Vespasiano: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ar:فسبازيان |
m bot Engadido: az:Vespasian, tl:Vespasian |
||
Liña 32: | Liña 32: | ||
[[af:Titus Flavius Vespasianus I]] |
[[af:Titus Flavius Vespasianus I]] |
||
[[ar:فسبازيان]] |
[[ar:فسبازيان]] |
||
[[az:Vespasian]] |
|||
[[bg:Веспасиан]] |
[[bg:Веспасиан]] |
||
[[bpy:ভেসপাসিয়ানো]] |
[[bpy:ভেসপাসিয়ানো]] |
||
Liña 73: | Liña 74: | ||
[[sv:Vespasianus]] |
[[sv:Vespasianus]] |
||
[[sw:Vespasian]] |
[[sw:Vespasian]] |
||
[[tl:Vespasian]] |
|||
[[tr:Vespasian]] |
[[tr:Vespasian]] |
||
[[zh:韦帕芗]] |
[[zh:韦帕芗]] |
Revisión como estaba o 5 de xuño de 2008 ás 15:44
Caesar Vespasianus Augustus (17 de novembro de 9 – 23 de xuño de 79), coñecido con anterioridade como Titus Flavius Vespasianus, foi un emperador romano. Subiu ó poder no ano 69, despois de ser nomeado polas lexións de Oriente, en contra do nomeamento de Vitelio. Con este emperador iníciase a dinastía Flavia, destinada a rexir Roma durante un cuarto de século.
Tivo que realizar un moi difícil labor de pacificación, xa que o Imperio estaba nunha auténtica guerra civil dende os tempos de Nerón. Soubo gañar a lealdade do exército, que tornaría nunha peza chave da gobernabilidade. Puxo orde na administración, dando entrada nela á clase ecuestre, e rematar deste xeito co monopolio dos libertos imposto por Claudio, e restableceu a paz.
As feridas morais e materiais das guerras civís pronto desapareceron e Roma entrou nunha etapa de estabilidade.
En Oriente, puxo fin á rebelión dos xudeus. Tito, vinculeiro de Vespasiano, sofocouna, tomou Xerusalén e destruíu o seu Templo (70). Tamén foi necesario cortar de raiz o intento do outrora fiel Marco Antonio Primo, que se propuña independizarse nas Galias. O exército destas provincias e mailo do Rhin foi redistribuído e Tito foi nomeado o seu prefecto.
Vespasiano tivo bo coidado de manter boas relacions co Senado, ó que consultaba tódolos asuntos e no que sentou numerosos representantes da aristocracia provincial, especialmente de Occidente. A sua política respecto ás provincias foi quen de impulsar a romanización, crear novas colonias e estender os beneficios da cidadanía romana. A latina foille concedida cando menos a 120 municipios de Hispania, o cal implicaba que os seus maxistrados, pertencentes na sua meirande parte á clase media local, accedesen á cidadanía romana ao ano de desempeñar o seu cargo.
A actuación dos gobernadores foi rigorosamente fiscalizada para evitar que fixesen abusos sobre dos naturais do país, o cal sempre acababa con reaccións antirromanas e rebelións.
Tamén na orde económica tratou de sanear as finanzas, despois do período de desorde anterior. Esta política, que lle custou a acusacion da avaricia, non tardou en dar os seus froitos e os Estado pronto puido contar con fondos non só para atender os seus orzamentos normais, senón en acometer ambiciosas obras suntuarias como o templo Capitolino e o famoso anfiteatro Flavio, máis coñecido como Coliseo, edificado en parte sobre da Domus Aurea de Nerón, que fora derrubada.
O emperador non quixo correr riscos en aventuras exteriores e renunciou a calquer expansión. A súa preocupación fundamental foi o reforzamento das fronteiras. A conquista dos Campos Decumates, unha rexión xermánica comprendida entre os ríos Danubio e Rhin, explícase como unha zona de seguridade para garantir o dominio sobre as provincias limítrofes.
Tito Flavio Vespasiano morreu no ano 79, despois de ter asociado ao seu fillo Tito ao gober
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Vitelio |
Vespasiano | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Dinastía Flavia |