Roque Cameselle: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) comezo a pax |
Xas (conversa | contribucións) + datos |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
Como narrador publicou ''O Pausiñas'' (2001), relatos; e ''Bieito Dubidoso'' (2003), novela. Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos: “Ata que malle en min o mencer” (1998), “IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos” (2001), “Nun edificio e catro contos máis” (2002) e “Alma de Beiramar” (2003). |

É autor, |
É autor, xunto con [[Carlos Díaz Martínez]], do ensaio ''A memoria de Tui'' (2002). |
||
Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta. |
Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta. |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2008 ás 22:50
Roque Cameselle Capón (Vigo, 1981) é un escritor e director de cine galego.
Licenciado en Comunicación Audiovisual, é profesor de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia. Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldados sen fortuna (2000) e Amor a Mantis (2003). Na actualidade dirixe, sobre un guión propio, un episodio piloto de quince minutos para unha serie de debuxos animados sobre a historia de Bieito Dubidoso.
Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
Como narrador publicou O Pausiñas (2001), relatos; e Bieito Dubidoso (2003), novela. Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos: “Ata que malle en min o mencer” (1998), “IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos” (2001), “Nun edificio e catro contos máis” (2002) e “Alma de Beiramar” (2003).
É autor, xunto con Carlos Díaz Martínez, do ensaio A memoria de Tui (2002).
Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |