Mañón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m ligazóns e erros na caixa de información, - {{Enuso}} (leva máis de seis meses)
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Enuso}}
{{Coordenadas|43_44_10_N_07_42_20_W|43° 44' 10' ' N 7° 42' 20' ' O}}
{{Coordenadas|43_44_10_N_07_42_20_W|43° 44' 10' ' N 7° 42' 20' ' O}}

Liña 64: Liña 65:
==Patrimonio histórico e artístico==
==Patrimonio histórico e artístico==
*'''O Camiño dos arrieiros'''<ref>véxase [http://www.concellodeortigueira.com/turismo/intro3b.php?txt=rota_8&lg=gal Información do Camiño dos arrieiros]</ref>: Camiño que xa poidera ser neolítico<ref>Foi estudado inicialmente por [[Federico Maciñeira]], quen nos di. "...'' por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa"''. Federico Maciñeira (1947: 34)</ref>, que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da [[Serra da Faladoira|Faladoira]] e [[Serra da Coriscada|Coriscada]], unía [[As Pontes de García Rodríguez]] co [[O Porto de Bares, Bares, Mañón|porto de Bares]]. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de [[mámoa]]s, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:

**O primeiro ramal sae perto da cámara de ''Forno dos Mouros'', para as parroquias de [[As Neves, Ortigueira|As Neves]] e [[Devesos]], cara a [[ría de Ortigueira]]<ref>Maciñeira</ref> Ás súas beiras atópase a [[necrópole]] de Muro do Vasco.
**O primeiro ramal sae perto da cámara da mámoa de ''Forno dos Mouros'', para as parroquias de [[As Neves, Ortigueira|As Neves]] e [[Devesos]], cara a [[ría de Ortigueira]]<ref>Maciñeira</ref> Ás súas beiras atópase a [[necrópole]] de Muro do Vasco.
**A segunda bifurcación atópase pasado o pico de Coriscada, xa máis ao norte e diríxese ao [[O Porto de Espasante, Espasante, Ortigueira|porto de Espasante]]. Ao seu rente están as necrópoles situadas en [[Montecalvelo]] e [[Hedrosa]], respectivamente.

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2008 ás 12:17

44' 10' ' N 7° 42' 20' ' O_E_ 0°N 0°L / 43_44_10_N_07_42_20_W, 43° 44' 10' ' N 7° 42' 20' ' O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Mañón
Situación
Xentilicio[1]Mañonés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación1.693 hab.[2][3]
Área82,2 km²[3]
Densidade20,6 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias e 142 lugares[4]
Capital do concelloO Barqueiro
Política (2007)
AlcaldeAlfonso Emilio Balseiro Gómez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Mañón
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes93,69%
Na rede
www.concellomanon.org
editar datos en Wikidata ]

Mañón é un concello da provincia da Coruña, en Galicia. Pertencente á Comarca do Ortegal, esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis de un quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao oeste co río Sor e a ría do Barqueiro.

Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.

Poboación no 2007: 1.693 habitantes segundo o INE (1.765 no 2006, 1.803 no 2005, 1.830 no 2004, 1.848 en 2003).

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Mañonés

Evolución da poboación de Mañón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.459 4.059 4.267 2.976 1.830
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico

  • O Camiño dos arrieiros[6]: Camiño que xa poidera ser neolítico[7], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:

Lugares de Mañón

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.

Lugares turísticos

  • Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.
  • Refuxios:
    • Na parroquia de Grañas do Sor:
      • A Ribeira do Bispo.
      • O Cascón.
    • Na parroquia de Mañón:
      • Ponte Segade.
      • Muíño de Salustio.
      • Fonte Cubelas.
      • Augas Caídas.
    • Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
      • A Furada, coa súa ponte pendurante.
      • Refuxio de Ulló.
  • A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Parroquias

As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Etimoloxía

Sen clarificar; segundo Xosé L. G. Paz, pode provir do nome persoal Mandioni (xenitivo de Mandionus, hipocorístico de Mandius).

Persoeiros de Mañón

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mañón

Véxase tamén

Modelo:VéxaseGalicia

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Mañón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. véxase Información do Camiño dos arrieiros
  7. Foi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen nos di. "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34)
  8. Maciñeira

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.