Solidaridad Obrera (Barcelona): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
*dictadura - ditadura
Liña 22: Liña 22:
Durante a [[guerra civil española|guerra civil]] o periódico chegou a editar 220.000 exemplares, o que o convertiu no periódico de maior tiraxe de España. Dirixíronno nese difícil periodo [[Liberto Callejas]], [[Jacinto Toryho]] e [[José Viadiu]]. Logo sería prohibido pola ditadura [[Francisco Franco|franquista]]. Ata a súa prohibición pasaron pola súa redacción moitos militantes de prestixio como Peiró, [[Francisco Ascaso]], Viñas, Castellà, ou Marianet.
Durante a [[guerra civil española|guerra civil]] o periódico chegou a editar 220.000 exemplares, o que o convertiu no periódico de maior tiraxe de España. Dirixíronno nese difícil periodo [[Liberto Callejas]], [[Jacinto Toryho]] e [[José Viadiu]]. Logo sería prohibido pola ditadura [[Francisco Franco|franquista]]. Ata a súa prohibición pasaron pola súa redacción moitos militantes de prestixio como Peiró, [[Francisco Ascaso]], Viñas, Castellà, ou Marianet.


No periodo de prohibición debido á ditadura reapareceu varias veces clandestinamente. En 1943 e 1944 editouse cunha multicopista. Desde 1945 ata 1947 edítase mensualmente e logo esporadicamente nos anos 1949, 1953 ata 1957, 1958, 1963, 1965, 1966, 1970, 1971 e 1973. Finalizada a dictadura reaparece o 1 de maio de 1976 cunha periodicidade semanal (aínda que algunhas veces foi mensual) como portavoz da CNT de Cataluña con antibaixos na súa calidade. Colaboraron neste periodo de Aisa, Carballo, [[Adolfo Castaños]], Castellas, Correas, García Cano, [[Federica Montseny]], [[Arturo Parera]], Piqueras, Rella, ou Sentís.
No periodo de prohibición debido á ditadura reapareceu varias veces clandestinamente. En 1943 e 1944 editouse cunha multicopista. Desde 1945 ata 1947 edítase mensualmente e logo esporadicamente nos anos 1949, 1953 ata 1957, 1958, 1963, 1965, 1966, 1970, 1971 e 1973. Finalizada a ditadura reaparece o 1 de maio de 1976 cunha periodicidade semanal (aínda que algunhas veces foi mensual) como portavoz da CNT de Cataluña con antibaixos na súa calidade. Colaboraron neste periodo de Aisa, Carballo, [[Adolfo Castaños]], Castellas, Correas, García Cano, [[Federica Montseny]], [[Arturo Parera]], Piqueras, Rella, ou Sentís.


En 2005, baixo a dirección de Jordi Exposito, faise gratuíto, financiándose co apoio económico da militancia, subscriptores, persoas que simpatizan co periódico e as aportacións dos sindicatos que conforman a federación. En 2007 é xunto co [[CNT (periódico)|periódico CNT]] o órgano portavoz da CNT-AIT de España e o de expresión da CNT de Catalunya i Balears. A súa tiraxe establécese en 5.000 exemplares e ten unha edición online en internet.
En 2005, baixo a dirección de Jordi Exposito, faise gratuíto, financiándose co apoio económico da militancia, subscriptores, persoas que simpatizan co periódico e as aportacións dos sindicatos que conforman a federación. En 2007 é xunto co [[CNT (periódico)|periódico CNT]] o órgano portavoz da CNT-AIT de España e o de expresión da CNT de Catalunya i Balears. A súa tiraxe establécese en 5.000 exemplares e ten unha edición online en internet.


==Financiamento e liña editorial==
==Financiamento e liña editorial==
A financiación do periódico realízase mediante o apoio económico da militancia do sindicato, as subscripcións e as aportacións das máis de 20 organizacións sindicais que conforman a ''Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears''. A liña editorial obedece á directriz de dita Confederaci´no Rexional, e soen participar nela os secretarios de prensa dos sindicatos colaboradores como [[Joaquín Ortíz]], [[Victor Bermúdez]], [[Carmen Yeste]], Lluís R.A, [[Just Casses]] e [[Marc Sthele]].
A financiación do periódico realízase mediante o apoio económico da militancia do sindicato, as subscripcións e as aportacións das máis de 20 organizacións sindicais que conforman a ''Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears''. A liña editorial obedece á directriz de dita Confederación Rexional, e soen participar nela os secretarios de prensa dos sindicatos colaboradores como [[Joaquín Ortíz]], [[Victor Bermúdez]], [[Carmen Yeste]], Lluís R.A, [[Just Casses]] e [[Marc Sthele]].


Desde 2005 dirixe ol periódico Jordi Expósito da Federación local de Badalona, sendo responsables da administración Jacinto Núñez e José Mª Sánchez. Ten a súa sede en [[Badalona]].
Desde 2005 dirixe ol periódico Jordi Expósito da Federación local de Badalona, sendo responsables da administración Jacinto Núñez e José Mª Sánchez. Ten a súa sede en [[Badalona]].


A dilatada traxectoria da edición fai deste periódico un medio polo que se pode ver, desde o punto de vista do movemento obreiro, a historia de España desde comezos do século XX. É referente para calquera estudio ou investigación histórica sobre a CNT e as loitas obreiras. Os propios inicios do movemento obreiro español, o periodo do ''pistoleirismo'', a república, a [[revolución social]], a guerra civil, o longo período de dictadura coa represión e o exilio e a recuperación da democracia formal teñen o seu reflexo nas páxinas das súas edicións.
A dilatada traxectoria da edición fai deste periódico un medio polo que se pode ver, desde o punto de vista do movemento obreiro, a historia de España desde comezos do século XX. É referente para calquera estudio ou investigación histórica sobre a CNT e as loitas obreiras. Os propios inicios do movemento obreiro español, o periodo do ''pistoleirismo'', a república, a [[revolución social]], a guerra civil, o longo período de ditadura coa represión e o exilio e a recuperación da democracia formal teñen o seu reflexo nas páxinas das súas edicións.


==Directores==
==Directores==
Liña 56: Liña 56:
* José Viadiu (1939)
* José Viadiu (1939)


;Durante a dictadura de Franco
;Durante a ditadura de Franco
* Mariano Casasús
* Mariano Casasús
* Fontaura
* Fontaura
Liña 72: Liña 72:
* David Becerra (2000)
* David Becerra (2000)
* Marc Sthele (2004)
* Marc Sthele (2004)
* Jordi Exposito (2007)
* Jordi Expósito (2007)


==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==

Revisión como estaba o 10 de maio de 2008 ás 00:01

Modelo:Outrosusos Solidaridad Obrera é un periódico e órgano de expresión da Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears do sindicato anarquista CNT e portavoz dese sindicato en España.

O periódico toma o nome de Solidaridad Obrera da organización que, a principios do século XX, en 1907, reorganizou o movemento obreiro en España baseándose na estructura anterior da Federación de Traballadores da Rexión Española (FTRE). Este nome foi utilizado por numerosos órganos de expresión de movementos anarquistas e sindicalistas revolucionarios de varios paíes do mundo.

O periódico Solidaridad Obrera naceu o 19 de outubro de 1907 en Barcelona, como órgano de expresión da federación Solidaridad Obrera. Permaneceu activo, con diversas vicisitudes dependentes dos momentos históricos que viviu España, ata a actualidade, onde se mantén cunha edición online que comparte cunha de papel cunha tiraxe de 5.000 exemplares repartidos gratuitamente (gratuidade establecida en 2005).

Orixe e historia

O 19 de outubro de 1907 sae á rúa o órgano de expresión que leva o mesmo nome que a federación sindical Solidaridad Obrera. Este sería o periódico referente no sindicalismo anarquista, manténdose ata a actualidade.

Estímase que a idea da fundación foi de Anselmo Lorenzo, quen dirixiría o periódico na súa primeira etapa aínda cando constaba como director Jaime Bisbe. O apoio económico proporcionouno Francesc Ferrer i Guàrdia. Tomouse como base o órgano portavoz da sociedade de camareiros Despertar Social. Na primeira redacción participaron Lorenzo, Moreno, Casasola, Colomé, Grau, Ferrer e Herreros, con Badía na administración, e colaboraban con frecuencia Ricardo Mella, Prat e Loredo. Suspendido o 30 de novembro, reapareció o 13 de febreiro de 1908.

En 1917 Solidaridad Obrera encontrábase desprestixiado e a súa edición non chegaba ós 3.500 exemplares. A súa liña editorial estaba enfrontada ás directrices dos sindicatos cenetistas que os boicoteaban. Nese ano entrou á dirección Pestaña, que o relanzou ata acadar unha tiraxe de 17.000 exemplares. Para logralo Pestaña depurou e clarificou a súa liña editorial e impulsou unha campaña contra Bravo Portillo.

En 1919 trasládase a redacción a Valencia ó non poder editarse en Barcelona. A dirección, esta vez colexiada, recae en Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu. O equipo de redacción formábano Abella, Quílez, Calleja, Amador, Salvador Seguí e Caracena.

En 1923 volve a Barcelona, pero ó ano seguinte é prohibido pola ditadura de Primo de Rivera. O 31 de agosto de 1930 vólvese editar coa axuda económica de libertarios de Manresa e con maquinaria propia. Faise cargo da dirección Joan Peiró e é administrado por Masoni, con Foix, Carbó, Magre e Clará na redacción. Nese tempo chégase a unha tiraxe media de 26000 exemplares. En setembro de 1931 decídese a nova dirección despois dun enfrontamento entre trintistas e faístas, e recae en Alaiz que axiña cedería o posto a Corbella. Desde setembro de 1931 a novembro de 1932 pasaron pola dirección de Solidaridad Obrera sete persoas.

Na república o periódico sufriu grandes avatares. Logo do enfrontamento entre faístas e trintistas sufriu a persecución das autoridades, que chegaron a suspendelo durante 104 días, e se realizaron moitas "recollidas de edición". Chegouse a substituír a cabeceira pola de solidaridad. Polo seu status de portavoz da CNT de Cataluña, reflexáronse nas súas páxinas tódolos actos relevantes que se deron nese periodo, e foron escenario onde se disputaron moitas batallas ideolóxicas.

Durante a guerra civil o periódico chegou a editar 220.000 exemplares, o que o convertiu no periódico de maior tiraxe de España. Dirixíronno nese difícil periodo Liberto Callejas, Jacinto Toryho e José Viadiu. Logo sería prohibido pola ditadura franquista. Ata a súa prohibición pasaron pola súa redacción moitos militantes de prestixio como Peiró, Francisco Ascaso, Viñas, Castellà, ou Marianet.

No periodo de prohibición debido á ditadura reapareceu varias veces clandestinamente. En 1943 e 1944 editouse cunha multicopista. Desde 1945 ata 1947 edítase mensualmente e logo esporadicamente nos anos 1949, 1953 ata 1957, 1958, 1963, 1965, 1966, 1970, 1971 e 1973. Finalizada a ditadura reaparece o 1 de maio de 1976 cunha periodicidade semanal (aínda que algunhas veces foi mensual) como portavoz da CNT de Cataluña con antibaixos na súa calidade. Colaboraron neste periodo de Aisa, Carballo, Adolfo Castaños, Castellas, Correas, García Cano, Federica Montseny, Arturo Parera, Piqueras, Rella, ou Sentís.

En 2005, baixo a dirección de Jordi Exposito, faise gratuíto, financiándose co apoio económico da militancia, subscriptores, persoas que simpatizan co periódico e as aportacións dos sindicatos que conforman a federación. En 2007 é xunto co periódico CNT o órgano portavoz da CNT-AIT de España e o de expresión da CNT de Catalunya i Balears. A súa tiraxe establécese en 5.000 exemplares e ten unha edición online en internet.

Financiamento e liña editorial

A financiación do periódico realízase mediante o apoio económico da militancia do sindicato, as subscripcións e as aportacións das máis de 20 organizacións sindicais que conforman a Confederación Rexional do Traballo de Catalunya i Balears. A liña editorial obedece á directriz de dita Confederación Rexional, e soen participar nela os secretarios de prensa dos sindicatos colaboradores como Joaquín Ortíz, Victor Bermúdez, Carmen Yeste, Lluís R.A, Just Casses e Marc Sthele.

Desde 2005 dirixe ol periódico Jordi Expósito da Federación local de Badalona, sendo responsables da administración Jacinto Núñez e José Mª Sánchez. Ten a súa sede en Badalona.

A dilatada traxectoria da edición fai deste periódico un medio polo que se pode ver, desde o punto de vista do movemento obreiro, a historia de España desde comezos do século XX. É referente para calquera estudio ou investigación histórica sobre a CNT e as loitas obreiras. Os propios inicios do movemento obreiro español, o periodo do pistoleirismo, a república, a revolución social, a guerra civil, o longo período de ditadura coa represión e o exilio e a recuperación da democracia formal teñen o seu reflexo nas páxinas das súas edicións.

Directores

Os directores de Solidaridad Obrera ó longo da súa historia foron:

  • Jaime Bisbe (1907)
  • Tomás Herreros
  • Andrés Cuadros (accidentalmente en 1910)
  • Joaquín Bueso (1910)
  • Andrés Cuadros (1911)
  • Manuel Andreu (1915)
  • Borovio (1916)
  • Pestaña (1917)
  • Alaiz, Carbó, Gallego Crespo e Viadiu (1919)
  • Hermoso Plaja (1923)
  • Callejas (1924)
Segunda república e Guerra Civil
  • Joan Peiró (1930)
  • Alaiz (1931)
  • Corbella (1932)
  • Villar
  • Liberto Callejas (1936)
  • Jacinto Toryho (1937)
  • José Viadiu (1939)
Durante a ditadura de Franco
  • Mariano Casasús
  • Fontaura
  • Aiguaviva
Periodo democrático
  • Barnills (1978)
  • Carmen Díaz (1988)
  • Posa (1984)
  • Edo (1985)
  • Alemany, Alberto Sabadell, Liarte (1981)
  • Severino Campos (1979)
  • Adriá, Nuria Galdón (1995)
  • Jose Suno Navarro (1998)
  • David Becerra (2000)
  • Marc Sthele (2004)
  • Jordi Expósito (2007)

Ligazóns externas