Alexandre Dumas (fillo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En [[1867]] publicou a súa novela semi-autobiográfica "''L'affaire Clemenceau''", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.
No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En [[1867]] publicou a súa novela semi-autobiográfica "''L'affaire Clemenceau''", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.


Foi elixido membro da [[Academia francesa]] en [[1874]] pese á oposición pertinaz de [[Víctor Hugo]]. En [[1894]] concedéuselle a [[Lexión de Honor]].
Foi elixido membro da [[Academia francesa]] en [[1874]] pese á oposición pertinaz de [[Victor Hugo]]. En [[1894]] concedéuselle a [[Lexión de Honor]].


Estivo enterrado no cemiterio de [[Montmartre]], en París ata setembro de 2002. En honor ao bicentenario do seu nacemento, o seu corpo foi trasladado ao [[Panteón de París]].
Estivo enterrado no cemiterio de [[Montmartre]], en París ata setembro de 2002. En honor ao bicentenario do seu nacemento, o seu corpo foi trasladado ao [[Panteón de París]].

Revisión como estaba o 20 de maio de 2008 ás 11:42

Modelo:Infobox biografía Alexandre Dumas (fillo) foi un novelista e dramaturgo francés nado en París o 27 de xullo de 1824 e falecido o 27 de novembro de 1895 en Marly-lle-Roi.

Biografía

Fillo natural de Alexandre Dumas e Marie-Catherine Labay, costureira, foi, como o seu pai, un autor mundialmente recoñecido. En 1831, o seu pai recoñeceulle legalmente e procuroulle a mellor educación posible na institución Goubaux e a academia Bourbon. As leis, por aquela época, permitíronlle a Dumas pai separar ao fillo da súa nai e a agonía desta inspirou a Dumas fillo nos seus escritos sobre caracteres femininos e tráxicos. En case toda a súa obra enfatizou o propósito moral da literatura e, na súa novela O fillo natural (1858), espuxo a teoría de que aquel que trae un fillo ilexítimo ao mundo, ten a obrigación moral de lexitimizalo e casar coa muller.

Ademais de soportar o estigma da ilexitimidade, Dumas fillo levaba sangue negro. O seu pai era un cuarterón descendente dun nobre francés e unha negra haitiana. Nos internados escolares, Dumas fillo foi sempre vituperado polos seus compañeiros. Todas estas experiencias determinaron os seus pensamentos, comportamento e escritos. No seu primeiro libro de poemas, Pecados de mocidade (1847) denunciaba, dalgunha forma, a vida disipada que levou na súa mocidade, renegando dela.

En 1844, Dumas trasladouse a Saint-Germain-en-Laye para vivir co seu pai. Alí coñeceu a Marie Duplessis, unha moza cortesá que inspiraría a súa novela romántica A dama das camelias (1848). Adaptada como obra teatral, alcanzou tal éxito que animou a Dumas a proseguir coa súa carreira de dramaturgo. Titulouse, en inglés Camille e constituíu a base para a ópera de Verdi, A Traviata (1853). Nas súas obras teatrais, cargadas de ensinos morais, denuncia os prexuízos sociais da época e aboga polos dereitos da muller e os nenos.

En 1864, Alexandre Dumas casou con Nadeja Naryschkine, con quen tería unha filla. Tralo falecemento desta, contraeu matrimonio con Henriette Régnier.

No transcurso da súa vida, Dumas escribiu outras doce novelas e varias obras teatrais. En 1867 publicou a súa novela semi-autobiográfica "L'affaire Clemenceau", considerada por moitos como un dos seus mellores traballos literarios.

Foi elixido membro da Academia francesa en 1874 pese á oposición pertinaz de Victor Hugo. En 1894 concedéuselle a Lexión de Honor.

Estivo enterrado no cemiterio de Montmartre, en París ata setembro de 2002. En honor ao bicentenario do seu nacemento, o seu corpo foi trasladado ao Panteón de París.

Ligazóns externas