Indalecio Prieto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48: Liña 48:
Prieto era un firme convencido de que a situación política e social de España en 1936 necesariamente desembocaría nunha guerra civil, e así o escribiu e publicou en diversas ocasións ó longo da primavera dese ano.
Prieto era un firme convencido de que a situación política e social de España en 1936 necesariamente desembocaría nunha guerra civil, e así o escribiu e publicou en diversas ocasións ó longo da primavera dese ano.


Ó pouco de inciarse a guerra, en setembro de 1936, trala caída de [[Talavera da Raíña]], Largo Caballero convértese en Presidente do Goberno, sendo nomeado Prieto ministro de Mariña e Aire.
Ó pouco de inciarse a guerra, en setembro de 1936, trala caída de [[Talavera de la Reina]], Largo Caballero convértese en Presidente do Goberno, sendo nomeado Prieto ministro de Mariña e Aire.


Tralos sucesos revolucionarios de maio de 1937 en [[Barcelona]], cae o gabinete de Largo Caballero e forma goberno [[Juan Negrín]], en principio afín á súa política, sendo Prieto designado ministro de Defensa Nacional, aínda que era consciente (se ben non o dicía) de que a guerra non se podía gañar ó carecer a República do apoio das potencias democráticas extranxeiras (durante o seu ministerio o acceso marítimo para os subministros soviéticos quedou cortado polos ataques dos submarinos italianos, e a fronteira francesa estaba pechada).
Tralos sucesos revolucionarios de maio de 1937 en [[Barcelona]], cae o gabinete de Largo Caballero e forma goberno [[Juan Negrín]], en principio afín á súa política, sendo Prieto designado ministro de Defensa Nacional, aínda que era consciente (se ben non o dicía) de que a guerra non se podía gañar ó carecer a República do apoio das potencias democráticas extranxeiras (durante o seu ministerio o acceso marítimo para os subministros soviéticos quedou cortado polos ataques dos submarinos italianos, e a fronteira francesa estaba pechada).

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2008 ás 11:21

Indalecio Prieto
Datos persoais
Nacemento30 de abril de 1883
 Oviedo
Falecemento11 de febreiro de 1962 e 12 de febreiro de 1962
 Cidade de México
OrganizaciónPartido Socialista Obrero Español
ProfesiónPolítico e xornalista
Na rede
Dialnet: 1624205
editar datos en Wikidata ]

Indalecio Prieto Tuero (Oviedo, 30 de abril de 1883 - Cidade de México, 11 de febreiro de 1962) foi un político socialista español.

Orixes

Aínda que nacido en Oviedo, seu pai Andrés Prieto Alonso era funcionario do concello e a súa nai Constancia Tuero era a súa segundo dona e antiga criada da familia, tras a morte de seu pai en 1888, arruinada e sen a axuda da familia do seu home Constancia foi vivir a Bilbao cos seus fillos, ao non poder costear a educación dos seus filloso, Indalecio e seus irmáns estudaron nun centro relixioso protestante. Autodidacta, viuse obrigado a traballar desde moi novo nos máis diversos oficios para gañarse a vida. Iniciou a súa vida laboral como taquígrafo no xornal La Voz de Vizcaya. Con catorce anos comezou a asistir ó Centro Obreiro de Bilbao, onde se relacionou cos socialistas, e ingresou en 1899 na Agrupación Socialista de Bilbao, integrada no PSOE. Xa convertido en xornalista, empeza a traballar como redactor do xornal El Liberal, do que co tempo chegaría a ser director e propietario, sendo o periódico portavoz das súas opinións políticas.

Entrada na política

Como xornalista, na primeira década do século XX, Prieto convértese en figura destacada do socialismo no País Vasco. Neste traballo aprendeu os recursos da oratoria que tan importantes foron na súa carreira política posterior. Foi fervente partidario da colaboración electoral cos republicanos, a través da que conseguiu os seus primeiros cargos públicos —deputado provincial por Biscaia en 1911— para o que tivo que enfrontarse co núcleo socialista contrario, liderado por Facundo Perezagua, ó que expulsou do partido en 1914. Foi elexido concelleiro no Concello de Bilbao en 1917.

Este é un periodo marcado pola Primeira Guerra Mundial, na que España se mantivo neutral, o que reportou grandes beneficios á industria e ó comercio españois. Pero estes beneficios non se viron reflexados nos salarios dos obreiros, polo que se foi xestando unha gran axitación social, que culminou o 13 de agosto de 1917 co comezo dunha folga xeral revolucionaria que, ante o temor da repetición en España dos feitos acaecidos en Rusia por esas datas, é reprimida duramente mediante a intervención do exército e a detención en Madrid do comité de folga. Prieto, involucrado como estaba na organización desta folga, fuxe a Francia antes de ser detido e xa non volvería ata abril de 1918, despois de ser elexido deputado.

Moi crítico coa actuación do goberno e do exército na Guerra de Marrocos, tivo frases moi duras nas Cortes con motivo do chamado Desastre de Annual de 1921, así como sobre a máis que probable, aínda que non probada, responsabilidade do rei Alfonso XIII na imprudente actuación militar do xeneral Fernández Silvestre nas operacións da zona da comandancia de Melilla.

Dirixente do PSOE

A súa fama como parlamentario aumentou en paralelo á súa influencia no partido, entrando na Executiva do PSOE. Contrario á incorporación do partido á Terceira Internacional, permaneceu no PSOE trala escisión do Partido Comunista en 1921 e 1922.

Oposto á liña de Largo Caballero de colaboración do seu partido coa ditadura de Primo de Rivera, producíronse agrios enfrontamentos entre ambos, o que o levou a apartarse da direción do partido. Neste sentido sempre representou á vertente máis política e parlamentaria do partido fronte ó radicalismo sindical de Largo Caballero.

Ó final da ditadura tomou partido pola República como saída á crise do país, chegando a comparecer, a título personal, ante a oposición de Julián Besteiro, na formación do chamado Pacto de San Sebastián en agosto de 1930, formado por unha ampla coalición de partidos republicanos que se propuña acabar coa Monarquía. Porén, nesta cuestión si que contou co apoio da á liderada por Largo Caballero, xa que este cría que a caída da Monarquía era o único camiño polo que, neses momentos, o socialismo podería acadar o poder.

A Segunda República

Proclamada a Segunda República o 14 de abril de 1931, Prieto foi nomeado ministro de Facenda do Goberno provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora, e participou nos primeiros gabinetes da República, ocupando as carteiras de Facenda entre abril e decembro de 1931, e Obras Públicas ata setembro de 1933, sendo Xefe de Estado Alcalá-Zamora e Xefe do Goberno Manuel Azaña.

Como ministro de Facenda asinou a entrega da Casa de Campo ó Concello de Madrid para uso e disfrute dos veciños da vila, e tivo que facer fronte ás repercusións da crise internacional na economía española, manténdose nunha estricta ortodoxia liberal. Malia todo afrontou a oposición dos empresarios, que desconfiaban del, e a do Banco de España, que se resistía a unha maior intervención do Estado neste organismo.

Sendo ministro de Obras Públicas, continuou e ampliou a política de obras hidroeléctricas iniciadas na época de Primo de Rivera, así como un ambicioso plan de mellora de infraestructuras en Madrid, como o dos enlaces ferroviarios, a construcción dunha nova estación en Chamartín e o túnel de enlace, baixo o chan de Madrid, entre esta estación e a de Atocha (que a prensa opositora bautizou como Túnel de la Risa, nome que persistiu ata hoxe), obras estas que non verían a luz ata moitos anos despois, como consecuencia da Guerra Civil.

O golpe revolucionario de 1934

A crise de setembro de 1933 provocou a saída dos socialistas do Goberno e que concurriran en solitario ás eleccións de novembro. A victoria electoral do centro-dereita e a posibilidad de que a CEDA accedese ó poder orientaron ó socialismo español a preparar a insurrección de outubro de 1934, movemento no que Prieto tivo unha participación moi activa.
A súa propia opinión sobre o golpe revolucionario e a súa participación nel foi exposta publicamente con toda sinceridade anos despois nunha conferencia pronunciada en México e editada máis tarde nun libro da súa autoría:

Me declaro culpable ante mi conciencia, ante el Partido Socialista y ante España entera, de mi participación en aquel movimiento revolucionario [de octubre de 1934]. Lo declaro, como culpa, como pecado, no como gloria. Estoy exento de responsabilidad en la génesis de aquel movimiento, pero la tengo plena en su preparación y desarrollo. Por mandato de la minoría socialista, hube yo de anunciarlo sin rebozo desde mi escaño del Parlamento. Por indicaciones, hube de trazar en el Teatro Pardiñas, el 3 de febrero de 1934, en una conferencia que organizó la Juventud Socialista, lo que creí que debía ser el programa del movimiento. Y yo –algunos que me están escuchando desde muy cerca, saben a qué me refiero– acepté misiones que rehuyeron otros, porque tras ellas asomaba, no sólo el riesgo de perder la libertad, sino el más doloroso de perder la honra. Sin embargo las asumí. [1]

O fracaso do movemento revolucionario conduciuno novamente ó exilio, e abriu a brecha entre caballeristas e prietistas polo control do PSOE e a estratexia a seguir: Prieto representaba un punto de vista moderado dentro do partido e apoiaba a colaboración cos republicanos de esquerda para volver ó poder e como garantía de estabilidade das institucións republicanas. Por isto opúxose ás veleidades revolucionarias da esquerda do partido -reflexadas polo diario Claridad- á radicalización das mocidades é á colaboración co PCE e a CNT.

A Guerra Civil

Prieto era un firme convencido de que a situación política e social de España en 1936 necesariamente desembocaría nunha guerra civil, e así o escribiu e publicou en diversas ocasións ó longo da primavera dese ano.

Ó pouco de inciarse a guerra, en setembro de 1936, trala caída de Talavera de la Reina, Largo Caballero convértese en Presidente do Goberno, sendo nomeado Prieto ministro de Mariña e Aire.

Tralos sucesos revolucionarios de maio de 1937 en Barcelona, cae o gabinete de Largo Caballero e forma goberno Juan Negrín, en principio afín á súa política, sendo Prieto designado ministro de Defensa Nacional, aínda que era consciente (se ben non o dicía) de que a guerra non se podía gañar ó carecer a República do apoio das potencias democráticas extranxeiras (durante o seu ministerio o acceso marítimo para os subministros soviéticos quedou cortado polos ataques dos submarinos italianos, e a fronteira francesa estaba pechada).

Trala caída da Fronte Norte en outubro presenta a dimisión, que non lle é aceptada, aínda que en marzo de 1938, tralo derrumbe da fronte de Aragón e os seus enfrontamentos con Negrín e cos ministros comunistas, sae do goberno.

O exilio

Apártase da política activa o resto da guerra, aínda que acepta unha embaixada extraordinaria en varios países de sudamérica, onde lle sorprende a fin da guerra. Desde o seu exilio en México lidera a fracción maioritaria do Partido Socialista. En 1939 fúndase a Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE), que ten por finalidade administrar os fondos de axuda ós exiliados republicanos e que Indalecio Prieto liderará. En 1945 entra a formar parte do goberno da República no exilio. No congreso de Toulouse do PSOE en 1946 triunfaron as súas teses: condena de Negrín e a súa política, fervente anticomunismo, e colaboración cos monárquicos para restaurar a democracia en España. Porén, a consolidación do réxime franquista invalidou os seus proxectos e o levou a dimitir do seu posto da executiva en novembro de 1950. Morreu en México en 1962.

De si mesmo dixo que se sentía "socialista a fuer de liberal".

Obras

Durante a súa estancia en México escribiu varios libros, entre eles:

  • Palabras al viento (1942)
  • Discursos en América (1944)
  • Cartas a un escultor: pequeños detalles de grandes sucesos (1962).

Notas

  1. Indalecio Prieto, Discursos en América. Confesiones y rectificaciones. Editorial Planeta, Barcelona 1991, páxinas. 112 e 113.

Bibliografía

Predecesor:
Francisco Largo Caballero
Presidente do PSOE
1935 - 1948
Sucesor:
Trifón Gómez