Motocrós: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado foto
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Deporte en progreso}}
{{Deporte en progreso}}
[[Image:MotoX racing03 edit.jpg|thumb|left|250px|]]
[[Image:MotoX racing03 edit.jpg|thumb|right|250px|]]

O '''motocross''' é unha disciplina [[Motociclismo|motociclista]] que se desenvove en [[circuíto]]s sen asfaltar ou en campo a través e na cal os diferentes participantes disputan unha [[carreira]] co obxectivo de finalizar en primeira posición á hora de chegar á [[meta]]. É unha das modalidades máis espectaculares do motociclismo. Combina a [[velocidade]] coa destreza necesaria para controlar a [[motocicleta|moto]] ante as irregularidades naturais (e nalgúns casos artificiais) do [[terreo]], con curvas pechadas, cotarelos, fochancas, cambios bruscos de rasante, cursos de auga e sobre unha superficie de terra que, xeralmente, se atopa enlamada coa finalidade de evitar o perigo que supón o po. Todo iso fai que nas carreiras de motocross se sucedan saltos e derrapes.

Revisión como estaba o 20 de maio de 2008 ás 15:50

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O motocross é unha disciplina motociclista que se desenvove en circuítos sen asfaltar ou en campo a través e na cal os diferentes participantes disputan unha carreira co obxectivo de finalizar en primeira posición á hora de chegar á meta. É unha das modalidades máis espectaculares do motociclismo. Combina a velocidade coa destreza necesaria para controlar a moto ante as irregularidades naturais (e nalgúns casos artificiais) do terreo, con curvas pechadas, cotarelos, fochancas, cambios bruscos de rasante, cursos de auga e sobre unha superficie de terra que, xeralmente, se atopa enlamada coa finalidade de evitar o perigo que supón o po. Todo iso fai que nas carreiras de motocross se sucedan saltos e derrapes.

O motocross demanda moita resistencia e fortaleza física do piloto. Unha moto de cros/enduro de competición é capaz de desenvolver unha aceleración en tramos curtos comparable aos mellores automóbiles deportivos, sen a comodidade de ir sentado e sobre terreo moi áspero; isto deriva nun traballo constante de todos os músculos do corpo, en especial dos brazos e costas. O circuíto español onde recae o mundial de motocrós é Bellpuig (Lleida)

Variantes e derivados do motocross

Co paso do tempo e o avance da tecnoloxía esta disciplina pasou a ser moito máis espectacular, xa que permite saltos máis longos e máis altos e derivou en distintas disciplinas paralelas, como o freestyle ou o supermotard. Esta última é unha disciplina moi similar ao motocross pero que se realiza sobre terreo mixto (asfalto e terra); xa que logo, as motocicletas e o equipamento de protección do piloto son unha mestura entre os de motocrós e de motociclismo de velocidade. A variante do freestyle consiste en que cunha moto similar ás de motocrós(normalmente con motor 250cc de dous tempos) e co gardalama de atras recortado han de facer saltos e acrobacias no aire, canto máis espectaculares máis puntuan e puntuan, aínda máis se as acrobacias fanas sen suxeitar o guiador da moto.

Tamén existe outra disciplina parecida ao motocross chamada "supercross", que se disputa en recintos máis pequenos (normalmente rodeados de tribunas ou interiores de instalacións fixas), e os cotarelos de terra onde os pilotos saltan sobre as súas motos son moito máis grandes e distribuídos especificamente para esta especialidade.

Pilotos de motocross

Galería de imaxes