Rusia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PipepBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: szl:Rusyjo
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: haw:Rūsia
Liña 150: Liña 150:
[[gv:Yn Roosh]]
[[gv:Yn Roosh]]
[[hak:Ngò-lò-sṳ̂]]
[[hak:Ngò-lò-sṳ̂]]
[[haw:Rūsia]]
[[he:רוסיה]]
[[he:רוסיה]]
[[hi:रुस]]
[[hi:रुस]]

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2008 ás 06:14

Modelo:Infobox País

A Rusia (en Ruso: Россия, transliteración: Rossiya), ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiyskaya Federatsiya), é o maior país do mundo, extendéndose por case a metade de Europa e por perto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cais os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Cembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas da Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclue tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Curiles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, Mar de Kara, Mar de Laptev, Mar da Siberia Oriental e Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación co Alasca, co Océano Pacífico, co Mar de Okhotsk e co Mar do Xapón, através do cal contacta co Xapón, ao sur coa Corea do Norte, coa China, con Mongolia, co Casaquistán, co Mar Caspio, co Acerbaixán, coa Xeorxia e co Mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, coa Ucraína, coa Bielorrusia, coa Letonia, coa Estonia, co Golfo de Finlandia, coa Finlandia e coa Noruega. Capital: Moscova

Historia

Artigo principal: Historia de Rusia.

Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na Primeira Guerra Mundial levaron a motíns xeralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou perante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Iliych Ulyanov (coñecido por Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Sovietica Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nacido na Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economia e a sociedade soviética ficaran atufadas en anos posteriores ata que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, mais tarde, ata o fin de 1991, dividiron a antiga URSS en 15 repúblicas independentes. Dende entón, Rusia ten feito esforzos para construir un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituir o ríxido planexamento e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso Ruso, na república da Chechenia.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Rusia.

A Rusia divídese en 89 subdivisións. 49 provincias, 21 repúblicas, 10 distritos autónomos, 6 territorios, 2 cidades autónomas e unha provincia autónoma.

Cada distrito autónomo fai parte dun territorio ou unha provincia, do que parcialmente depende. Os outros tipos de subdivisións son independentes.

Nos últimos anos comezou o proceso de agregación das subdivisións.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Rusia.

Economía

Artigo principal: Economía de Rusia.

Política

O presidente actual da Federación Rusa é Vladimir Putin.

Cultura

Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov, etc.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA