Farinxe: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: th:คอหอย |
m bot Engadido: jv:Faring |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[it:Faringe]] |
[[it:Faringe]] |
||
[[ja:咽頭]] |
[[ja:咽頭]] |
||
[[jv:Faring]] |
|||
[[ko:인두 (몸)]] |
[[ko:인두 (몸)]] |
||
[[la:Pharynx]] |
[[la:Pharynx]] |
Revisión como estaba o 31 de maio de 2008 ás 22:33
A farinxe é un tubo musculoso situado no pescozo e revestido de membrana mucosa; conecta a nariz e a boca coa traquea e o esófago. Pola farinxe pasan tanto o aire coma os alimentos, polo que forma parte tanto do aparello dixestivo como do aparello respiratorio. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do cranio ata a 6ª ou 7ª vértebra cervical, situándose diante da columna vertebral.
Partes da farinxe
Farinxe superior: Tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da cavidade nasal. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase cavum, onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do padal. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o oído medio coa parede lateral da farinxe a través da Trompa de Eustaquio. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado fosita de Rosenmüller. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do atlas ou primeira vértebra cervical.
Farinxe media: Tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante ábrese á boca ou cavidade oral a través do istmo das fauces. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola epiglote. Na orofarinxe atópanse as amígdalas palatinas ou anxinas, entre os alicerces palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.
Farinxe inferior: Tamén se chama hipofarinxe ou laringofarinxe. Comprende as estruturas que rodean a larinxe por baixo da epiglote, como os seos piriformes e a canle retrocricoideo, ata o límite co esófago. No medio dos seos piriformes ou canles faringolaríngeos atópase a entrada da larinxe delimitada polos pliegues aritenoepiglóticos.
Funcións da farinxe
A farinxe intervén en importantes funcións como:
- A deglución: É o paso do birlo alimenticio desde a boca cara á farinxe. A este acto denomínaselle vulgarmente como comer (inxerir) e se se fai de forma compulsiva inicialmente pode presentarse unha patoloxía despois de que o alimento sexa dixerido transfórmase en eteroflomobulxionesiris que axuda ó tránsito intestinal.
- A respiración: Por respiración xeralmente enténdese o proceso fisiolóxico indispensable para a vida dos organismos (adoita simplificarse en 'aeróbicos' e 'anaeróbicos' vulgarmente).
- A fonación: A fonación é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles, é dicir, para que exista a comunicación oral.
Músculos da farinxe
- Músculo tensor do veo do padal.
- Músculo elevador do veo do padal.
- Músculo constrictor superior da farinxe.
- Músculo estilofaríngeo.
- Músculo constrictor medio da farinxe.
- Músculo contrictor inferior da farinxe.
- Músculo cricotiroideo.
- Músculo digástrico.
- Músculo hioso.
- Músculo estilogloso.
- Músculo salpingofarinxeo.
- Músculo palatofarinxeo.