Ron Gilbert: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2005 ás 02:14

Ron Gilbert é un deseñador, programador e productor de videoxogos, coñecido sobretodo polo seu traballo en varias aventuras gráficas clásicas de LucasArts, incluindo Maniac Mansion e os dous primeiros xogos da saga Monkey Island.

Gilbert medrou nun pobo pequeno en Oregon, sendo fillo dun profesor de física dun colexio. Mentres estaba na escola secundaria, Gilbert aprendeu pola súa conta a programar en linguaxe ensamblador e adicou moito do seu tempo ó desenrolo do seu talento como programador. Comezou a sua carreira profesional en 1983, sendo todavía estudiante, escribindo un programa chamado Graphics Basic con Tom McFarlane. Eles vendérono a unha compañía da bahía de San Francisco chamada HESware (Human Engineered Software). Impresionados co seu traballo, HESware ofrecéulle traballo a Gilbert. Pasou alí medio ano, programando xogos de plataformas para o Commodore 64 (C64). Ningún deles chegou a ser publicado, pola quebra da compañía. Pouco despois, Gilbert uníuse a Lucasfilm Games, que máis tarde convertiríase en LucasArts. Alí gañou a vida facendo conversións para o C64 dos xogos de Lucasfilm para o Atari 800.

En 1985 tivo a oportunidade de desenrolar o seu propio xogo sobre unha escura mansión vactoriana habitada por un científico tolo, a súa lixeiramente retrasada proxenie e extranos extraterrestres. Ron Gilbert e o artista de Lucasfilm Games Gary Winnick tiveron esta idea durante varias conversacións, que logo presentaron á dirección.

Gilbert programou unha linguaxe de script, que recibiu nome polo proxecto para o que fora escrita, Script Creation Utility for Maniac Mansion, máis coñecido como SCUMM.

Maniac Mansion foi lanzado en 1986 (máis tarde para a NES) e tivo un éxito incrible. SCUMM demostrou ser unha base técnica perfecta para aventuras gráficas. Gilbert creou máis xogos para LucasArts usando o seu motor, incluindo o clásico The Secret of Monkey Island, ata que deixou a compañía para fundar Humongous Entertainment con Shelley Day, tamén de LucasArts.

En Humongous Entertainment, Gilbert foi o responsable de xogos como Putt-Putt, Freddi Fish, Pajama Sam e a serie Backyard Sports. Gilbert tamén foi fundador de Cavedog Entertainment e productor de Total Annihilation.

Enlaces externos