnografía

A tradición recolle que a famosa María Castaña, que encabezou as revoltas contra o bispo de Lugo, alá no século XIV, era natural de Cereixa, unha das parroquias do concello.

Relacionado co pasado medieval, fálase do "pino centenario" -representado no escudo municipal-, situado no lugar onde se reunían os veciños en asemblea. Recórdase que A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta -a dos guímaros (alá polo século XVI)- que lles fixo famosos. Parece ser que o Conde de Lemos esixiu ós seus vasalos o pago dun inxusto tributo, polo cal os veciños reuníronse a deliberar baixo un fermoso piñeiro nun lugar coñecido como A Pobra do Brollón. De aquela reunión saíron todos coa determinación delevantarse en armas contra o conde e non ceder mentres o piñeiro non secase. Pero os homes do conde, mellor armados e máis poderosos, puideron vencelos sen moita dificultade. Trala derrota, os campesiños xuntáronse de novo baixo a sombra do piñeiro centenario, decidindo non pagar o tributo mentres non lles fora recollido nas súas propias casas e sen necesidade de abrir aporta, senón pasando a moeda por debaixo da porta. É por este motivo polo que dende entón os habitantes do condado de Lemos recibiron o apelativo de "guímaros", que significa temeroso.

Historia

O inexorable paso do tempo deixou a súa impronta nestas terras a teor dos castros existentes e dos restos da cultura romana que aínda se manteñen. A antiga xurisdición da Pobra do Brollón comprendía os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes , Pol de Lemos, Valverde, A Raíña, Salcedo e Vales, ademais das terras pertencentes ó coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polos reis Sancho O Bravo eFernando O Emperador. Tamén, ó igual que gran parte da zona, A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdición da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta: a dos Guímaros, ó negarse a pagar un tributo. Conta Amor Meilán que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do conde de Lemos, aínda que novamente volveron reunirse baixo o pino e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o tributo, a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entón ás xentes do condado de Lemos se lles coñece como guímaros, é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños de A Pobra se reunían a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do século XIV ou principios do XV, coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio. Finalmente mencionar que, durante a última guerra carlista houbo en estas terras varios incidentes.

Vestixios arqueolóxicos de interese

Patrimonio artístico

Do patrimonio artístico municipal ten grande interese tanto a arquitectura relixiosa como a civil; da primeira abundan igrexas e capelas como o templo de Lamaigrexa de 1788 que pose unha torre de tres corpos no frontal e no interior un retablo maior neoclásico, outros dous neoclásicos e rococó respectivamente do século XVIII, un púlpito policromado, pila bautismal e dúas pilas de auga bendita. A igrexa de Óutara ten un retablo maior popular de tipo renacentista e unha imaxe de Santa María do s.XV. A igrexa de Parada dos Montes é de finais do s.XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte. O templo de Pinel pose un retablo maior de estípites con tallas de interese e finalmente a igrexa parroquial de Veiga é de orixe románico e se estrutura cunha nave rectangular e unha ábsida de tramo rectangular e cabeceira semicircular con bóvedas de cañó e cuarto de laranxa.

No apartado de arquitectura civil destacaremos unha característica específica de pobos como Parada dos Montes onde os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse así mellor da intemperie ou dos ataques de lobos. A arquitectura popular ten o seu principal expoñente nos muíños. Con respecto ós pazos e casas grandes sinalaremos as blasonadas: Casa de Díaz (Ferreiros) e Casa de Fontela (A Pobra do Brollón) ambas con sendas pedras de armas. Casa Grande da Ferreirúa, hoxe colexio da parroquia. Así mesmo, tamén é digna de mención a Ponte (Barxa de Lor), que a tradición quere de orixe romano aínda que o actual é do século XVI.

Igrexas

Capelas

  • San Isidro Labrador da Estación
  • San Vitoiro
  • Santa Mª Magdalena da Veneira de Roques
  • San Francisco de Biduedo
  • San Sebastián de Río dos Bois
  • San Miguel de Canedo

Pazos e casas

Pontes

Socioeconomía

O sistema económico fundaméntase no sector primario, que se complementa cun terciario pouco especializado. Entre ambos os dous ocupan ó 90% da poboación activa. No primeiro caso, é a gandería a dedicación principal, debido ás características medioambientais; así, os pastos de altura permiten a dedicación a un gando de orientación cárnica, de elevada calidade.

En liñas xenerais, podemos falar dun municipio de pequenos propietarios, onde o número de explotacións agrarias por Km², é de 6’3. As explotacións son de tipo minifundista, onde a simbiose entre agricultura e gandería é unha realidade. A agricultura ten unha gama de cultivos reducida: patacas, millo e centeo (en retroceso), xunto á explotación autárquica de árbores froiteiras (castaña). Encontrámonos ante unha agricultura enfocada á manutención da cabana gandeira, que é a que reporta un maior beneficio líquido ó agricultor, ben sexa pola venda de animais, ou pola comercialización do leite. O censo gandeiro do ano 1970 daba xa un claro predominio á cabana bovina sobre a porcina e a ovina. O aproveitamento forestal é outro dos recursos da zona, ademais do cultivo da vide en Vilachá, subzona de Amandi.

O nivel de industrialización é practicamente nulo, e soamente existen actividades relacionadas coa produción de bens no plano artesanal e autónomo. Nos últimos anos, o sector téxtil foi un dos que máis iniciativas empresariais viu nacer ó amparo das subvencións comunitarias para a creación de pequenas e medianas empresas.

O sector terciario, escaso, se encontra centrado na capital municipal. Funcionalmente, este municipio depende de Monforte -centro organizador do sur lucense- tanto para ervicios públicos como privados. Esta particularidade explicaría a ruralidade patente do municipio, pois ningún núcleo pode considerarse urbano.

Destacan as feiras:

  • Feira na Pobra do Brollón (os días 11 e 25 de cada mes)
  • Feira da Estación (o día 2 de cada mes)
  • Feira do Viño en Vilachá (o 1 de Maio)
  • Feira do Viño en Piño
  • Feira da Artesanía (18 de Xuño)

Gastronomía

A riqueza gastronómica maniféstase no feito de que entre os produtos destacados atopamos esquisiteces de todo tipo, carnes, pescados, postres. Así podemos falar dunha variedade de gustos e sabores que, de seguro, serán do agrado de propios e alleos.

O río Lor , o seu paso por este municipio regálanos as troitas e anguías. Nas carnes, ós tradicionais derivados do porco, hai que engadir nesta zona as carnes provintes da caza, as máis apreciadas as de xabaril e corzo, sendo moitos os cotos espallados polo concello.

Tamén de gran tradición destacamos os embutidos caseiros, e as empanadas de todo tipo, tanto de carne coma de pescado (anguías principalmente). Na repostería especial atención as filloas e orellas, e non podemos esquecer que esta é terra de colmeas, sendo moi apreciado o mel desta zona.

Turismo e Lecer

Unha das maiores riquezas do municipio son os seus espazos naturáis: o val do Cabe e do Lor, constitúen privilexiadas paraxes que invitan a ser percorridos. Outra das paraxes que merece ser visitada é a ribeira do Sil (Vilachá), onde se encontra un conxunto de adegas tradicionais. Neste caso, ás curiosidades etnográficas se lle une a posibilidade de degustar o viño da zona. Xa lindando coa Serra do Courel, encóntrase Parada dos Montes, núcleo cheo de curiosidades: os tellados das construcións están unidos ou superpostos para poder circular os días de inverno cando as nevadas illaban o lugar, e para protexelo dos ataques dos lobos. Unha vez máis, a arquitectura tradicional se adapta ó medio físico.

Rutas e visitas

  • Ruta dos Catro Cabaleiros: ata a Mesa dos Catro Cabaleiros, no límite entre os concellos da Pobra do Brollón, O Incio, Samos e Folgoso do Courel.
  • Ruta do Lor e Ponte da Barxa
  • Adegas de Vilachá
  • Camiño de Santiago, Ruta Sur: ruta pouco coñecida desta popular pelegrinación, que transcurre polo concello.
  • Ruta do Mazo Santigoso e Parada dos Montes
  • Sobreira de Santiorxo: esta árbore varias veces centenaria, ten un diámetro de case 3 metros e un perímetro de 10,80 m. Está no lugar de Santiorxo, na parroquia de Liñares.
  • Casa Grande do Marcón

Áreas recreativas

  • Samugueiros: situada no centro da vila da Pobra do Brollón, conta cun parque infantil, unha pista de tenis, unha piscina no río Saa, un amfiteatro, unha área de picnic e fontes.
  • As Veigas: situada na Mioteira, nas proximidades da Ferreirúa, na pista forestal que vai a Monteagudo. Conta cunha fonte e unha área de picnic.

Instalacións Deportivas

  • Campo de Fútbol Municipal dos Medos: situado preto da Pobra do Brollón, ten unha dimensión de 108m x 69m, é de herba natural e ten iluminación. Neste campo xoga o equipo local, O Brollón.
  • Pavillón Polideportivo Municipal: situado na Pobra do Brollón, na estrada do Outeiro, ten unhas dimensións de 44m x 22m e unha altura de 7 a 10m.
  • Pista de Tenis: situada na área recreativa de Samugueiros.
  • Pista Polideportiva da Ferreirúa: situado na Ferreirúa, ten unha dimensión de 44m x 22m.

Centros culturais

Política

O concello da Pobra do Brollón está governado actualmente polo BNG, con José Luis Maceda Vilariño como alcalde, en coalición co PSdeG-PSOE. A maioría absoluta obténse con 6 concelleiros e o PPdeG obtuvo só 5 concelleiros en 2007, a diferenza do 2003 no que obtuvo 8. Cos 3 concelleiros do BNG e do PSdeG-PSOE chégase ós 6 necesarios para asumir-la alcaldía.

Observamos claramente a gran diminución de concelleiros do PPdeG (de 8 en 2003 a 5 en 2007), o grande augmento do BNG (de 0 en 2003 a 3 en 2007), o pequeno augmento do PSdeG-PSOE (de 2 en 2003 a 3 en 2007) e a pequena diminución de IG, que quedou sen concelleiros (de 1 en 2003 a 0 en 2007).

Alcaldes

Os alcaldes dende 1991 foron:

  • dende 2007: José Luis Maceda Vilariño (BNG)
  • 2003-2007: Manuel Casanova López e David López Goyanes (PPdeG)*
  • 1999-2003: Manuel Casanova López (PPdeG)
  • 1995-1999: Antonio Arias Armesto (PPdeG)
  • 1991-1995: Antonio Arias Armesto (PPdeG)

(*)Na lexislatura 2003-2007, Manuel Casanova López presenta a súa baixa no partido popular e a demisión como alcalde logo de ser condenado por un delito de malversación de fondos públicos. Elexíuse a David López Goyanes do PPdeG en sustitución de Manuel Casanova López con 7 votos do seu grupo e a abstención do PSdeG-PSOE e IG.

Comunicacións

Distancias a outras cidades galegas Km
por estrada
Tempo en
ferrocarril
A Coruña 159 -
Ferrol 177 -
Lalín 79 -
Lugo 65 -
Monforte de Lemos 14 8'
O Barco de Valdeorras 63 52'
Ourense 58 1h 4'
Pontevedra 176 -
Ribadeo 170 -
Santiago de Compostela 135 -
Sarria 27 -
Verín 127 -
Vigo 153 3h 12'
Vilalba 99 -
Viveiro 157 -

O Concello da Pobra do Brollón é un concello bastante ben comunicado na mitade oeste pero na mitade este as comunicacións son dificultosas debido ás altas montañas.

Estradas

O concello da Pobra do Brollón está ben comunicado coas outras comarcas galegas. Pola metade do concello, 2 km o sur da capital, pasa a N-120 que une Logroño con Vigo, unindo o concello con cidades moi importantes como Vigo, Ourense, Monforte, Ponferrada, León, Burgos ou Logroño. Na Estación esta estrada bifúrcase nun ramal (LU-652) que pasando por Bóveda e enlazando nesta coa LU-536 chega á capital provincial, Lugo. Paralela á N-120, vai a estrada autonómica LU-533 que une o concello con Quiroga, Monforte, Chantada e Lalín. Tamén hai outra carretera local importante, a LU-653, que une o concello co Incio, concello co que linda ao norte.

Dentro do concello tamén existe unha amplia rede de estradas locais e pistas asfaltadas que unen toda-las parroquias e aldeas coa Pobra.

Ferrocarril

Polo concello pasa a liña de ferrocarril Palencia-Monforte-A Coruña. Na aldea da Estación, a 2 km o sur da capital, encóntrase unha pequena estación moi utilizada no s.XX pero que agora só serve para trens de media distancia da liña R29. Hai un tren diario cara Vigo, pasando por Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia e Redondela entre outras localidades, e outro cara Ponferrada, pasando por Quiroga, A Rúa de Valdeorras e O Barco de Valdeorras entre outros concellos.

Festividades

Artigo principal: Festividades da Pobra do Brollón

As festas e festividades do concello da Pobra do Brollón son:

  • Festas da Santa Einés, en Parada dos Montes, cara ó 20 de xaneiro.
  • Entroido de Salcedo, en Salcedo.
  • Festas do San Brais, en Ferreiros, o 3 de febreiro.
  • Festas do Santo Antón, na Ferreirúa, o sábado seguinte ao Domingo de Resurrección.
  • Festas do San Xurxo, en Eixón, o 23 de abril.
  • Cata do Viño de Vilachá, o primeiro domingo de maio.
  • Festas do Santo Isidro Labrador, na Estación, o 15 de maio.
  • Festas da Santa Bárbara, en Piño, o primeiro sábado despois da Ascensión.
  • Festas do Corpus, en Veiga, o domingo anterior ao Corpus.
  • Festas do Corpus, na Pobra do Brollón, o domingo de Corpus.
  • Festas do Santo Antón, en Lamaigrexa, en xuño.
  • Festas do Carme, na Labrada, cara ó 15 de xullo.
  • Festas da Santa María Magdalena, na Veneira de Roques, en xullo.
  • Festas de Santiago, en Castroncelos, o 25 de xullo.
  • Festas do Carme, en Óutara, a principios de agosto.
  • Festas do Santo Antón, en Fornelas, o primeiro domingo de agosto.
  • Festas do Salvador, en Vilachá, cara o 8 de agosto.
  • Festas do Ecce Homo, en Ferreiros, o 10 de agosto.
  • Festas da Nosa Señora, en Saa, o 15 de agosto.
  • Festas da Nosa Señora, en Piño, o 15 de agosto.
  • Festas da Nosa Señora, en Pinel, o 15 de agosto.
  • Festas do San Roque, en Castrosante, cara ó 16 de agosto.
  • Festas do Rosario, en Liñares, a mediados de agosto.
  • Festas da Santa Lucía, en Santalla de Rei, o penúltimo sábado de agosto.
  • Festas do San Bartolomeu, en Eixón, o primeiro domingo despois do San Bartomeu.
  • Romaría e Festas do San Vitoiro, na parroquia de Saa, o 27 de agosto.
  • Festas do San Ramón, en Salcedo, o primeiro domingo despois de San Ramón.
  • Festas da Santa Lucía, en Abrence, o primeiro domingo de setembro.
  • Festas dos Remedios, na Ferreirúa, o 8 de setembro.
  • Festas do San Miguel, en Canedo, o primeiro domingo despois do San Miguel.
  • Festas do San Froilán, en Pacios de Veiga, o primeiro sábado despois do San Froilán.
  • Festas do Rosario, en Cereixa, cara ó 5 de outubro.

Pobrenses de sona

Lugares e parroquias da Pobra do Brollón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra do Brollón vexa: Lugares da Pobra do Brollón.

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Ligazóns internas

Véxase tamén


Modelo:VéxaseGalicia

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Pobra do Brollón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google