Roque Cameselle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
É autor, xunto con [[Carlos Díaz Martínez]], do ensaio ''A memoria de Tui'' (2002).
É autor, xunto con [[Carlos Díaz Martínez]], do ensaio ''A memoria de Tui'' (2002).


Dende [[1997]] obtivo varios premios literarios no eido da [[poesía]], do [[relato]] e da novela curta.
Dende [[1997]] obtivo varios premios literarios no eido da [[poesía]], do [[relato]] e da [[novela curta]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 15 de maio de 2008 ás 13:28

Roque Cameselle Capón (Vigo, 1981) é un escritor e director de cine galego.

Licenciado en Comunicación Audiovisual, é profesor de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia, e Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldados sen fortuna (2000) e Amor a Mantis (2003). Na actualidade dirixe, sobre un guión propio, un episodio piloto de quince minutos para unha serie de debuxos animados sobre a historia de Bieito Dubidoso.

Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.

Como narrador publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001), e a novela Bieito Dubidoso (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos: “Ata que malle en min o mencer” (1998), “IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos” (2001), “Nun edificio e catro contos máis” (2002) e “Alma de Beiramar” (2003).

É autor, xunto con Carlos Díaz Martínez, do ensaio A memoria de Tui (2002).

Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.