Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Votacións a burócrata/Eleccións/Usuario:Albert galiza»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
→‎En contra: tamén en contra
(→‎Neutros: re a M. Lima)
(→‎En contra: tamén en contra)
 
====En contra====
*# {{Discordo}}. '''NON EXISTE POLÍTICA DE ELECCIÓN DE BURÓCRATAS'''. Na miña opinión nen sequera cumpre cos mínimos necesarios para ser considerado un bo administrador, menos o vexo como burócrata. Non ten adoptado unha posición propia nin neutral en moitos dos acontecementos sucedidos na galipedia. Ten por costume non xustificar as súas actuacións cousa que considero perniciosa en grado máximo para o proxecto, e é partícipe coas súas actuacións de que se vulnerasen as poucas políticas aprobadas pola comunidade ata agora (vid. que hai que facer para pedir a demisión dun administrador e o que se permitiu facer co administrador Xosé). Na miña opinión os seus xeitos de actuar son parte importante na consecuencia de que varios editores "bastante" activos abandonasen a edición activa no proxecto.
 
:A parte de todo isto non entendo esta votación en que se basea, nunha norma inglesa? Un administrador elexido por outro administrador é proposto por outro administrador en base a '''unha política non existente de elección de burócratras'''. Un pouco de coherencia ao sistema non lle faría mal ningún. Propor primeiro un sistema de elección de burócratas e despois propor o que se considere. Qué é isto unha aplicación por analoxía da política aprobada para a elección dos administradores? [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 18:29, 18 maio 2008 (UTC)
 
#{{Discordo}} Antes de explicar o meu voto, quería expor dúas premisas previas nas que me baseo nestas votacións, para que se entenda mellor.
* Voto coñecendo soamente unha parte pequena do historial do usuario. Como con calquera proposto a administrador ou burócatra, ten miles de edicións, e por tanto a opinión que nos poidamos formar cada un por forza será parcial e baseada nos momentos concretos que nos atopamos con edicións ou bloqueos seus. O espirito da wiki para os artigos, nos que se obtén máis calidade a partir de moitos usuarios que saben un pouco, que de poucos que saben moito, é extrapolable a estas votacións. Así, é máis democrático un resultado conxunción de moitas opinións parciais, que a análise de poucos usuarios que se tivesen adicado a estudar o historial do candidato. Aínda que algún voto particular puidese resultar inxusto, o resultado global probablemente o sexa. Por iso voto aínda sen coñecer en profundidade o seu historial.
* Considero os cargos de administrador e burócatra como o que son, é dicir, unhas responsabilidades concretas outorgadas a un usuario. Para min non é unha medalla, un recoñecemento, nin nada que se lle pareza. Por iso, aínda valorando un bó traballo, en calidade e cantidade, como usuario, podo non estar de acordo coa súa elección como burócatra ou administrador.
 
Dito isto, expoño os meus motivos persoais. As únicas actuacións que coñezo do usuario como administrador son as seguintes:
* Bloqueo de Lansbricae por un mes. Ao meu entender máis que excesivo.
* Bloqueo de Maañón por un ano. Ao meu entender excesivo, e pouco (máis ben nada) consensuado coa comunidade.
As decisións que tomou, e como as tomou, non me inspiran a confianza suficiente que necesito en alguén que terá as responsabilidaes que ten un burócatra (crear/borrar administradores). Para min o perfil de un burócatra é o de alguén máis cauto con estas decisións, e que prefire pensalo dez veces e consultar cos usuarios antes de tomar unha decisión importante, que o de unha persoa decidida, que cando ningún administrador se mete no marrón, el entra de cheo e expulsa para sempre a un usuario da Galipedia sen preguntarlle a ninguén. Aínda que todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario, e son actuacións non comparables, eu non podería poñer a man no lume porque Alberte non borre un administrador sin preguntarlle a ninguén, visto o que fixo con Maañón. E non podendo estar seguro 100% diso, non quedaría tranquilo con el de burócrata. Así que, en resumo, respetando e valorando o traballo de Alberte e a súa adicación ao proxecto, penso que temos outros administradores cun perfil máis axeitado para ser burócatras. [[Usuario:Miguel.lima|Miguel.lima]] 21:20, 20 maio 2008 (UTC)
 
====Neutros====
2.074

edicións

Menú de navegación