Río Wouri: Diferenzas entre revisións
en:Wouri River |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de maio de 2008 ás 22:20
O Wouri (tamén grafado Vouri ou Vuri) é un río de Camerún, que desemboca no Océano Atlántico despois de percorrer 160 km.
Percurso
O Wouri está formado pola confluencia doutros dous ríos, o Ykam e o Makombé, que se xuntan 32 km ao nordeste da cidade de Yabassi. O Wouri flúe a partir de aí por 160 km, en dirección suleste, até formar o seu estuario á par da cidade de Douala, o porto máis importante e o principal centro industrial de Camerún, no sudoeste do país, sobre o Golfo de Guinea.
O río é navegábel por 64 km, augas arriba, a contar desde Douala.
Exploración e nomes
Cóidase que foi o explorador e navegante portugués Fernão do Pó, ou Fernando Poo, o primeiro europeo que se achegou ao estuario do río Wouri, arredor do ano 1472. El e os seus acompañantes notaron a abundancia de camarónss e langostíns que había no río, polo que o denominaron Rio dos Camarões, de aí procede, precisamente, o nome do país: Camerún.
A ponte Bonabéri
Na década de 1950, durante o período colonial, os francese sconstruíron unha ponte sobre o Wouri, que ligaba a cidade de Douala con a de Bonabéri. Dita ponte tornouse nun dos eixos máis importantes para a economía do oeste camerunés, polo intenso tráfico que soporta. En 2004 a ponte sufríu importantes obras de rehabilitación.