Tsung-Dao Lee: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Nova páxina: thumb|200px|right|Tsung-Dao Lee '''Tsung-Dao Le''' (en mandarín: '''李政道''') ( Xangai, China 1926 ) é un [...
 
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nl:Tsung-Dao Lee
Liña 38: Liña 38:
[[ja:李政道]]
[[ja:李政道]]
[[lv:Li Džendao]]
[[lv:Li Džendao]]
[[nl:Tsung-Dao Lee]]
[[no:Tsung-Dao Lee]]
[[no:Tsung-Dao Lee]]
[[pl:Tsung-Dao Lee]]
[[pl:Tsung-Dao Lee]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2008 ás 08:15

Ficheiro:TD Lee-med.jpg
Tsung-Dao Lee

Tsung-Dao Le (en mandarín: 李政道) ( Xangai, China 1926 ) é un físico norteamericano de orixe chinés galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1957.

Biografía

Naceu na cidade chinesa de Xangai o 24 de novembro de 1926. Iniciou os seus estudos de física na Universidade de Zhejiang continuándoos na Universidade Nacional Asociada do Suroeste en Kunming. En 1946 realizou o doutoramento na Universidade norteamericana de Chicago, traballando en Enrico Fermi e Chen Ning Yang.

Investigacións científicas

Xunto a Chen Ning Yang realizou investigacións ao redor da física nuclear, atopando incoherencias no principio de simetría e iniciando o desenvolvemento dunha teoría unificadora da natureza das partículas subatómicas e sobre as interaccións débiles. En 1957 recibiron o Premio Nobel de Física por estas investigacións, sendo os primeiros chineses en conseguir este galardón.

Posteriormente traballou en transicións da fase da mecánica estatística, na física condensada da materia así como na ecuación de Schrödinger.

Co establecemento de relacións entre os Estados Unidos e a República Popular da China Dao-Le puido viaxar até o seu país de nacemento, onde realizou unha serie de conferencias, creando o ano 1998 a Fundación Chun-Tsung Endowment Fund (en mandarín: 秦惠莙--李政道中国大学生见习基金) para promover bolsas para novos estudantes chineses.

Ligazóns externas


Modelo:Premios Nobel de Física