Laredo, Cantabria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:
* [[Villante]]
* [[Villante]]


{{commons|Category:Laredo}}
{{commons|Category:Laredo (Cantabria)}}


[[Categoría:Cantabria|Laredo]]
[[Categoría:Cantabria|Laredo]]

Revisión como estaba o 9 de maio de 2008 ás 19:25

Laredo desde o aire

Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na parte oriental da mesma e sobre o Mar Cantábrico. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km2.

É cabeza comarcal do val baixo Asón, e como tal empresta servicios aos seus concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero, etc.).

Xeografía

Situado na desembocadura oriental do río Asón, na súa maior parte é un estenso areal de máis de 5 km nomeado La Salvé. Porén, a superficie é sobretodo chaira e areosa; aínda que arredor da mesma aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que é frecuente o xurdimento de fragas de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros, así como vexetación de tipo dunar nas areas da praia.

Economía

Económicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da pesca a depender do sector servicios. Dentro deste merece mención especial a hostelería, á que se adica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de ocio das numerosas persoas que visiten a vila, designadamente na época do verán. De feiro, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.

A industria municipal está baseada na transformación dos produtos pesqueiros, salientemente de anchoa, e máis nas pequenas empresas familiares. O sector primario, por contra, foi perdendo importancia, aínda que polo de agora son moitos os laredanos que se dedican a este tipo de labor.

Patrimonio cultural

A súa historia ven definida polo antigo esplendor como localidade vencellada ao Mar Cantábrico. Dentro do seu núcleo urbano son correntes as casas solariegas brasonadas e numerosos os centros relixiosos, entre os que cómpre destacar a igrexa gótica de Santa María da Asunción (século XIV).

Localidades