Comarca de Terra de Lemos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Comarca_da_Terra_de_Lemos.png|thumb|right|500px|Situación da Terra de Lemos en [[Galicia]].]]
[[Imaxe:Comarca_da_Terra_de_Lemos.png|thumb|right|500px|Situación da Terra de Lemos en [[Galicia]].]]
A '''Comarca da Terra de Lemos''' está situada ó sur da [[provincia de Lugo]]. A maioria da superficie forma parte da [[Ribeira Sacra]].
A '''Comarca da Terra de Lemos''' está situada ó sur da [[provincia de Lugo]]. A maioría da superficie forma parte da [[Ribeira Sacra]].


Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: [[Bóveda]], [[Monforte de Lemos]], [[Pantón]], [[A Pobra do Brollón]], [[O Saviñao]] e [[Sober]].
Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: [[Bóveda]], [[Monforte de Lemos]], [[Pantón]], [[A Pobra do Brollón]], [[O Saviñao]] e [[Sober]].

Revisión como estaba o 1 de xuño de 2008 ás 14:05

Situación da Terra de Lemos en Galicia.

A Comarca da Terra de Lemos está situada ó sur da provincia de Lugo. A maioría da superficie forma parte da Ribeira Sacra.

Pertencen á comarca da Terra de Lemos os seguintes concellos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

A comarca linda ó norte coa comarca de Sarria, ó oeste coa comarca de Chantada, ó leste coa comarca de Quiroga e, ó sur coas comarcas de Ourense (Ourense) e Terra de Caldelas (Ourense).

  • Poboación: 35.068 hab.


Xeografia

A Terra de Lemos sitúase xeograficamente no sur da provincia de Lugo. Caracterízase polo gran val situado no centro da mesma, o Val de Lemos. Este val contrasta coas altas montañas situadas no leste da comarca pertencentes a Serra do Courel e que sirven de fronteira coa comarca de Quiroga xunto co río Lor. No sur, o río Sil marca a fronteira coa provincia de Ourense, igual que o río Miño no oeste coa comarca de Chantada.

Ríos

Os ríos da comarca pertencen ás cuncas hidrográficas dos dous ríos limítrofes da comarca e á súa vez os máis importantes, ás cuncas do Miño e do Sil. O río máis importante da comarca é o río Cabe, que nace no concello do Incio. Este río que desemboca no Sil era moi importante xa na época romana, cando se abastecían e sacaban ouro deste río. Tamén son importantes os ríos Mao, principal afluente do Cabe, e o río Lor, que fai de fronteira entre as comarcas de Quiroga e Terra de Lemos, afluente do Sil.

  • Miño
  • Sil
  • Cabe, afluente do Sil.
  • Mao, afluente do Cabe.
  • Lor, afluente do Sil.

Montañas

Os principais sistemas montañosos sitúanse no leste (Serra do Courel), entre Bóveda e O Saviñao, no suroeste de Pantón e no sur. Cabe destacar as seguintes montañas, situadas na Serra do Courel, no concello da Pobra do Brollón:

  • Alto da Veneira (1.164 m.)
  • Alto da Serra (1.137 m.)
  • Chao das Lagas (1.060 m.)
  • Alto da Chá (1.021 m.)

Clima

O clima desta comarca é oceánico con tendencias continentais. O clima ten fortes contrastes. Os invernos son longos, húmidos e con xeadas moderadas. As temperaturas chegan a valores por baixo dos -5º e as néboas están presentes regularmente. Os veráns son calorosos e secos, con noites frescas. No verán chéganse a superar temperaturas máximas de 40º, puntualmente; e algunhas noites quedan preto dos 5º.

Comunicacións

A comarca da Terra de Lemos une as estradas e liñas de ferrocarril procedentes da Coruña e Lugo, Ourense e Vigo, e Ponferrada, sendo un gran centro de comunicacións. A estación de ferrocarril é a máis importante da provincia.

Principais estradas

Ferrocarril

Véxase Estación de Monforte de Lemos