Wikipedia:Votacións/Forzar a vista previa aos enderezos IP: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
*aportes ---> achegas
Prevert (conversa | contribucións)
→‎A favor: {{Concordo}}
Liña 20: Liña 20:
#{{Concordo}} --'''[[User:Emilio juanatey|emilio juanatey]]'''<sup>[[User talk:Emilio juanatey|(talk)]]</sup> 21:30, 10 xuño 2008 (UTC)
#{{Concordo}} --'''[[User:Emilio juanatey|emilio juanatey]]'''<sup>[[User talk:Emilio juanatey|(talk)]]</sup> 21:30, 10 xuño 2008 (UTC)
#{{Concordo}} Semella incluso unha medida demasiado tímida pero algo fará. Confiemos no futuro. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 22:03, 10 xuño 2008 (UTC)
#{{Concordo}} Semella incluso unha medida demasiado tímida pero algo fará. Confiemos no futuro. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 22:03, 10 xuño 2008 (UTC)
#{{Concordo}} coa medida e co dito por Lameiro. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 23:21, 10 xuño 2008 (UTC)


===En contra===
===En contra===

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2008 ás 23:21

A Wikipedia é unha enciclopedia libre, accesible e colaborativa, na que todo o mundo pode contribuír. Para colaborar nela non é preciso estar rexistrado, facéndoo de xeito anónimo. Moitas destas contribucións por parte de enderezos IP anónimos son grandes achegas ao proxecto, malia isto, hai persoas que teñen como diversión estragar o traballo doutros colaboradores ou creando artigos lixo, sen ningún tipo de contido enciclopédico nin de interese. Son os chamados vandalismos.

Para reducir este gran problema, que pode levar moito tempo reverter, noutros wikis fan que os usuarios non rexistrados teñan que usar o botón "Amosar a vista previa", facendo que os vándalos teñan menos gana de vandalizar artigos. Aínda así, por suposto que seguirá habendo vandalismos, pero isto axudaría a reducir algo o seu número.

En caso de que esta votación fose aprobada, a medida sería engadir os parámetros expostos en Wikipedia:A Taberna (políticas)#Parámetros na páxina MediaWiki:Common.js.

Votación

A favor

  1. Concordo. Calquera medida para previr vandalismos é boa e fai que non se perda tanto tempo desfacéndoos. --Toliño Fala aquí comigo 17:24, 10 xuño 2008 (UTC)
  2. Concordo. Calquera medida é boa--Hugo22 17:26, 10 xuño 2008 (UTC).
  3. Concordo E preciso que os usuarios vexan cal vai ser o efecto dos seus actos. Con un pouco de sorte, algún se bota atrás. --Shotokan 17:50, 10 xuño 2008 (UTC)
  4. Concordo Paréceme unha medida positiva.--Arco de Rayne 17:54, 10 xuño 2008 (UTC)
  5. Concordo Lansbricae (Ti dirás) 18:28, 10 xuño 2008 (UTC)
  6. Concordo AlberteSi, digame? 18:30, 10 xuño 2008 (UTC)
  7. Concordo --BaNjO tell me 18:42, 10 xuño 2008 (UTC)
  8. Concordo ElviraConversa comigo 19:13, 10 xuño 2008 (UTC)
  9. Concordo --emilio juanatey(talk) 21:30, 10 xuño 2008 (UTC)
  10. Concordo Semella incluso unha medida demasiado tímida pero algo fará. Confiemos no futuro. Pedro --Lameiro (conversa) 22:03, 10 xuño 2008 (UTC)
  11. Concordo coa medida e co dito por Lameiro. --Prevertgl 23:21, 10 xuño 2008 (UTC)

En contra

Neutros

  1. Neutro Creo que é unha medida que non vai axudar a reducir a incidencia dos vandalismos. Creo que, en troques, pode ser un engorro para editores doutros wikis que puntualmente engaden interwikis ou que corrixen datos (aínda que non un engorro tan grande que evite a súa colaboración, pois do contrario votaría en contra). Ao principio pareceume ben a iniciativa, pero despois de cavilala un pouco non estou moi de acordo. --Xabier Cid Conversa 17:55, 10 xuño 2008 (UTC)

Comentarios

  • Xabier, coido que grazas á conta unificada, eses usuarios doutras wikipedias que veñen a engadir iw aquí, non van ter tanto problema. Eu cando menos, se dende a Galipedia accedo á wikipedia catalá (na que nunca me rexistrei) aparezo como se o estivera, e supoño que evitaría así o ter que amosar vista previa obrigatoriamente. Vou comprobalo agora mesmo na wikipedia inglesa, se non teo problema voto concordo. AlberteSi, digame? 18:23, 10 xuño 2008 (UTC) Editei sen problema. AlberteSi, digame? 18:29, 10 xuño 2008 (UTC)
  • En respeto o que di Xabier : a) os que teñen conta global non hai problema. b) antes de ter eu a conta global poís nunca me pareu mal, cando iba engadir algo noutra wiki, de ter que fecar duas veces a edicion e ainda con esto trabuquei alghna vez c) non me parece mal Xabier que ainda que sexa pouca a discrepancia votes en contra, xa que te podes dar conta co teu voto non daña a Galipedia e evita un consenso o 100%. Eu xa vin na wiki francesa que cando o consenso vai polo 100% sen case conversa arredor do tema, algun usuario vota tranquilamente en contra ao final. ElviraConversa comigo 19:22, 10 xuño 2008 (UTC)