Filosofía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
PipepBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: gan:哲學
Liña 342: Liña 342:
[[fy:Filosofy]]
[[fy:Filosofy]]
[[ga:Fealsúnacht]]
[[ga:Fealsúnacht]]
[[gan:哲學]]
[[gd:Feallsanachd]]
[[gd:Feallsanachd]]
[[hak:Chet-ho̍k]]
[[hak:Chet-ho̍k]]

Revisión como estaba o 8 de xuño de 2008 ás 11:13

O Pensador de Rodin

Filosofía é unha palabra derivada do grego - φιλοσοφία - que significa "amor á sabedoría" (philos / sophia). Podese entón traducir o termo "filósofo" como "amigo da sabedoría" (ver amizade no concepto aristotélico). O filósofo é, polo tanto, concebido como aquel que procura o coñecimento puro e non se deixa corromper por sistemas preestabelecidos. A Filosofía busca o cuestionar a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática. Ata o século XVIII-XIX, facía referencia ó conxunto de saberes desinteresados e racionais, que tiñan por obxecto a comprensión xeral do home e do mundo, buscando conclusións sobre as súas causas últimas e bases máis profundas, polo que se diferenza da ciencia, que estuda de xeito único as materias que entran no seu propio campo, dende o punto de vista da súa descrición e explicación. Este foi o carácter polo que a filosofía se diferenza e deixa de ser ciencia a partir do século XIX. As súas disciplinas son a lóxica e a teoría do coñecemento, a metafísica, a estética e a ética. A psicoloxía, o mesmo que as demais ciencias, desenvolveuse a partir da filosofía.

A principal característica que Aristóteles vé nun filósofo é que el non é un especialista. O sophós (o sabio), é un coñecedor de todas as cousas sen posuir unha ciencia específica. O seu ollar derrámase polo mundo, a súa curiosidade insaciable faino investigar tanto os misterios do kosmos como os da physis (a natureza), como as que din respeito ao home e á sociedade. No fundo, o filósofo é un desvelador, alguén que afasta o veo daquilo que está a cobrirnos os ollos e procura mostrar os obxectos na súa forma e posición orixinal, actuando como alguén que atopa unha estatua no fundo do mar coberta de musgo e algas, e progresivamente, afastandoas unha a unha, revelanos a súa forma real.

Para Platón, a primeira actitude do filósofo é admirarse. A partir da admiración faise a reflexión crítica, o que marca a filosofía como busca da verdade. Filosofar é dar sentido á experiencia.

Na actualidade, entre outras múltiples, diferentes e, porén, válidas definicións, pódese afirmar que filosofía é o estudo racional, crítico e obxectivo de todos ou calquera dos achados do pensamento humano. É dicir, a actividade filosófica consiste en pensar razoando sobre aquilo que se atopa ó noso redor: dende a natureza ata os propios mecanismos internos de razoamento. Filosofar é, pois, tanto pensar acerca do mundo como pensar acerca propio pensamento.



Orixes históricas

A Filosofía e profesións liberais

A palabra filosofía gaña, en dimensións específicas de tempo e espazo, concepcións novas e diferentes tornando difícil súa exacta localización.

Historicamente, a filosofía comeza con Tales de Mileto, aínda que este principio histórico sexa máis un punto de referencia que unha discusión xa acabada. Aristóteles escribiu que a filosofía foi posible a través do ocio, pois, tendo resolvidos os seus problemas de vivenda, alimentación, vestuario, e sendo dispensados da necesidade do traballo pesado, os gregos puideron dedicarse á investigación filosófica.

Tales foi o primeiro dos filósofos Presocráticos, ou filósofos da Physis, que buscaban a arché, que era un principio que, alén de ser o principio de todas as cousas, debería tamén compor (ou facer parte de) todas as cousas, e mesmo ser a fin última de todas as cousas.

Platón é quen inicia esta nova linguaxe, a filosofía como a coñecemos, a busca da esencia, a ontoloxía, dos conceptos universais en detrimento do coñecemento vulgar e sensorial. Anteriormente a el, a filosofía era discursada por sabios, era o amor pola sabedoría daqueles que experimentaran a propia ignorancia, concepto, ao que parece, atribuído por Pitágoras.

Por moito tempo a filosofía incluía todo o que era coñecemento, basta ver a vasta obra de Aristóteles, que abranxe desde a física ata a ética. Ainda hoxe é difícil definir o obxecto exacto da filosofía.

Os seus obxectos propios son:

  • Metafísica: Concernente aos estudos daquilo que non é físico (physis), do coñecemento do ser (ontoloxía), do que trancende o sensorial e tamén da teoloxía.
  • Epistemoloxía: Estudo do coñecemento, teoriza sobre a propia ciencia e de como seria posible a apreensión deste coñecemento.
  • Ética: Para Aristóteles, é parte do coñecemento práctico xa que nos mostraría como debemos vivir e actuar.
  • Estética: A procura do belo, a súa conceptuación e cuestionamento. O entendimento da arte.

Correntes e Tópicos


Materialistas vs Idealistas

Os filósofos divídense en dúas grandes correntes: materialistas e idealistas. O termo materialista aplícase a aqueles que cren que o universo (todo o que existe) está formado de materia, inclusive as ideas resultan do movemento da materia (ou da enerxía, que é materia, como mostrou Einstein). Os idealistas son aqueles que cren que existe unha orixe, ou punto de orixe, ou ser superior que creou todo.

Filósofos

da Antigüidade

Presocráticos

do Clasicismo grego

Helénicos

Romanos

Medievais

Renacentistas

Modernos

Contemporáneos

Cronoloxía

Séc. VI a.C. Inicio da filosofía occidental con Tales de Mileto.

Fín do séc. VI a.C. Morte de Pitágoras.

399 a.C. Sócrates condenado á morte en Atenas.

387 a.C. Platón funda a Academia en Atenas, a primeira universidade.

335 a.C. Aristóteles funda o Liceo en Atenas, escola rival da Academia.

324 d.C. O emperador Constantino muda a capital do Imperio Romano a Bizancio.

400 d.C. Santo Agostiño escrebe as Confesións. A filosofía é absolvida pola teoloxía cristiá.

410 d.C. Roma saqueada polos visigodos.

529 d.C. Peche da Academia en Atenas, polo emperador Xustiniano, marca a fín da era greco-romana e consolida a entrada na Alta Idade Media.

Mediados do século XII. Comeza a recepción do Corpus aristotélico en Occidente a partir de traduccións do árabe. Escola de Tradutores de Toledo.

Mediados do séc. XIII Tomás de Aquino escrebe os seus comentarios sobre Aristóteles. Era da filosofía escolástica.

1453 Queda de Bizancio nos Turcos, fin do Imperio Bizantino.

1492 Colón chega á América. Renacimento en Florencia e renovación do interese pola aprendizaxe do grego.

1543 Copérnico publica Sobre as revolucións dos orbes celestes, cun modelo matemático no cal a Terra xira en torno do Sol.

1633 Galileo é forzado pola Igrexa a abxurar da teoría heliocéntrica.

1641 Descartes publica as Meditacións, inicio da filosofía moderna.

1677 A morte de Spinoza permite a publicación da Ética.

1687 Newton publica os Principia, introducindo o concepto de gravidade.

1689 Locke publica o Ensaio sobre o entendimento humano. Inicio do empirismo.

1710 Berkeley publica os Principios do coñecimento humano, levando o empirismo a novos extremos.

1716 Morte de Leibniz.

1739-40 Hume publica o Tratado sobre a natureza humana, levando o empirismo aos seus limites lóxicos.

1781 Kant, despertado do seu "soño dogmático" por Hume, publica a Crítica da razón pura. Inicio da grande era da metafísica alemá.

1807 Hegel publica A fenomenoloxía do espírito: apoxeo da metafísica alemá.

1818 Schopenhauer publica O mundo como vontade e representación.

1867 Marx publica O Capital, unha crítica da ideoloxía burguesa base do pensamento comunista.

1889 Nietzsche, o de dixera "Deus está morto", sucumbe á loucura en Turín.

1900-1901 Husserl publica as Investigacións lóxicas, inicio da fenomenoloxía.

1921 Wittgenstein publica o Tractatus logico-phiosophicus, avogando a "solución final" para os problemas da filosofía.

década de 1920 O círculo de Viena presenta o positivismo lóxico.

1923 Fúndase en Frankfurt o Instituto para a Investigación Social, destinado a discutir a viabilidade histórica do programa marxista revolucionario.

1927 Heidegger publica Ser e tempo, anunciando a ruptura entre a filosofía analítica e a continental.

1943 Sartre publica O ser e o nada, avanzando no pensamento de Heidegger e instigando o xurdimento do existencialismo.

1945 Popper publica A sociedade aberta e os seus inimigos, unha filosofía política oposta ó marxismo.

1953 Publicación póstuma de Investigacións filosóficas, de Wittgenstein. Auxe da análise lingüística.

1960 Hans-Georg Gadamer publica Verdade e método, inicio da Hermenéutica filosófica.

1962 Kuhn publica A estrutura das revolucións científicas, cuestionando os fundamentos das epistemoloxías dominantes.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Perez Carrasco, Francisco Javier e Rodríguez Álvarez, Manuel (1999). A filosofía, outra historia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-314-4. 

Ligazóns externas

Modelo:Link FA