Jorge Garbajosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 87: Liña 87:
[[ja:ホルヘ・ガルバホサ]]
[[ja:ホルヘ・ガルバホサ]]
[[lt:Jorge Garbajosa]]
[[lt:Jorge Garbajosa]]
[[mk:Хорхе Гарбахоса]]
[[pl:Jorge Garbajosa]]
[[pl:Jorge Garbajosa]]
[[zh:乔治·贾巴尤萨]]
[[zh:乔治·贾巴尤萨]]

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2008 ás 18:32

Jorge Garbajosa

Jorge Garbajosa Chaparro (nacido o 19 de decembro de 1977) é un xogador de baloncesto español nacido en Torrejón de Ardoz, Madrid, pertencente ós Toronto Raptors e internacional por España coa selección española de baloncesto. O seu posto na cancha, coas súas 206 cm e 111 kg, é ala-Pivote.

Carreira

Baskonia

Con apenas 16 anos (1993) trasladouse a Vitoria desde Madrid deixando o seu clube, o Mocidade Alcalá, para xogar co Taugrés Vitoria (despois Tau Cerámica) onde creceu como xogador. Tras unha primeira tempada de axuste (a campaña 93/94) pasou ó novo equipo e á nova cidade, Garbajosa logrou co Taugrés Vitoria o Campionato de España Junior a tempada seguinte (a campaña 94/95), sendo un dos artífices principais deste éxito. Isto valeulle para que ó ano seguinte, se lle tivese en conta no primeiro equipo, co que debutou en Liga ACB con 18 anos.

Na súa primeira tempada no primeiro equipo vitoriano (a campaña 95/96) logrou a Copa de Europa e ano tras ano, foi collendo confianza, progresando no seu xogo e sendo un dos habituais nos quintetos iniciais do cadro vitoriano. Na tempada 97/98 logrou o subcampionato de Liga e un ano despois a consecución da Copa do Rei.

Benneton Treviso

Trala campaña 99/00, quizais a mellor de Garbajosa coa elástica branca do TAU, foi representante vitoriano no All-Star da ACB-, tomou a difícil decisión de abandonar a entidade baskonista logo de sete tempadas e facer as maletas rumbo a Italia, onde xogaría no Benetton de Treviso as seguintes catro campañas.

En 2000 tras recibir ofertas Real Madrid, Pau Orthez e Benetton Treviso, Jorge decantouse polo conxunto transalpino porque quería xogar no estranxeiro e a liga italiana parecíalle o suficientemente dura e competitiva como para reivindicarse como xogador. Alí está ás ordes de Mike D'Antoni e explota como xogador conseguindo varios títulos de liga e copa da liga italiana.

Unicaja Málaga

Tras casar, trasladouse a Málaga ó fichar polo Unicaja Málaga que forma un equipo arredor del nun ambicioso proxecto dirixido por Sergio Scariolo. En Málaga demostra Jorge o progreso que tivo desde que catro anos atrás abandonase a nosa liga e chega cargado de humildade e traballo pero cunhas calidades dignas dos mellores xogadores europeos no seu posto. Pronto se converte en ídolo da afección de Málaga e vestido de verde conquista a Copa do Rei a súa primeira campaña (04/05) e un ano despois (05/06) chega a eclosión coa consecución do campionato ligueiro, conseguindo como mérito persoal ser elixido o MVP da final e entrar dentro do Quinteto ideal da ACB.

NBA

Jorge Garbajosa nun partido de Toronto Raptors.

Actualmente é xogador de Toronto Raptors, equipo canadense da NBA onde tamén xoga o español José Manuel Calderón. A súa actuación no ano da súa estrea na NBA foi moi destacada como o demostra o feito de que foi proclamado como sétimo mellor rookie do ano Garbajosa, sétimo mellor 'rookie' da NBA e o que fose elixido no quinteto ideal da competición para xogadores de primeiro ano [1]. Garbajosa mesmo logrou facerse coa distinción de mellor novato do mes de decembro da Conferencia Leste [2], chegando a xogar o All Star co conxunto dos rookies en Las Vegas 2007.

O 26 de marzo de 2007 sufriu unha espectacular luxación de nocello a poucos minutos de terminar o partido que enfrontaba ós Toronto Raptors cos Boston Celtics. Operóuselle cirurxicamente e o seu tempo de recuperación (seis meses) facía perigar a súa participación no europeo de baloncesto que se celebra en España. Finalmente, a pesar de que o 24 de agosto de 2007 os Toronto Raptors fixesen oficial a súa negativa a permitir que o xogador madrileño disputase o Campionato de Europa de Baloncesto coa selección española, este finalmente farao grazas a un seguro médico que cobre os posibles riscos derivados da lesión en favor do seu actual equipo, os Toronto Raptors.

Curiosidades

  • Jorge é fiel seguidor do Atlético de Madrid e realizou o saque de honra no Vicente Calderón tras proclamarse campión do mundo coa selección Española no Mundial de 2006.
  • Cando Jorge ten que efectuar tiros libres, pouco antes de tirar surrurra unhas palabras. Non transcendeu o contido dos famosos susurros, pero el dixo que tiñan que ver cun ser querido.

Clubs

Ficheiro:Garbajosaseleccion.jpg
Garbajosa coa selección española antes do Eurobasket de 2007

Palmarés

Con clubs

  • Campión de España Junior co Taugrés Vitoria. Tempada 1994-95.
  • Campión da Copa de Europa co Taugrés Vitoria. Tempada 1995-96.
  • Subcampión de Liga co Tau Cerámica. Tempada 1997-98.
  • Campión da Copa do Rei co Tau Cerámica. Tempada 1998-99.
  • Campión da Liga de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2001-02 e 2002-03.
  • Subcampión da Euroleague co Benetton Treviso. Tempada 2002-03.
  • Campión da Coppa de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2002-03 e 2003-04.
  • Campión da Copa do Rei co Unicaja Málaga. Tempada 2004-05
  • Campión da Liga co Unicaja Málaga. Tempada 2005-06.

Coa selección española

Nominacións

  • Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003.
  • Nominado MVP da Copa de Italia da tempada 2003-2004.
  • Nominado MVP nacional das xornadas 14, 16, 23 e 27 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nominado MVP nacional dos meses de xaneiro, febreiro e marzo da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nominado MVP da xornada 20 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nominado MVP da xornada 9 da Euroliga na tempada 2004-2005.
  • Nominado MVP da Copa do Rei da tempada 2004-2005.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nominado MVP nacional das xornada 8 e 10 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nominado MVP nacional do mes de xaneiro da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nominado MVP da xornada 16 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da xornada 17 da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP do mes de decembro da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do segundo quinteto da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nominado MVP da Final da ACB da tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal do Mundobasket de Xapón 2006.
  • Nominado Mellor Novato do mes de decembro na conferencia leste da NBA 2006-2007
  • Integrante do mellor quinteto ideal de rookies da NBA 2006-2007

LIgazóns externas

  1. Garbajosa, no quinteto ideal de 'rookies' da NBA
  2. Garbajosa, mellor novato do mes na NBA