Apuleio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: la:Lucius Apuleius
m bot Engadido: eo:Apuleo
Liña 16: Liña 16:
[[el:Απουλήιος]]
[[el:Απουλήιος]]
[[en:Apuleius]]
[[en:Apuleius]]
[[eo:Apuleo]]
[[es:Apuleyo]]
[[es:Apuleyo]]
[[fi:Apuleius]]
[[fi:Apuleius]]

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2008 ás 06:43

Apuleio (Lucius Apuleius en latín) (123 ou 125 - 180 d.C.), escritor latino de orixe bérber.
Naceu en Madaura, colonia romana de Numidia, fillo dun dun maxistrado provincial. Apuleio formouse en Cartago e posteriormente en Atenas, onde estudou a filosofía platónica. Despois de ser iniciado no culto de Isis, marchou a Roma para estudar oratoria latina. Máis adiante viaxou por Asia Menor e Exipto estudando a súa filosofía e relixión.
Acusado de usar a maxia para conseguir os favores e riquezas dunha viúva, fíxose cargo da súa propia defensa, coñecida como a Apoloxía, onde demostra o seu sentido de humor. O Asno de ouro (ou As metamorfoses) é a única novela en latín que sobreviviu enteiramente, é unha obra imaxinativa, irreverente e divertida que relata as aventuras de Lucio, que durante un dos seus experimentos coa maxia, convértese nun asno; baixo esta aparencia oe e ve gran número de cousas estrañas, ata que Isis devólveo á forma humana. Unha interpolación desenvolve a fábula de Cupido e Psique.