Bruxelas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PipepBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: vi:Bruxelles
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nap:Bruxelles [r5545]
Liña 133: Liña 133:
[[ms:Brussels]]
[[ms:Brussels]]
[[nah:Bruxelah]]
[[nah:Bruxelah]]
[[nap:Bruxelles]]
[[nds:Brüssel]]
[[nds:Brüssel]]
[[nl:Brussel (stad)]]
[[nl:Brussel (stad)]]

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2008 ás 04:56

Bruxelas (en francés Bruxelles, en neerlandés Brussel, en alemán Brüssel) é a capital de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Bruxelas
Ficheiro:BEL Brussels flag.svg
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País Bélxica
Rexión Bruxelas-Capital
Superficie 32.61 km2
Poboación 153.659 (2007)
Densidade 4.440 h/km²
Alcalde Freddy Thielemans
www.bruxelles.be Páxina Oficial
Concello de Bruxelas
Ficheiro:Bruxelas1.jpg
A Gran Praza de Bruxelas

Bruxelas na actualidade

Bruxelas é a principal cidade do concello de Bruxelas, unha dos 19 municipios que compoñen a rexión da capital de Bélxica.

A capital é unha rexión da Bélxica de seu, xuntamente con Flandres e Valonia, mais é un enclave en Flandres. A primeiros de xaneiro de 2006 a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes, a rexión tiña unha poboación de 1.067.162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confere unha densidade poboacional de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1.774 mil habitantes.

Linguas

Bruxelas e unha capital oficialmente bilingüe; unha maioría dos habitantes ten como lingua o francés (85-90 %), e unha minoría importante ten o neerlandés (10-15%).

Historia

Bruxelas, a rexión capital está habitada por belgas de lingua holandesa e de lingua francesa, a pesar do holandés (e as súas linguaxes xermánicas predecesoras) ter sido a lingua histórica de Bruxelas por case toda a súa historia. O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e depois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.

Como en 1830 apenas a alta burguesía e a nobreza (menos de 1% da poboación) tiña dereito a voto, estes grupos quixeron moldear o novo estado de acordo coas súas preferencias. Como resultado, eles tiveron de atraer moitos valóns (de lingua francesa) para traballar nos servizos públicos. Desde este período, a lingua neerlandesa e os flamengos foron discriminados.

Universidades

Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).

Ligazóns externas