Zum ewigen Frieden: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Paz eterna movida a Zum ewigen Frieden: Ese é o título correcto
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Sobre a paz perpetua é unha obra filosófica de [[Immanuel Kant]].
'''Zum ewigen Frieden''' (''Sobre a paz perpetua'') é unha obra filosófica de [[Immanuel Kant]].


Si existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea vacía senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.
Si existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea vacía senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.
Liña 12: Liña 12:


==Resumo==
==Resumo==
O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en [[1975]], é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.
O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en [[1795]], é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.


Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.
Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.

Revisión como estaba o 16 de maio de 2008 ás 11:47

Zum ewigen Frieden (Sobre a paz perpetua) é unha obra filosófica de Immanuel Kant.

Si existe un deber e ó mesmo tempo unha esperanza fundada de que fagamos realidade o Estado dun dereito público, aínda que soamente sea unha aproximación. A paz perpetua, que se deriva dos ata agora mal chamados tratados de paz, non é unha idea vacía senón que unha tarefa que se irá resolvendo pouco a pouco ata acadar o seu fin.

Estrutura

"Sobre a paz perpetua", preséntase como un tratado estruturado es dúas seccións: A primeira contén seis artículos preliminares e a segunda, tres artículos definitivos para a paz perpetua entre os Estados.

Consta tamén de dous anexos ou apéndices:

1. Sobre a discrepancia entre a moral e a política dende a perspectiva da paz perpetua.
2. Da harmonía da política coa moral segundo o concepto trascendental do dereito público.

Resumo

O tema exposto neste ensaio filosófico “Sobre a paz perpetua” , publicado en 1795, é a posibilidade de lograr a paz efectiva e xusta no mundo. Kant establecerá unhas condicións obxectivas, xurídicas e políticas para que os Estados abandonen o militarismo e as ambicións territoriais. Deste xeito os Estados tentarán buscar a cooperación e a hospitalidade entre os pobos.

Kant considera que para conseguir a paz perpetua é necesario abolir ao exército así como crear unha Constitución republicana en cada Estado. Kant pretenderá que todos os Estados busquen a paz honestamente.

Primeiro artigo para a paz perpetua: A Constitución de todo Estado debe ser republicana

O estado de paz entre os homes que viven xuntos non é un estado de natureza senón que é un estado de guerra no que as hostilidades están presentes en calquera momento. Para Kant a Constitución republicana é a encargada de buscar a paz perpetua. Esta Constitución establece os seguintes principios:

1- A liberdade dos membros dunha sociedade.
2- A dependencia de todos respecto a unha única lexislación común.
3- A lei de igualdade entre todos os súbditos en canto cidadáns.

Pero aínda así esta Constitución precisará o consentimento de todos os cidadáns para decidir se haberá guerra ou non.

Polo contrario, nunha Constitución na cal o súbdito non é cidadán, é dicir, nunha Constitución non republicana, a guerra é sinxela, xa que o xefe do Estado non é membro do Estado senón o seu dono, polo que a guerra non lle causará ningunha perda.

Segundo artigo para a paz perpetua: O dereito de xente debe fundarse nunha federación de Estados libres

Os pobos poden considerarse segundo a súa natureza individuos que se perxudican uns a outros para manter a súa seguridade. Cada pobo debe esixir ao outro que entre nunha Constitución semellante á civil para garantir os dereitos de cada un. Isto sería unha confederación de pobos. Porén, habería unha serie de contradiccións porque nun Estado necesítase a relación entre un superior (lexislador) e un inferior (o pobo). Polo que moitos pobos nun mesmo Estado pasarían a formar un único pobo e isto non debe ocorrer. De maneira que a única forma que teñen os Estados para conseguir o seu dereito só pode ser através da guerra. Pero, o dereito non pode ser decidido a través dunha guerra nin sequera a través dunha vitoria e un tratado de paz unicamente acabaría coa guerra pero non coa situación de guerra. Ademais o estado de paz non pode establecerse sin un pacto entre os pobos. Así a federación da paz buscará acabar coa guerra mentras que o estado de paz acabaría con todas as guerras para sempre.

A federación mantén a liberdade dun Estado e tamén dos Estados federados para que non se sometan a leis públicas nin a coaccións. Esta idea débena adoptar os outros Estados para acadar a paz perpetua.

Terceiro artigo para a paz perpetua: Hospitalidade universal

A hospitalidade é o dereito de propiedade que teñen todos os homes da superficie da terra. Os homes teñen que soportarse uns a outros e ningún posúe un maior dereito que o outro para estar nun determinado lugar da terra. Polo que ninguén deberá combatir con un estranxeiro que chega a un territorio alleo.

Garantía da paz perpetua

Esta garantía é suministrada pola natureza que persegue unha finalidade: que os homes consigan a harmonía a través do antagonismo. Isto coñécese co nome de destino ou providencia. O termo natureza, como unha teoría é apropiado para os límites da razón humana que debe manterse dentro dos límites da experiencia. Para garantir a paz hai que examinar o modo no que se suministra esa garantía. A organización provisional da natureza consiste no seguinte:

1. Que os homes de todas as partes da terra poidan vivir.
2. A través da guerra levounos ás rexións máis inhóspitas para poboalas.
3. A través da guerra tamén obrigou ós homes a relacionarse legalmente.
  • Para que os homes poidan vivir sobre a terra, a natureza elixiu a guerra como medio. A guerra non necesita motivos especiais porque xa está presente na nosa natureza, incluso é considerada como algo nobre. Todo pobo acha outro pobo inimigo. Polo tanto, a Constitución republicana é a única adecuada para os dereitos dos homes, pero tamén é a máis difícil de instaurar e de conservar. Ademais os homes non están capacitados para unha Constitución tan sublime. Estes aproximan a súa conduta externa á idea de dereito pero non é a moralidade a causa dese comportamento. A natureza quere que o dereito se conserve na súa superioridade. O que non se faga agora rematará facéndose por sí mesmo.
  • A idea do dereito de xente supón a separación dos Estados veciños. Aínda que esta situación é unha situación de guerra, é mellor que a súa unión a unha potencia que controle a todos os demais. Isto tamén faría perder a eficacia das leis xa que aumentarían os territorios a gobernar. Porén, todo Estado persegue a paz duradeira. Pero a natureza emprega medios para diferenciar os pobos causando o odio entre eles e a escusa para a guerra. A pesar de todo, estas diferencias ( lingua e relixión ) conducen á paz.
  • Da mesma maneira que a paz separa pobos tamén os une. Trátase do espiritu comercial que non pode convivir coa guerra. É o poder máis fácil de todos. Os Estados vense obrigados a fomentala paz e evitar a guerra por medio de negociacións.

Artigo secreto para a paz perpetua

O Estado deixará falar libre e pulicamente ós filósofos sobre os principios da guerra e da paz.

Pero, non terá porque conceder prioridade ós filósofos fronte ós xuristas se non que unicamente deberá escoitalos.

Anexo I: Sobre a discrepancia entre a moral e a política respeto á paz perpetua

A moral é unha práctica no sentido obxectivo, un conxunto de leis obrigatorias que debemos obedecer e sobre as que debemos actuar. Non debe existir ningunha disputa entre a moral e a política polo que non hai ningún conflito obxectivamente entre ambas. Porén, esta disputa está presente subxectivamente na inclinación egoísta dos homes e sempre o haberá porque serve de estímulo á virtude. Esta pretenderá vencer a astucia do mal.

O moralista político comete unha inxustiza ó non respetar o concepto de dereito que sería o único que podería conseguir a paz para sempre.

Anexo II: Harmonía da política coa moral segundo o concepto do dereito moral

A incompatibilidade das máximas do dereito de xente coa publicidade dá lugar ó desacordo entre a política e a moral. Este acordo só sería posible coa unión federativa ( que é necesaria e está dada a priori conforme o principio dos dereitos ). A prudencia política ten como fundamento xurídico a instauración desa federación na súa maior amplitude, sen esta finalidade, a habilidade política é ignorancia e inxustiza. Esta política ten:

  • Reservatio mentalis: redactar os tratados públicos de tal maneira que se poidan interpretar de moitos xeitos.
  • O probabilismo: o sometemento doutros Estados pacíficos.
  • O peccatum philosophicum: para conseguir un mundo mellor o Estado pequeno poderá ser conquistado por outro maior.

A política empregará para os seus propósitos unha ou outra rama da moral.

A política coincide coa moral no primeiro sentido, é dicir, sacrificar o dereito dos homes ao superior; pero, no segundo sentido da moral, a política non está dacordo e prefire negarlle toda realidade á moral e entender todolos deberes como actos de benevolencia.

A filosofía faría fracasar a unha política tenebrosa mediante a publicidade das súas máximas ( dereito político, dereito de xentes, dereito cosmopolita ).

Véxase tamén

Ligazóns externas