Día Mundial do Medio Ambiente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Dende 1972, os 5 de xuño de cada ano celébrase o '''Día Mundial do Medio Ambiente''' que foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XX...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2008 ás 22:49

Dende 1972, os 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente que foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972 ca que se iniciou a Conferencia de Estocolmo, Suecia, co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asamble Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza á opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoa para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara temas ambientais, e fomentar a coperación, pois esta garantizará que tódalas nacións e persoas disfruten dun futuro máis prospero e seguro.

O Día mundia do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras.

En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estructuras gubernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

As principais celebracións internacionais no 2006 realizáronse en Arxelia. Ese ano o tema elexido foi Desertos e Desertificación e o lema ¡Non Abandones ós desertos!, enfatizando a importancia de protexer ás terras áridas, as cales representan máis do 40% da superficie do planeta.

En 2007 as actividades foron en Tromsø(Noruega) e o lema escollido foi "O desxeo, un asunto candente Este 2008 a sede será Nova Zelanda, o tema é: ¡Deixa o hábito! Cara unha economía baixa en carbono.


Países sedes do Ambiente

Enlaces externos