Wikipedia:Votacións/Forzar a vista previa aos enderezos IP: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 21: Liña 21:


===Comentarios===
===Comentarios===
*Xabier, coido que grazas á conta unificada, eses usuarios doutras wikipedias que veñen a engadir iw aquí, non van ter tanto problema. Eu cando menos, se dende a Galipedia accedo á wikipedia catalá (na que nunca me rexistrei) aparezo como se o estivera, e supoño que evitaría así o ter que amosar vista previa obrigatoriamente. Vou comprobalo agora mesmo na wikipedia inglesa, se non teo problema voto concordo. [[User:Albert galiza|Alberte]]<sup>[[User talk:Albert galiza|Si, digame?]]</sup> 18:23, 10 xuño 2008 (UTC)
*

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2008 ás 18:23

A Wikipedia é unha enciclopedia libre, accesible e colaborativa, na que todo o mundo pode contribuír. Para colaborar nela non é preciso estar rexistrado, facéndoo de xeito anónimo. Moitas destas contribucións por parte de enderezos IP anónimos son grandes aportes ao proxecto, malia isto, hai persoas que teñen como diversión estragar o traballo doutros colaboradores ou creando artigos lixo, sen ningún tipo de contido enciclopédico nin de interese. Son os chamados vandalismos.

Para poder evitar este gran problema que pode levar moito tempo reverter, noutros wikis fan que os usuarios non rexistrados teñan que usar o botón "Amosar a vista previa", facendo que os vándalos teñan menos gana de vandalizar artigos. Aínda así, por suposto que seguirá habendo vandalismos, pero isto axudaría a reducir algo o seu número.

En caso de que esta votación fose aprobada, a medida sería engadir os parámetros expostos en Wikipedia:A Taberna (políticas)#Parámetros na páxina MediaWiki:Common.js.

Votación

A favor

  1. Concordo. Calquera medida para previr vandalismos é boa e fai que non se perda tanto tempo desfacéndoos. --Toliño Fala aquí comigo 17:24, 10 xuño 2008 (UTC)
  2. Concordo. Calquera medida é boa--Hugo22 17:26, 10 xuño 2008 (UTC).
  3. Concordo E preciso que os usuarios vexan cal vai ser o efecto dos seus actos. Con un pouco de sorte, algún se bota atrás. --Shotokan 17:50, 10 xuño 2008 (UTC)
  4. Concordo Paréceme unha medida positiva.--Arco de Rayne 17:54, 10 xuño 2008 (UTC)

En contra

Neutros

  1. Neutro Creo que é unha medida que non vai axudar a reducir a incidencia dos vandalismos. Creo que, en troques, pode ser un engorro para editores doutros wikis que puntualmente engaden interwikis ou que corrixen datos (aínda que non un engorro tan grande que evite a súa colaboración, pois do contrario votaría en contra). Ao principio pareceume ben a iniciativa, pero despois de cavilala un pouco non estou moi de acordo. --Xabier Cid Conversa 17:55, 10 xuño 2008 (UTC)

Comentarios

  • Xabier, coido que grazas á conta unificada, eses usuarios doutras wikipedias que veñen a engadir iw aquí, non van ter tanto problema. Eu cando menos, se dende a Galipedia accedo á wikipedia catalá (na que nunca me rexistrei) aparezo como se o estivera, e supoño que evitaría así o ter que amosar vista previa obrigatoriamente. Vou comprobalo agora mesmo na wikipedia inglesa, se non teo problema voto concordo. AlberteSi, digame? 18:23, 10 xuño 2008 (UTC)