Conversa usuario:Xabier Cid: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FCPB (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Wikipedia
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 184: Liña 184:


Pero ante todo debo aclarar un tema: as edicións os artigos que editei en Wikipedia non foron polemicos, nin a súa redacción. Podes comprobar que a suposta polemica provócoa un vandalo que creo ¡¡¡16!!! titeres para dar valor ao seu punto de vista (multiples peticións de referencias, acusacións de plaxio,...) que sempre era o dunha mesma acode que se cara a pasar por moitas.--[[Usuario:FCPB|FCPB]] 18:42, 18 maio 2008 (UTC)
Pero ante todo debo aclarar un tema: as edicións os artigos que editei en Wikipedia non foron polemicos, nin a súa redacción. Podes comprobar que a suposta polemica provócoa un vandalo que creo ¡¡¡16!!! titeres para dar valor ao seu punto de vista (multiples peticións de referencias, acusacións de plaxio,...) que sempre era o dunha mesma acode que se cara a pasar por moitas.--[[Usuario:FCPB|FCPB]] 18:42, 18 maio 2008 (UTC)

==Arquivos ogg==
Ola Xabier. Nunca subín un arquivo de son por, fundamentalmente, ter dúbidas sobre os formatos. Us únicos formatos válidos para son ou música son [[w:Ogg Vorbis|Ogg Vorbis]]/[[w:FLAC|FLAC]]/[[w:Speex|Speex]] ou [[w:MIDI|MIDI]]

O meu descoñecemento é maior seguramente có teu. Eu non sei se todos os formatos ogg son ogg vorbis e, agás o midi, os outros non os coñezo.

Non se me ocorre nada. Síntoo--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 20:38, 18 maio 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 18 de maio de 2008 ás 20:38

Arquivo de mensaxes antigas:
Dende o 06/06/2006
  actual   1     2     3     4     5     6     7     8    

Topónimos estranxeiros

Non pretendo abrir unha nova fronte de debate pero hai cousas que me resultan moi chocantes, polo que sei estamos considerando como fonte para eses topónimos o Galego en liña da Universidade de Vigo, ao tempo que se di que deixa moito que desexar como fonte de referencia pero que non hai outra. Pero eu que non sei moito despois de mirar esa páxina quedei abraiado coas formas que alí se propoñen, aparece unha Abiasia que non pode ser outra cousa que unha malísima tradución do castelán Abjasia e que ademais contradí unha pauta da Real Academia Galega como aparece explicado en Conversa:lingua abkhaza e que ademais contestan desde o SNL da Universidade de Vigo co que eu pregunto quen estableceu os topónimos que aparecen en Galego en liña, parece que non foi o SNL desa Universidade ou polo menos non participou quen contestou (formalmente sei que está feito pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo pero eu non sei que é unha ANL nin se a integran lingüistas como no SNL). Aparece un Cornualle que supoño que será un erro por Cornualles senón non lle vexo explicación. Un Bon que non hai en ningunha outra lingua nin na Galipedia onde temos Bonn, un Wáshington inexplicable xa que procede dun apelido. Hai algún criterio que faga merecedora a esa páxina ser fonte, ou é tan só por non termos outra?--Arco de Rayne 15:01, 6 abril 2008 (UTC) Doume de conta que non é unha pregunta moi aquelada para unha tarde de domingo, e ademais con este sol que hai que aproveitar :)--Arco de Rayne 15:26, 6 abril 2008 (UTC)

    • Grazas pola contestación, tes razón xa aparecerá unha fonte que non teña eses problemas e mentres tanto de se aplicar sen pecharse nela non ten porque ocasionar problemas insalvables.--Arco de Rayne 20:02, 6 abril 2008 (UTC)

Títulos dos modelos

Grazas polo aviso, a partir de agora fareino así. Se o facía doutro xeito (poñéndo entre paréntese o concello) foi porque o vin así nos que xa estaban feitos no Concello de Agolada, que foi a guía que seguín. Saúdos.--Xas (fálame) 13:39, 8 abril 2008 (UTC)

Concellos sevillanos

Pode que teñas razón si, pero de todas maneiras eses artigos só son un comezo e, o máis importante, na wikipedia española en moitos deles carece de maior información que os datos estatísticos. Só é variable o dato da poboación e a densidade, pois o da extensión, coordenadas xeográficas, altitude e distancia á capital provincial non creo que varíen moito. Saúdos!.---Meu rei, 16:53, 9 de abril 2008 (UTC)

Imaxe con orixe en Commons

Ola Xabier Cid. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Vanessafernandes.JPG, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Vanessafernandes.JPG), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.

Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Vanessafernandes.JPG foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.

Un cordial saúdo.

--77.54.127.9 16:40, 10 abril 2008 (UTC)

Borrado

Grazas de novo pola túas indicacións. Saúdos. --Xas (fálame) 21:25, 10 abril 2008 (UTC)

País desaparecido

Ola Xabier. Si, boa idea iso de poñercho na túa conversa ;), como ves non estou moi posto aínda con todas estas cousas, pois iso, no problem, o que pide excusas son eu por non avisar do que se estaba a facer, a verdade pensei que me ia levar menos tempo e ademáis que ia pasar inadvertida como mostra da miña incompetencia :D, a ver se pouco a pouco vou collendo o truco. Veña, grazas e un saúdo.--Alexandros 10:48, 11 abril 2008 (UTC)

Re:Imaxe

Non fun eu quen colocou esa etiqueta. Posiblemente fose o mesmo usuario que subiu a imaxe a Commons. A etiqueta era incorrecta, xa a cambiei, en vez de poñer {{SubidaACommons}} puxo {{NowCommons}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:10, 11 abril 2008 (UTC)

Oskar Schindler

Xabier, bota un vistazo a Conversa:Oskar Schindler e conclúe se podemos poñer 1.100 (por simplifica-los 1.098) ou se son 1.200 (se engadimos a eses os 80 do hospital). O único que entendo das referencias que atopou Arco de Rayne é que non podemos falar de "xudeos polacos" porque tamén os había doutras nacionalidades, se ben case todos eran polacos. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 11 abril 2008 (UTC)

Explícome mellor, Xabier: chamoume a atención a discrepancia das cifras e fago a chamada para que alguén o comprobe. Arco de Rayne tómase o traballiño de buscar e achega esa puntualización, indicando dous enlaces onde poder confirmalo. Xa sabes os meus coñecementos de inglés e non acabo de enterarme do que din esas webs, polo que sigo sen saber se ó final son 1.098 (é dicir, uns 1.100) ou 1.098+80 (é dicir, 1.200). Quero dicir que non chego a entender se eses 80 están xa contados ou non dentro daqueles 1.098. Nun listado que vén neses enlaces aparecen numerados os presos (en liñas), e ningunha cifra chega a 1.000. O que che pedía era que ti, como o meu tradutor oficial, leas esas páxinas e saques a conclusión que proceda, para unifica-la cifra. Sei que, en realidade, pouco importa que sexan 1.100 ou 1.200, pero non podemos da-las dúas cifras, unha ó principio e outra ó final. Veña, Xabier: dedícalle 10 minutiños e danos unha cifra, aínda que logo poñámo-las explicacións que consideres en nota ó pé. Pedro --Lameiro (conversa) 11:10, 12 abril 2008 (UTC)

Corcubión

Ola de novo, Xabier. Xa vin que amañaches o do futuro alcalde. Eu pola miña banda dediqueime a completar as Eleccións municipais de Corcubión, mais non teño datos das de 1979, só sei que foi Rafael Mouzo nas listas do PTG. Tes algún dato máis para rematalo? Grazas.--PepedoCouto 20:07, 11 abril 2008 (UTC)

Ola outra vez Xabier. Vin o artigo do personaxe e colocácheslle un Modelo:Compre referencia, pois ben, non pode habela porque non ten a titulación. Atopei estes artigo na rede.

As diplomaturas que adornan o seu curriculo, son simplemente cursiños. Agardo que che sirva de algo. Por certo, o artigo de El País é totalmente certo.--PepedoCouto 14:33, 14 abril 2008 (UTC)

Top ten galego

Ola Xabier ! Por ven voltas que dée non esta nas miñas competencias de facer medrar e arranxar os artigos istes. Parece que o que buscan os galeofalantes non é a nosa parte mais boa. Si vexo que ningun especialista se pón intentarie a finales do mes de facer algun arranxiño cavilando cos artigos doutras linguas. Saúdos ElviraConversa con mi 14:06, 13 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. -- Sobreira (parlez) 22:00, 15 abril 2008 (UTC)

Re: aviso de violación de copy no artigo Flor Morales Ramos

Ola, son Skulda, primeiro, síntoo por non ter respondido antes, pero xa hai un tempo longo que non fago case nada na wiki. Estasme a falar dun artigo do 2004, cando eu estaba máis que en cueiros nesto da edición na wiki, e nin tiña memoria de ter feito tal. Pero despois de comprobar os feitos e ver que sí que é certo que o comezara eu, recordei que houbo unha longa tempada onde me adiquei a traducir unha serie de artigos que falaban sobre temas sudamericanos (relacionados coa música e bailes de zonas que a min parécenme demasiado remotas como para meterme nelo) que aparecían todas incluídas en castelán, e inda por riba mal escrito!! Se tal fixen, probablemente foi porque dalgunha maneira estiven en contacto con ese usuario, e me proporía traducilo. Máis tarde, Agremon avisoume de que o bloquearan por eso. Co cal, desculpade que, se ben eu daquelas non tiña idea, agora que xa vou coñecendo algo mellor o funcionamento desta wiki, proporía a eliminación máis que inmediata do artigo!! Skulda 21:05, 16 abril 2008 (UTC)

Voulle botar unha ollada. Pero se o cambio como dis é significativo, ti mesmo podías tirar a etiqueta de copyvio. Iso si, non está mal de que pasems dous por artigos conflitivos coma ese.

Sobre a proposta de revogación, cada día que pasa, creo que ten máis senso (por moito que teña votos que me respalden como administrador). A vida (a marcha da Galipedia) ten que seguir adiante e a algúns acabaranos comendo.

Amólame seguir como administrador cun único motivo: hai administradores e usuarios que queren que siga. Pero é que non encontro máis motivos ca ese e que pensar que lle debo algo a algúns que estivern antes e a outros que, inda estando despois, están comigo.

Pero non me dou reciclado. Non me gusta no que se converteu isto, e por iso creo que sobro neses labores. Non vou abandonar a Galipedia, pero creo que é mellor para todos que sexa un usuario común. É o único que quixen manifestar.

Agradeceríache que me botases unha man e que escribises (se é que tes máis dominio de inglés ca min) un texto que me servise para renunciar á administración da Galipedia, pero un texto no cal quedase claro que non renuncio á administración de Commons, de Galilibros ou do Galicionario (o demais dáme igual). Se tivese ese texto e se lembrase onde editalo (non sei, non lembro, inda que Xelo mo dixera cando por primeira vez pensei en facelo), posiblemente xa o tivese feito.

Non quero con iso asegurar que vou renunciar, pero si podo asegurar que se tivese ese texto xa non sería fai tempo adinistrador e que, téndoo, non creo que dure demasiado, inda que non podo aseguralo.

Sigo dicindo que o que fago podo facelo como usuario, non preciso a administración. Non borrarei imaxes, pero marcareinas como copyvio. Pola contra, quitareime unha carga de enriba, e unha responsabilidade referida á marcha do wiki. E ademais, posiblemente sexades máis libres sen min, sen unha voz que distorsione.

Non me molesta no máis mínimo que poidas votar a favor da miña revogación. Se ti mesmo. Se votas a favor, concordas comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:18, 27 abril 2008 (UTC)

imaxe da semana

ola! se aínda estás conectado, podes pór unha imaxe da semana? sei que non está ben saltar as normas, pero peor está a ligazón en vermello. A semana pasada solucioneino antes das 12 da noite, pero esta vez non me deu tempo. Un millón. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:43, 28 abril 2008 (UTC)

Boas, acepcións

Boas Xabier Cid, vin que estiveches modificando o artigo Aquila, con toda razón posto que ten varias acepcións, precisamente desto queria falar, como tendes establecidos os criterios para por varias acepcións dunha palabra?, que se debe facer cando sabes que un tema ten varias acepcións? O caso é que estou con artigos de astronomía e esto pasa a cotío, por ex. sagitario, tes o zodíaco, o mito, a constelación .... Se me podes aclara-lo tema, mellor ca mellor.--Xabier (fálame 10:27, 30 abril 2008 (UTC)

Máis de Homónimos ...

Quedoume todo claro pero coma xa che comentei practicamente tódolos artigos que estou a facer teñen varias ou moitas acepcións e homónimos, a quen lle poderia pedir que me botase unha man? por que traducir e compila-los artigos dende varias wikis leva tempo e hai que romperse bastante a cabeciña por que hai que ir recollendo de varios sitios; se alguén me puidese ir facendo ás páxinas de homónimos pois podería levar máis da man o traballo coas constelacións.--Xabier (fálame 10:59, 30 abril 2008 (UTC)

Francia

Ola Xabier, gustaríame perdirche un favor, aínda que sei que tes moitas cousas que facer. Elvire e máis eu estamos traballando na tradución do artigo Francia a partires da versión da fr:France. Polo de agora traducimos os apartados de Historia, Política e Divisións administrativas. Gustaríanos que fose un artigo de certa calidade, compre que alguén o revise de cando en vez. Podería botarlle unha ollada?--Hugo22 11:54, 30 abril 2008 (UTC)

Os artigos conposibles homónimos

Ben, a decisión de coma face-los artigos de homónimos ou as redirecións dos artigos que fagan falla facer, deixocha a ti que sabes desto moito máis ca eu; estes son os nomes dos artigos que fixen ou fedellei neles e que creo que deberían ter un artigo de homónimos (ou acepcións), Virgo, Aries (constelación), Antínoo (constelación), Andrómeda (constelación), Apis (constelación), Auriga (constelación), Aquarius (constelación). --Xabier (fálame 05:07, 1 maio 2008 (UTC)

Si, tiña pensado tamén eu ir facendo algo, ademáis non ten por que ser de inmediato ;--Xabier (fálame 14:20, 1 maio 2008 (UTC)

Outra preguntiña, As categorias quen as fai ou coma se fan???

Non sei se estou facendo ben co dos homónimos ... pero coma case tódolas constelacións (por non dicir todas) teñen coma mínimo o mito e a constelación, ademáis case sempre varias acepcións máis, pois eu por adianto xa lles poño a todas aquelas constelacións que teñen mito ou se refiren a un animal, obxecto, ect... o de (constelación), xa que vai ter varios homónimos, tamén ó mellor podería ser maís aclaratorio por unha redirección intermedia có nome da constelación en galego (xa que tódalas constelacións teñen os nomes en latín), por ex., A Balea (constelación) e redirixir a Cetus (constelación).--Xabier (fálame 21:42, 7 maio 2008 (UTC) Por certo, agora hai que cambia-las ligazóns que habia noutros artigos doutras linguas e estes artigos, non?

Menos mal que os bots cambian esas ligazóns, por que eran unha burrada delas; e haber se lle pillo xa o toque ós homónimos do copón .....--Xabier Cancela (fálame 23:18, 7 maio 2008 (UTC)

numeración dos papas

ola! deixei unha mensaxe na Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Papas, e me gustaría que ti e Alberte lle botáralledes un ollo. Graciñas. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:12, 8 maio 2008 (UTC)

boxeo

boa noite! non vin o combate, escoitei na radio, e deron a entender que nin el sabía de onde lle viñan os golpes... En todo caso mañá mirarei na prensa (supoño que na web da Voz de Galicia porán algo) e se pode facer unha "crónica" da velada. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:19, 10 maio 2008 (UTC)

lixo

bo día!

entendo. moitas veces tamén borraba o contido se estaba en castelán, ou se non tiña nada que ver co asunto. Co das fusións, e tal, aínda me fago un lío. Ás veces (como Conca do Sil), non o propoño para fusionar porque non creo que aporte nada novo ó artigo principal. Outras (como Leis de Newton) por que non o teño nada claro.

En fin. Graciñas. Seguimos aprendendo. Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 05:36, 14 maio 2008 (UTC)

cuestionario

ola Xabier! Ofrézome para responder ó cuestinario. Se aparece alguén máis, fantástico. Deixo comentario-proposta onde dixeches o asunto. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:19, 14 maio 2008 (UTC)

Gabita

Ola Xabier Cid. Ando clasificando imaxes e atopei algunhas dunha gabita feitas por ti (Imaxe:PolosGabita.JPG, Imaxe:Gabita.JPG, Imaxe:Gabita2.JPG, Imaxe:OvosGabita.JPG), ia poñelas na categoría Imaxes de animais de Galicia pero non sei se estou no certo. Podesme confirmar se foron feitas en Galicia? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:07, 17 maio 2008 (UTC)

Grazas pola resposta. Haberá que preguntarlle aos pais onde naceron, cando demos con eles ;-) Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:12, 17 maio 2008 (UTC)

inclusionista !

Ola Xabier ! Eu propuxen o artigo augardente para borrar rapido non por falla de formato wiki pero por ser unha opinion mui persoal do sentido enciclopedico, por demais o día das letras galegas, día para porse de escaparate (lol). Vou amañar un pouco a cabeceira co artigo de es:aguardiente. Xa sabes si non está ben podes revertir, eu non son de guerra e teño moita confianza no teu xuicio. Encantada de cruzarte un día tan bonito coma hoxe D: ElviraConversa comigo 20:47, 17 maio 2008 (UTC)

Por demais quedanme dubidas :
  • vé os artigos franceses fr:aguardiente; fr:eau-de-vie, os artigos en castelán e en ingles que lle corresponden !
  • logo ainda me queda a dubida de sempre : como conta esto a lingua galega ???

De verdade Xabier deixote xuez. E é unha boa cousa que se conserve o artigo, ainda que teña que millorar. Saúdos ElviraConversa comigo 21:47, 17 maio 2008 (UTC)

Ola

Son un colaborador habitual de Wikipedia en español. Nela estou rexistrado co mesmo nome. Son membro do Foro Cultural Provincia do Bierzo. Especialízome en artigos referentes ao Bierzo, sobre todo de historia.

Corrixín ese artigo porque non é correcto. Non existía o Reino de León mentres O Bierzo foi provincia (é máis houbo unha tempada que estivo unido a Lugo.

Doutra banda, ese mapa non é correcto. Nin a división territorial (falta Palacios del Sil) nin o nome "llion" que non está recoñecido por ningunha institución excepto polo Concello de León, que por suposto non é quen para decidir normas ortograficas e que casualmente está gobernado polos promotores desa denominación, a UPL.

Se mo permites gustaríame subir un mapa correcto e outra imaxe que indica a situación do Bierzo. --FCPB 01:31, 18 maio 2008 (UTC)

Acabo de recibir a túa mensaxe.
Quen debe demostrar a existencia é o usuario que afirma que existiu. Non pode existir unha referencia dicindo que non existía.
De todas as maneiras tes esta páxina de Wikipedia na que podes ver que o Reino de león desapareceu moito antes de 1822 [3]
Perdon se o meu galego non é moi bo.--FCPB 01:40, 18 maio 2008 (UTC)
Gustaríame engadir estas dúas imagenes:
Imaxe:sit_bierzo.jpg
Image:Mapa do Bierzo.jpg

Pregunta

Teño dúas pregunta:

Podo traducir os artigos que creei en Wikipedia?

Quen pode axudarme a corrixir a miña tradución?--FCPB 02:07, 18 maio 2008 (UTC)

Wikipedia

Ola.

Falaremos máis detidamente máis adiante.

Pero ante todo debo aclarar un tema: as edicións os artigos que editei en Wikipedia non foron polemicos, nin a súa redacción. Podes comprobar que a suposta polemica provócoa un vandalo que creo ¡¡¡16!!! titeres para dar valor ao seu punto de vista (multiples peticións de referencias, acusacións de plaxio,...) que sempre era o dunha mesma acode que se cara a pasar por moitas.--FCPB 18:42, 18 maio 2008 (UTC)

Arquivos ogg

Ola Xabier. Nunca subín un arquivo de son por, fundamentalmente, ter dúbidas sobre os formatos. Us únicos formatos válidos para son ou música son Ogg Vorbis/FLAC/Speex ou MIDI

O meu descoñecemento é maior seguramente có teu. Eu non sei se todos os formatos ogg son ogg vorbis e, agás o midi, os outros non os coñezo.

Non se me ocorre nada. Síntoo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:38, 18 maio 2008 (UTC)