Tobi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
sigo a tradución do artigo en castelán
Furado (conversa | contribucións)
m Modelo animanga naruto
Liña 1: Liña 1:
{{Animanga personaxe
|nome_gl = Tobi
|nome_xa = トビ
|nome_xa_latino = Tobi
|sexo = Masculino
|data_nacemento =
|idade =
|sangue =
|canon =
|primei_aparicion = Manga: capítulo 280<br>Anime (Shippūden): capítulo 32
}}
{{Animanga personaxe naruto
|serie = [[Naruto: Shippūden]]
|nome = Tobi
|outrosnomes =
|idade =
|altura =
|peso =
|ocupación =
|aldea =
|país =
|mestre =
|equipo =Tobi, [[Deidara]]
|tipoextra = [[Dōjutsu]]
|extra = Sharingan
|relevancia = Importante
|familia =
|seiyu =
|dobrador =
}}
{{Animanga outros|
titulo = Jutsu
|contido =<li>[[Sharingan]]
}}
{{Animanga peche}}
'''Tobi''' (トビ) é un personaxe do [[manga]] e [[anime]] ''[[Naruto]]''. É membro da [[Organización Akatsuki]], o de máis recente entrada, tras a morte de [[Sasori]], ao que substitúe. Inicialmente foi subordinado de [[Zetsu]], pero agora forma equipo con [[Deidara]]. Leva o que foi o anel de [[Sasori]], 玉女 (a virxe), no pulgar esquerdo.
'''Tobi''' (トビ) é un personaxe do [[manga]] e [[anime]] ''[[Naruto]]''. É membro da [[Organización Akatsuki]], o de máis recente entrada, tras a morte de [[Sasori]], ao que substitúe. Inicialmente foi subordinado de [[Zetsu]], pero agora forma equipo con [[Deidara]]. Leva o que foi o anel de [[Sasori]], 玉女 (a virxe), no pulgar esquerdo.


Liña 33: Liña 68:
[[es:Tobi]]
[[es:Tobi]]


[[Categoría:Manga]]
[[Categoría:Naruto]]

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2008 ás 10:54

Perfil
SexoMasculino

|- valign="top" | colspan="2" style="text-align: center; background: #ADD8E6;"| Naruto: Shippūden |- valign="top" | style="background: #e6e9ff;"| Nome real || Tobi |-valign="top"





| style="background: #e6e9ff;"| Equipo|| Tobi, Deidara |-valign="top" | style="background: #e6e9ff;"| Dōjutsu|| Sharingan |-valign="top" | style="background: #e6e9ff;"| Relevancia|| Importante |-valign="top"



|- style="vertical-align: top;" | colspan="2" style="text-align: center; background: #ADD8E6;" | Jutsu |- style="vertical-align: top;" | colspan="2" style="text-align: left;" |

  • Sharingan |} Tobi (トビ) é un personaxe do manga e anime Naruto. É membro da Organización Akatsuki, o de máis recente entrada, tras a morte de Sasori, ao que substitúe. Inicialmente foi subordinado de Zetsu, pero agora forma equipo con Deidara. Leva o que foi o anel de Sasori, 玉女 (a virxe), no pulgar esquerdo.

    Descrición

    Tobi ten o pelo negro e unha máscara laranxa cun deseño en espiral que lle cobre a cara por completo. O centro da espiral sitúase sobre o lugar do ollo dereito. Non leva ningún protector visible, así que non se puido identificar a Aldea Oculta da que provén.

    Ten un carácter atípico: é bromista, grita moito, e é pouco serio para ser un membro de Akatsuki, onde os demais son perigosos criminais e renegados, aínda que durante unha pelexa con Deidara, Pein di que non se enfronte a el ou verá o verdadeiro poder de Tobi. Non se sabe nada do seu pasado antes do seu ingreso na organización, nin sequera do seu período como axente de Zetsu. A pesar de estar sempre de pelexa con Deidara polos seus mal elixidos comentarios, respéctalle, como demostra ao falar con el. A pesar de ameazarlle de morte e, ata atacalo coa arxila explosiva nalgunha que outra ocasión, Deidara pediu desculpas a Tobi por inmolarse, o que demostra certo respecto por el. A Kisame tamén lle cae ben por que segundo as súas palabras "era o único que tiña a habilidade de alegrar unha organización melancólica e aburrida".

    Historia

    Segunda Parte

    O secuestro de Gaara

    Realiza a súa primeira aparición no capítulo 280 do manga tras a batalla de Konoha contra Akatsuki na Aldea da Area, a extracción do Shukaku de Gaara, cando Zetsu e el, en calidade de subordinado, van buscar o corpo de Sasori, para recuperar o seu anel. El é quen atopa a xoia e aprópialla, dicindo que agora que quedou un oco pode entrar en Akatsuki. Unha das metades de Zetsu oponse, pero a outra, a branca, apóialle nisto. Finalmente substitúe a Sasori. Atopou tamén o brazo dereito de Deidara, pero el apareceu para recollelo antes de que Tobi puidese facer nada.

    A nova parella Akatsuki: Tobi e Deidara

    Logo disto, pasou a ser o compañeiro de Deidara, con quen tivo que capturar a Sanbi, o Bijū de tres colas. Do combate só se ve como o monstro persegue a Tobi, e como Deidara fai explotar un dos seus animais de arxila xunto a el para debilitalo. Tras a vitoria do equipo, Tobi afirma que o conseguiron grazas ao seu "poderoso jutsu" non mostrado, aínda que o seu compañeiro discrepa disto xa que Sanbi non posuía a ningún jinchuuriki que o fixese realmente perigoso para eles.

    Sasuke contra Deidara

    Tras a derrota de Orochimaru a mans de Sasuke Uchiha, o seu irmán maior Itachi perfílase como o seguinte obxectivo do Uchiha e o seu equipo Hebi, así pois Akatsuki ponse en estado de alerta, Deidara e Tobi logran atopar a Sasuke antes que ninguén e establecen batalla con el. Nun primeiro momento escóndese del polo medo que lle provocou a mirada de Sasuke ao comparar o seu parecido co de Itachi e ao comezar un combate recibe unha estocada do Chokuto de Sasuke grazas ao seu Sunshin jutsu, pero o estraño *Akatsuki levántase indemne. Deidara toma a iniciativa do combate co seu C1 pero Sasuke logra volver a súa estratexia contra el e facelo retroceder.

    Cando Deidara vese forzado a usar o seu C2, Tobi encárgase de colocar minas baixo o chan con (o que parece) un jutsu do tipo terra (como o que usa Kakashi para esconderse baixo a terra). Logo diso mantense á marxe da pelexa mentres Deidara e Sasuke combaten. Cando o seu compañeiro resulta derrotado polo Uchiha a pesar de usar o seu C4 e suicidarse, Tobi atópase no radio da explosión (2 quilómetros) e o propio Pein dáo por morto cando informa ao resto da organización da derrota de Deidara, Kisame búrlase del e atribúelle a única habilidade de alegrar unha organización tan escura como é Akatsuki.

    Jiraiya contra Pein

    Con todo, o propio Tobi preséntase máis tarde mostrando o seu sharingan ante Konan e di que os ollos de Sasuke excederán aos de Itachi á vez que encomenda a caza do Kyubi a Pein. Despois véselle sentado no Val do Fin cando Jiraiya fala sobre Uchiha Madara e como sospeita da súa responsabilidade no ataque de Kyubi a Konoha xusto antes de iniciar o seu combate.

    Itachi contra Sasuke

    O equipo de Konoha atópase con Tobi cando tratan de seguir a Sasuke (que partiu ao seu enfrontamento co seu irmán Itachi). Naruto intenta derrotalo rapidamente co seu Rasengan, pero os seus jutsus e ataques non fan efecto en Tobi, que toma a dianteira do breve combate e búrlase del.

    As formacións de ataque de Konoha non serven contra Tobi, que parece poder facer desaparecer o seu corpo a vontade, Shino Aburame logra situalo e alcanzalo coa súa Hijutsu Mushidama e drenarlle o seu chakra, cando parece atrapado desaparece (segun Kakashi usando un jutsu espazo-temporal). Zetsu chega para informar da morte de Itachi e a vitoria de Sasuke, Tobi admite prever isto, e disponse a marcharse, nese momento o seu sharingan crúzase co de Kakashi.