Rasmus Rask: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
en:Rasmus Christian Rask
 
Liña 5: Liña 5:
== Biografía ==
== Biografía ==
=== Primeiros anos ===
=== Primeiros anos ===
Rask naceu en [[Brændekilde]], na illa dinamarquesa de [[Illa de Funen|Funen]]. Estudou na [[Universidade de Copenhagen]], onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de línguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da [[biblioteca]] universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en [[língua danesa|danés]], unha "''Introdución á Gramática do islandés e outras antigas línguas nórdicas''", a partir de materias eimpresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferíu reputación sólida.
Rask naceu en [[Brændekilde]], na illa dinamarquesa de [[Fionia]]. Estudou na [[Universidade de Copenhagen]], onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de línguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da [[biblioteca]] universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en [[língua danesa|danés]], unha "''Introdución á Gramática do islandés e outras antigas línguas nórdicas''", a partir de materias eimpresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferíu reputación sólida.


A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á [[Colección Arnamagnæan|Intitución Arnamagnæan]], na que foi empregado como editor do ''Lexicón Islandés'' (1814) de [[Björn Halldórsson]], que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou [[Islandia]], onde residíu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa língua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o estabelecemento en [[Copenhagen]], a comezos de [[1816]], da ''Sociedade Literaria Islandesa'', da que foi o primeiro presidente.
A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á [[Colección Arnamagnæan|Intitución Arnamagnæan]], na que foi empregado como editor do ''Lexicón Islandés'' (1814) de [[Björn Halldórsson]], que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou [[Islandia]], onde residíu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa língua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o estabelecemento en [[Copenhagen]], a comezos de [[1816]], da ''Sociedade Literaria Islandesa'', da que foi o primeiro presidente.

Revisión como estaba o 22 de maio de 2008 ás 23:22

Rasmus Christian Rask

Rasmus Christian Rask (Modelo:Pronunciación danesa: ʁɑsmus ʁɑsɡ̊) (22 de novembro de 1787 - 14 de novembro, 1832), foi un filólogo e lingüísta danés, considerado como un dos fundadores da Gramática comparada.


Biografía

Primeiros anos

Rask naceu en Brændekilde, na illa dinamarquesa de Fionia. Estudou na Universidade de Copenhagen, onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de línguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da biblioteca universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en danés, unha "Introdución á Gramática do islandés e outras antigas línguas nórdicas", a partir de materias eimpresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferíu reputación sólida.

A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á Intitución Arnamagnæan, na que foi empregado como editor do Lexicón Islandés (1814) de Björn Halldórsson, que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou Islandia, onde residíu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa língua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o estabelecemento en Copenhagen, a comezos de 1816, da Sociedade Literaria Islandesa, da que foi o primeiro presidente.

Viaxe a Oriente

En outubro de 1816, Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as línguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhagen. Dirixíuae primeiramente a Suecia, onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a Finlandia para estudar o finés. Estando aínda en Suecia e na língua dese país, publicou a súa "Gramática anglosaxona " en 1817. En 1818, publicou, esta vez en Copenhagen e en danés, o "Ensaio sobre a orixe da Antiga Língua Escandinava ou Islandesa", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras línguas europeas, nomedamente con o latín e o grego. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos Edda, tanto o de Snorri Sturluson como o de Sæmundr, publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.

Desde Estocolmo, marchou, en 1819, para San Petersburgo, onde redactou, en alemán, un artigo sobre "As línguas e as literaturas de Noruega, islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da Vienna Jahrbücher. Desde Rusia, Rask viaxou para Tartaria desde onde alcanzou o Imperio Persa, residindo durante algún tempo en Tabriz, Teherán, Persépole e máis Shiraz. En arredor de seis semanas, aprendeu persa suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.

En 1820 embarcou en Bushire para Bombay, India. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha "Disertación sobre a autenticidade da língua zenda". Desde Bombay viaxou até Ceilán, onde chegou no ano 1821, e moi logo redactou en inglés, unha "Disertación a respeito do mellor método para expresar os sons das línguas da India en caracteres europeos", que foi publicado en Colombo. Rask voltou para Copenhagen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, zendas, palis, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.

Derradeiros anos

Logo da súa volta de Oriente, Rask publicou, en danés, varias obras: "Gramática española" (1824), "Gramática frisona" (1825), "Ensaio sobre a ortografía danesa" (1826), un "Ensaio sobre a Cronoloxía do Antigo Exipto" (1827), "Gramática italiana" (1827), "Cronoloxía xudea antiga con anterioridade a Moisés" (1828). Fixo tamén unha edición da "Gramática danesa para ingleses" de Schneider, e supervisou a tradución da súa "Gramática anglosaxona" (1830) realizada por Thorpe.

Rask faleceu en Copenhagen o 14 de novembro de 1832, na Badstuestraede, nro. 17, onde actualmente hai unha placa que lembra o sucedido. En 1822, dominaba non menos de vintedúas línguas e dialectos, e é sona que estudara só dúas veces a maioría. Os seu numeroso manuscritos foron trasladados á Bibliotec Real de Copenhagen.

Legado académico

Rasmus Rask foi o primeiro en facer notar a conexión entre o antigo nórdico e o gótico con o lituano, o eslavo, o grego e o latín. Tivo tamé a idea orixinal do que se coñeceu logo como "lei de Grimm", que trata sobre a mutación das consonantes no paso do indoeuropeo ao teutónico, aínda que só comparou teutónico, grego e sánscrito.

Karl Verner foi un dos últimos filólogos inspirados en Rask.

Bibliografía

  • Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (Ensaio sobre a orixe do antigo nórdico ou islandés), 1818.
  • Spansk Sproglære (Gramática española), 1824.
  • Frisisk Sproglære (Gramática frisona), 1825.
  • Dansk Retskrivingslære (Enasaio sobre a ortografía danesa), 1826.
  • Italiænsk Formlære (Gramática italiana), 1827.
  • Den gamle Ægyptiske Tidsregning (Cronoloxía do antigo Exipto), 1827
  • Vejledning til Akra-Sproget på Kysten Ginea (Introdución á língua de Accra na Costa de Guinea).
  • Den ældste hebraiske Tidsregning indtil Moses efter Kilderne på ny bearbejdet og forsynet med et Kart over Paradis (Cronoloxía xudea antiga con anterioridade a Moisés consonte as fontes novamente revisadas e acompañada dun mapa do Paraíso), 1828.
  • A Grammar of the Danish language for the use of Englishmen (gramática danesa para ingleses), 1830.
  • Ræsonneret lappisk Sproglære (Gramática sami ou lapona), 1832.
  • Engelsk formlære (Gramática inglesa), 1832.